Illa de Io To
Iō Tō (en xaponés 硫黄島 Iō-tō, «illa do xofre»), coñecida popularmente como Iwo Jima, é unha illa xaponesa de orixe volcánica, que forma parte das Illas Ogasawara. Está situada 1040 quilómetros ao sur da costa de Toquio, de 7,2 km de lonxitude por 4 quilómetros de ancho, e 21 km². Nela atópase o volcán Suribachi.
硫黄島 (ja) | |||||
Epónimo | xofre | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Metropolitan prefecture (en) | Toquio | ||||
Aldeia no Japão (pt) | Ogasawara (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 400 (16,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 23,73 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 161 m | ||||
Punto máis alto | Monte Suribachi (pt) (169 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Administrativamente está pertencente ó concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Toquio no Xapón. Actualmente na illa están bases da Forza Marítima de Autodefensa do Xapón e da Forza Aérea de Autodefensa do Xapón.
Historia
editarA illa foi descuberta en 1543 por Bernardo de la Torre a bordo da nave San Juan de Letrán. Cara a 1887, Xapón fai unha viaxe de investigación e non é até 1889 cando chegan os primeiros habitantes a ocupala, formalmente uníndoa á prefectura de Toquio en 1891. Para 1943 xa existían cerca de 1.100 civís xaponeses establecidos na illa. A maioría deles eran tamén empregados da cana de azucre localizada na parte nordeste da illa, ou da mina de sulfuro e refinaría localizada na mesma área. Os habitantes de Iwo Jima vivían nun dos cinco establecementos, distribuídos na metade norte da illa. O establecemento que se encontraba máis ao norte era Kita (literalmente "Norte"), localizado na parte norte central de Iwo. A aldea de Nishi ("Oeste") estaba situada na parte noroeste da illa, mentres que Motoyama, a área urbanizada máis grande en Iwo, estaba situada cerca das proximidades da mina e refinaría de sulfuro. As dúas aldeas restantes, Higashi ("Leste") e Minami ("Sur"), estaban achantadas na parte nordeste da illa.
Na segunda guerra mundial foi o escenario dunha das batallas mais sanguentas da guerra entre febreiro e marzo de 1945, a chamada Batalla de Iwo Jima, ao existir nela dous aeródromos que foron un importante obxectivo para o exército estadounidense na guerra contra o Xapón. En xuño de 2007 os seus habitantes decidiron recuperar a pronuncia tradicional da illa, Io To, que ten o mesmo significado ca Iwo Jima[1], mudando a súa forma kana de 「いおうじま」 a 「いおうとう[2].
Notas
editar- ↑ La isla japonesa de Iwo Jima cambia de nombre. El País
- ↑ "硫黄島の呼称を「いおうじま」から「いおうとう」へ変更". Instituto de Información Xeográfica do Xapón
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Io To |