Alfabeto grego
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde arredor do século IX a.C.[1] Deriva do alfabeto fenicio[2] e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes. Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade.
En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...). Non foi o primeiro sistema de escritura para escribir o grego: xa se empregara o silabario micénico (tamén chamado Lineal B) entre os séculos XIV e XII a. C., pero foi esquecido tras a desaparición dos micénicos, ata que foi descifrado por Michael Ventris e John Chadwick no 1953. Consta de vinte e catro letras na súa versión clásica, aínda que hai outras que existiron pero ou eran de uso local ou desapareceron. Ademais do seu valor fonético, foron utilizadas para a expresión de números.
Letras principais
editarLetra | Nome | Pronuncia antiga | Pronuncia moderna | Valor | Alfabeto Semítico | HTML |
---|---|---|---|---|---|---|
Α α | Alfa | [a] [a:] |
[a] | 1 | Alef (') /?/ | α |
Β β | Beta | [b] | [v] | 2 | Beth /b/ | β |
Γ γ | Gamma | [ɡ] [ŋ] diante de γ, κ, ξ, χ, e posiblemente μ |
[ɣ] ~ [ʝ] [ŋ] ~ [ɲ] |
3 | Gimel /g/ | γ |
Δ δ | Delta | [d] | [ð] | 4 | Daleth /d/ | δ |
Ε ε | Epsilon | [e] | [e] | 5 | He (h) /h/ | ε |
Ζ ζ | Dseta | [zd], ou posiblemente [dz] | [z] | 7 | Zain /dz/ | ζ |
Η η | Eta | [ɛː] | [i] | 8 | Heth (h*) | η |
Θ θ | Theta[3][4] | [tʰ] | [θ] | 9 | Thet (t*) | θ |
Ι ι | Iota | [i] [iː] |
[i], [ç], [ʝ], [ɲ] | 10 | Yod (y) /x/ | ι |
Κ κ | Kappa | [k] | [k] ~ [c] | 20 | Kaf /k/ | κ |
Λ λ | Lambda | [l] | [l] | 30 | Lamed /l/ | λ |
Μ μ | Mi | [m] | [m] | 40 | Mem /m/ | μ |
Ν ν | Ni | [n] | [n] | 50 | Nun /n/ | ν |
Ξ ξ | Xi | [ks] | [ks] | 60 | Samekh (s) | ξ |
Ο ο | Ómicron | [o] | [o] | 70 | Ain () | ο |
Π π | Pi | [p] | [p] | 80 | Pe /p/ | π |
Ρ ρ | Rho | [r] | [r] | 100 | Resh /r/ | ρ |
Σ σ,ς | Sigma | [s] [z] antes de β, γ ou μ |
[s] ~ [z] | 200 | Shin (sh) /S/ | σ |
Τ τ | Tau | [t] | [t] | 300 | Taw /t/ | τ |
Υ υ | Ípsilon | [y] [yː] |
[i] | 400 | De Wau | υ |
Φ φ | Fi | [pʰ] | [f] | 500 | orixe incerta | &phi |
Χ χ | Khi | [kʰ] | [x] ~ [ç] | 600 | orixe incerta | χ |
Ψ ψ | Psi | [ps] | [ps] | 700 | orixe incerta | ψ |
Ω ω | Omega | [ɔː] | [o] | 800 | orixe incerta | ω |
Letras numéricas
editarLetra | Nome | Son | Valor | Alfabeto Semítico | HTML |
---|---|---|---|---|---|
Ϛ [1] | Stigma | /st/ | 6 | – | |
Ϙ [2] | Qoppa | /k/ | 90 | Qof /q/ | |
Ͳ [3] | Sampi | /s:/→(s sempre longo) | 900 | orixe incerta |
Outras letras
editarLetra | Nome | Son | Valor | Alfabeto Semítico | HTML |
---|---|---|---|---|---|
Ϝ [4] | Digamma | /w/→(a grafía son dous Gammas) | 6 | Wau /w/ | |
Ͱ [5] | Heta | /h/ | – | Heth (h*) | |
Ϻ [6] | San | /ts/ | – | Sade (s*) /ts/ | |
Ϸ [7] | Sho | /ʃ/ | – | orixe incerta |
Diacríticos
editarNa ortografía politónica empregada tradicionalmente no grego antigo, a vogal acentuada de cada palabra levaba un dos tres acentos: agudo (ά), grave (ὰ) ou circunflexo (α̃) ou (α̑). Estes signos foron deseñados orixinariamente para marcar formas diferentes do acento tonal no grego antigo. No tempo en que o seu uso se volvera convencional e obrigatorio na escrita, o acento tonal evolucionara nun acento prosódico e dende entón os signos non correspondían a unha distinción fonolóxica. Ademais dos acentos, cada palabra que comece por vogal debe levar un dos dous "signos de respiración": o spiritus asper (ἁ), que marca un son /h/ ao comezo da palabra, ou o spiritus lenis (ἀ), que marca a súa ausencia.
Outro diacrítico empregado no grego é a diérese (¨) que indica un hiato.
Antecedentes
editarLinear B
editarAntes da elaboración deste alfabeto, os gregos empregaban un silabario para a escritura, chamado sistema linear B, utilizado en Creta e áreas da Grecia continental como Micenas ou Pilos entre os séculos XVI e XII a. C. Os fragmentos conservados en linear B están escritos no que parece unha versión primitiva dos dialectos arcado-chipriota e xónico-ático, un dialecto chamado micénico. O linear B desenvolveuse a partir dun silabario anterior, chamado linear A, empregado para escribir a lingua minoica, unha lingua falada en Creta antes da invasión grega da illa, e non representa de modo totalmente correcto a fonética do dialecto micénico. Esta e outras razóns levaron ao seu abandono e ao desenvolvemento dun alfabeto totalmente novo.
Adaptación do fenicio
editarCrese que o alfabeto grego deriva dunha variante do fenicio, introducido en Grecia por mercadores desa nacionalidade. O fenicio, como os alfabetos semíticos posteriores, non empregaba signos para rexistrar as vogais; para salvar esta dificultade, que o facía incompleto para a transcrición da lingua grega, os gregos adaptaron algúns signos utilizados no fenicio para indicar aspiración para representar as vogais. Esta achega pode considerarse fundamental; a inmensa maioría dos alfabetos que inclúen signos vocálicos derívanse da achega orixinal grega. Ademais das vogais, o grego engadiu tres letras novas ao final do alfabeto: fi e gi, para representar sons aspirados que non existían no fenicio, e psi.
Xa na época clásica algunhas letras desapareceron do alfabeto; digamma, que adaptaba o wau fenicio, utilizábase só nalgúns dialectos occidentais, e desapareceu antes do período clásico; o san, homófono co sigma, foi desprazado por este último; o qoppa, unha adaptación do qop fenicio, cun son (unha explosiva uvular) que non existía no grego.
Na rexión de Xonia desenvolveuse un sistema de numeración en que cada letra representaba un número. As letras que deixaron de usarse no alfabeto (digamma, san e qoppa) conserváronse no sistema de numeración, e para completar a serie das centenas introduciuse ademais a letra sampi. Estas letras volvéronse obsoletas moito antes de que se desenvolvese a forma minúscula de escritura; as formas minúsculas de digamma, qoppa, san e sampi son inferencias reconstrutivas a partir de formas manuscritas no seu uso para a numeración. Se ben responden a hipóteses moi robustas sobre o uso da grafía, están só parcialmente baseadas no uso histórico; para o valor numérico de digamma (6) era moito máis común escribir a combinación στ ou a forma ligada Ϛ (chamada stigma).
Variantes arcaicas
editar- Artigo principal: Alfabetos gregos arcaicos.
Inicialmente houbo numerosas variantes locais do alfabeto grego, que diferían no uso ou non de vogais e consoantes adicionais e outros detalles. Os alfabetos epicóricos adoitan dividirse en catro tipos principais segundo o seu diferente trato das letras adicionais para as consoantes aspiradas (/pʰ, kʰ/) e as consoantes aglutinadas (/ks, ps/) do grego.[5] Estes catro tipos adoitan denominarse "verde", "vermello", "azul claro" e "azul escuro", en base ás cores do mapa da obra seminal sobre o tema do século XIX Studien zur Geschichte des griechischen Alphabets de Adolf Kirchhoff (1867).[5]
O tipo "verde" ou meridional é o máis arcaico e próximo ao fenicio.[6] O "vermello" ou occidental é un dos que posteriormente se transmitiu a occidente e se converteu no antecedente do alfabeto latino, e ten algunhas características fundamentais dese desenvolvemento posterior.[6] O "azul" ou oriental é do que xurdiu o alfabeto grego estándar.[6] Atenas empregou unha forma local do alfabeto "azul claro" ata o final do século V a.C., que non tiña as letras Ξ e Ψ ademais dos símbolos vocálicos Η e Ω.[6][7] No alfabeto ático antigo, ΧΣ empregouse para /ks/ e ΦΣ para /ps/. Ε empregouse para tres sons (/e, eː, ɛː/), correspondénddose cos clásicos Ε, ΕΙ, Η respectivamente, e Ο usouse para /o, oː, ɔː/, que se correspondían cos clásicos Ο, ΟΥ, Ω.[7] A letra Η (heta) usouse para a consoante /h/.[7] Algunhas variantes locais das letras tamén eran características da escritura ateniense, algunhas compartidas co alfabeto da ("vermello") da veciñanza de Eubea: unha forma de Λ} que lembraba o L latino ( ) e unha forma de Σ semellante ao S latino ( ).[7]
Modelo fenicio | ||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meridional | "verde" | — | — | * | — | — | — | — | — | |||||||||||||||||||||
Occidental | "vermello" | |||||||||||||||||||||||||||||
Oriental | "azul claro" | — | ||||||||||||||||||||||||||||
"azul escuro" | ||||||||||||||||||||||||||||||
Xónico clásico | — | — | — | — | ||||||||||||||||||||||||||
Alfabeto moderno | Α | Β | Γ | Δ | Ε | — | Ζ | — | Η | Θ | Ι | Κ | Λ | Μ | Ν | Ξ | Ο | Π | — | — | Ρ | Σ | Τ | Υ | — | Φ | Χ | Ψ | Ω | |
Son en grego antigo | a | b | g | d | e | w | zd | h | ē | tʰ | i | k | l | m | n | ks | o | p | s | k | r | s | t | u | ks | pʰ | kʰ | ps | ō |
*Ípsilon tamén se deriva de waw ( ).
O alfabeto clásico de vinte e catro letras que se emprega agora para representar a lingua grega foi orixinariamente o alfabeto local de Xonia.[8] A finais do século V a.C., adoitaba ser usado por moitos atenienses.[8] Arredor do 403 a.C., como suxestión do arconte Eucleides, a asemblea ateniense abandonou formalmente o alfabeto ático antigo e adoptou o alfabeto xónico como parte das reformas democráticas tralos trinta tiranos.[8][9] A causa do papel de Eucleides suxerindo a idea de adoptar o alfabeto xónico, o alfabeto estándar de vinte e catro letras tamén se chama "alfabeto eucleideano".[8] Uns trinta anos despois, foi adoptado en Beocia e puido ser adoptado varios anos antes en Macedonia.[10] Contra o final do século IV a.C., desprazara os alfabetos locais no mundo grego falante para converterse no alfabeto estándar.[10]
Variantes nas grafías
editarAlgunhas letras tiñan diversas grafías, a meirande parte delas herdadas da escritura minúscula da Idade Media. Se ben a súa utilización é unha cuestión de gustos, algunhas destas variantes teñen unha codificación separada na norma Unicode.
- « ϐ » é unha variante da letra beta « β » (Unicode :
03D0
). - Epsilon pode respresentarse « ϵ » (« èpsilon lunar », Unicode :
03F5
) o « ε ». - Theta ten dúas representacións: « θ » ou « ϑ » — a segunda é frecuente na escritura manuscrita (Unicode :
03D1
). - Khi « ϰ » é unha variante manuscrita de « x » (Unicode :
03F0
). - Pi pode escribirse tamén « ϖ », forma arcaica da letra actual " π " (Unicode :
03D6
). - Rho ten dúas grafías: « ρ » e « ϱ » (Unicode :
03F1
). - Sigma, na tipografía estándar do grego, ten dúas variantes: « σ » i « ς ». A primeira utilízase ao comezo e na metade das palabras, mentres que a segunda vai só ao final. Existe unha variante chamada « sigma lunar » " ϲ ", xurdida da escritura medieval (Unicode :
03F2
). - Ípsilon maiúsculo (" Υ ") ten unha variante gráfica, " ϒ " (Unicode :
03D2
). - Fi pode aparecer con dúas grafías diferentes, « φ » ou « ϕ » (Unicode :
03D5
).
Os acentos
editarNo grego antigo había tres tipos de acentos:
- ´ O acento agudo, por exemplo en δαίμων.
- ` O acento grave, por exemplo en καὶ.
- ῀ O acento circunflexo, por exemplo en τιμῆς.
Non indicaban a intensidade da vogal, senón a altura da voz. Máis adiante, porén, convertéronse nun simple acento de intensidade.
- ¨Por outra banda, no grego moderno existe a diérese para indicar un hiato, por exemplo en ευρωπαϊκό.
Os espíritos
editar- ῾ O espírito áspero marca a aspiración, por exemplo en ὑπέρ, onde indica unha aspiración ao comezo da palabra. Esta aspiración adóitase transcribir no alfabeto latino como h.
- ᾿ O espírito suave, pola conta, marca a ausencia de aspiración, por exemplo en ἐλευθερία.
Se a palabra comezaba por vogal, os acentos e os espíritos podían combinarse: ἔστιν / ἅπαντας.
En 1982 o sistema de acentuación chamado politónico foi simplificado e foi substituído polo sistema monotónico, onde só hai un tipo de acento. Este acento é o agudo o pechado (´). O uso de espíritos tamén foi abandonado.
Dígrafos e ditongos
editarUn dígrafo é unha parella de letra utilizadas para escribir un son ou unha combinación de sons que non corresponden a cada unha das letras da secuancia. A ortografía do grego tiña diversos dígrafos, especialmente varias parellas de vogais, antes pronunciadas como ditongos e que actualmente se pronuncian como unha soa letra.
Durante período bizantino, algunhas iotas escribíanse subscritas do seguinte xeito: "ᾳ, ῃ, ῳ".
Uso por fraternidades estudantís
editarEn Norteamérica, moitas fraternidades estudantís noméanse con combinacións de letras gregas, polo que se coñecen como "organizacións das letras gregas".[11] Esta tradición foi iniciada pola fundación da sociedade Phi Beta Kappa no College of William and Mary en 1776.[11] O nome desta organización é un acrónimo da frase en grego antigo Φιλοσοφία Βίου Κυβερνήτης (Philosophia Biou Kybernētēs), que sifnifica "Amor da sabedoría, guía da vida" e é o lema da organización.[11] En ocasións, as primeiras organizacións se coñecían con letras gregas a causa de que os lemas se mantiñan en segredo e só se revelaban aos membros.[11] Os nomes das letras gregas de moitas organizacións actuais non teñen significado e non ocultan nada,[11] o que Caroline Winterer afirma que é "comprensible, considerando que o coñecemento xeral do alfabeto e da lingua grega antiga desapareceu case completamente".[11]
Notas
editar- ↑ Cook 1987, p. 9.
- ↑ The Development of the Greek Alphabet within the Chronology of the ANE (2009)
- ↑ Esta letra coñécese internacionalmente por theta, nome que tamén se usa moito en Galicia. Porén, o seu nome máis tradicional é zeta.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para theta.
- ↑ 5,0 5,1 Voutiras 2007, p. 270.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Woodard 2010, pp. 26–46.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Jeffery 1961, p. 66.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Threatte 1980, p. 26.
- ↑ Horrocks 2010, p. xiix.
- ↑ 10,0 10,1 Panayotou 2007, p. 407.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 Winterer 2010, p. 377.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- (en inglés) R. Elsie, « Albanian Literature in Greek Script: the Eighteenth and Early Nineteenth-Century Orthodox Tradition in Albanian Writing », en Byzantine and Modern Greek Studies, vol. 15, n° 20, Birmingham, 1991, PDFArquivado 28 de abril de 2020 en Wayback Machine..
- (en inglés), N. e A. Humez, Alpha to omega: the life & times of the Greek alphabet, ed. Godine, Boston, 1981, (ISBN 0-87923-377-X).
- Jeffery, Lilian H. (1961). The Local Scripts of Archaic Greece: A Study of the Origin of the Greek Alphabet and Its Development from the Eighth to the Fifth Centuries B. C. (en inglés). Oxford, Inglaterra: Clarendon Press.
- (en inglés) M. S. Makratis (ed.), Greek letters: from tablets to pixels, ed. Oak Knoll Press, 1996, (ISBN 978-1-884718-27-4).
- (en inglés) H. Hansen e G. Quinn, Greek: An Intensive Course, ed. Fordham University Press, 1992, (ISBN 978-0-8232-1663-5).
- Horrocks, Geoffrey (2010). "The Greek Alphabet". Greek: A History of the Language and its Speakers (2nd ed.). Hoboken, New Jersey: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-4051-3415-6. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 22 de maio de 2020.
- Panayotou, A. (12 de febreiro de 2007). "Ionic and Attic". A History of Ancient Greek: From the Beginnings to Late Antiquity. Cambridge, England: Cambridge University Press. pp. 405–416. ISBN 978-0-521-83307-3.
- (en inglés), B. B. Powell, Homer and the Origin of the Greek Alphabet, ed. Cambridge University Press, 1996, (ISBN 978-0-521-58907-9).
- (en inglés) M. S. Makratis, Character codes for Greek: Problems and modern solutions, 1996.
- Threatte, Leslie (1980). The Grammar of Attic Inscriptions. I: Phonology. Berlin, Germany: Walter de Gruyter. ISBN 978-3-11-007344-7.
- Voutiras, E. (2007). "The Introduction of the Alphabet". En Christidis, Anastasios-Phoivos. A History of Ancient Greek: From the Beginnings to Late Antiquity. Cambridge, England: Cambridge University Press. pp. 266–276. ISBN 978-0-521-83307-3.
- Woodard, Roger D. (2010). "Phoinikeia Grammata: An Alphabet for the Greek Language". En Bakker, Egbert J. A Companion to the Ancient Greek Language. Oxford, England: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-118-78291-0.