Koiné
Historia da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |
A koiné (ou κοινή; do grego «[lingua] común»), en senso propio, é unha forma de grego antigo normalizada en época helenística xurdida principalmente do grego xónico-ático e que serviu de lingua común ao principio a Grecia, onde se empregaban varios dialectos, e logo ao mundo antigo, en competencia co latín.
Por extensión, unha koiné é unha lingua vehicular na que se funden diferentes dialectos e falas locais. A koiné pode ser só escrita ou oral. Pode limitarse á literatura (poesía, teatro...), aos textos administrativos, de dereito etc. Xa que logo, non é posible coñecermos a orixe xeográfica de autores de textos escritos nunha koiné.
Os exemplos máis remarcables de constitución dunha koiné son o grego antigo pero tamén o occitano ou o árabe literal. Unha koiné pode tamén ser unha lingua franca que permite a comunicación entre interlocutores que falen linguas diferentes. Así, hoxe o inglés no mundo dos negocios pode servir de koiné.
A koiné debe ser claramente distinguida do sabir: en efecto, cousa totalmente ausente dun sabir, a koiné é unha lingua completa e a miúdo pensada (de onde a súa capacidade para usos literarios) e non un disparate creado para un simple uso utilitario.