Konrad Zacharias Lorenz, nado en Viena o 7 de novembro de 1903 e finado tamén en Viena o 27 de febreiro de 1989, foi un naturalista e zoólogo austríaco, considerado un dos fundadores da etoloxía, a ciencia do comportamento, tanto o animal como o humano. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Niko Tinbergen e Karl von Frisch.

Modelo:BiografíaKonrad lorenz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalKonrad Zacharias Lorenz
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte27 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Andrä-Wördern (pt) Traducir 48°19′23″N 16°11′53″L / 48.323052, 16.197966 Editar o valor en Wikidata
Psicólogo Gabinete de Política Racial do NSDAP (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Viena - zooloxía (–1933)
Universidade de Viena - doutor en medicina (1923–1928)
Universidade Columbia - medicina (1922–1923) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEtoloxía e filosofía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Universidade de Königsberg (pt) Traducir (1940–)
Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónetólogo, médico, filósofo, psicólogo, escritor, biólogo, profesor universitario, zoólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena
Universidade de Múnic
Universidade de Königsberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1938–1944) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoGertraud Kühnelt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMargarethe Gebhardt Editar o valor en Wikidata
PaiAdolf Lorenz Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlbert Lorenz Editar o valor en Wikidata
ParentesBarbara Pflaum, cuñada Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лоренц Конрад)
Obálky knih,
Medvik >>>:Lorenz, Konrad, 1903-1989, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2435761 BNE: XX1642678 Musicbrainz: 9e1fa990-cd19-4dfe-9dd1-2a0d8d778db1 Discogs: 1359177 WikiTree: Lorenz-1217 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O lugar do seu nacemento é Altenberg, localidade próxima a Viena. Doutorouse en medicina e zooloxía en 1933 nesta Universidade e foi profesor de psicoloxía entre 1929 e 1935. En 1941 entrou no exército e entre 1944 e 1948 estivo prisioneiro en Rusia. Dirixiu o Instituto Max Planck de Buldern de fisioloxía do comportamento entre 1950 e 1954 e o de Seewiesen entre 1955 e 1973.

Chegou a ser moi coñecido polos seus esforzos para identifica-lo que el chamaba patróns establecidos de conduta, dos cales demostrou que estaban xeneticamente determinados. Estableceu, ademais, que os devanditos patróns eran tan importantes para a supervivencia do animal como as súas características fisiolóxicas, e que ambos factores tiñan un desenvolvemento evolutivo similar.

Un dos seus máis coñecidos e difundidos logros foi descubrir que os estímulos auditivos e visuais dos proxenitores dun animal son necesarios para inducir á cría a seguilos, pero que calquera obxecto, incluído un ser humano, podía inducir a mesma resposta de se empregaren os mesmos estímulos.

Na súa obra Sobre a agresión (1963), Lorenz demostrou que a orixe xenética da agresividade humana proviña do comportamento observado en moitos animais cando estes defenden o seu territorio.