Haliaeetus leucogaster

Haliaeetus leucogaster é unha especie de pigargo, unha grande ave de presa diúrna accipítrida das costas de Australasia e sur e sueste de Asia. Foi descrita orixinalmente por Johann Friedrich Gmelin en 1788 e está moi relacionada coa Haliaeetus sandfordii das illas Salomón, e considérase que as dúas forman unha superespecie. É unha ave moi distintiva, o adulto ten cabeza, peito, cobertoiras da parte inferior das ás e cola brancos. As partes superiores son grises, mentres que as plumas de voo negras da parte inferior das ás contrastan coas cobertoiras brancas. A cola é curta e con forma de cuña como en todas as especies de pigargos[2] (xénero Haliaeetus). Como moitas aves de presa, a femia é de maior tamaño que o macho e pode medir ata 90 cm de longo cunha envergadura alar de ata 2,2 m e un peso de 4,5 kg. Os exemplares inmaturos teñen plumaxe marrón, que se substitúe gradualmente por branco ata a idade de cinco ou seis anos. A chamada que profiren é un son alto parecido ao do ganso.

Haliaeetus leucogaster

En Tasmania
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Haliaeetus
Especie: Haliaeetus leucogaster
(Gmelin, JF, 1788)
Áreas de distribución desta especie (en verde) e de Haliaeetus sanfordi (círculo azul claro)
Áreas de distribución desta especie (en verde) e de Haliaeetus sanfordi (círculo azul claro)

Áreas de distribución desta especie (en verde) e de Haliaeetus sanfordi (círculo azul claro)
Sinonimia

Ichthyaetus blagrus Blyth, 1843

Vive desde a India e Sri Lanka e através do sueste asiático ata Australia polas costas e principais ríos preto da costa, reprodúcese e caza preto da auga e os peixes constitúen a metade da súa dieta. É oportunista, xa que come prea e unha ampla variedade de animais. En canto ao seu estado de conservación, aínda que está clasificada globalmente como en estado pouco preocupante, declinou en partes do sueste asiático como Tailandia e sueste de Australia. Considérase ameazada en Victoria e vulnerable en Australia do Sur e Tasmania. As alteracións humanas do seu hábitat son a súa principal ameaza, tanto por actividades humanas directas preto dos niños que causan impacto no éxito reprodutor, coma pola corta dos árbores axeitados para a súa nidación. É unha especie reverenciada polos pobos aborixes australianos de moitas partes de Australia e protagoniza varios contos folclóricos.

Taxonomía

editar

Esta especie foi descrita formalmente polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin en 1788 co nome binomial Falco leucogaster.[3] Gmelin baseou a súa descrición na que fixera en 1781 John Latham a partir dun espécime da colección leveriana que se capturara en febreiro de 1780 na illa Princes na costa do cabo máis setentrional de Xava durante a última viaxe do capitán Cook.[4][5] Agora é un dos dez pigargos situados no xénero Haliaeetus, o cal foi introducido en 1809 polo naturalista francés Marie Jules César Savigny.[6] O seu nome específico deriva do grego antigo leuko 'branco',[7] e gaster 'ventre'.[8] O seu parente máis próximo é o pouco coñecido Haliaeetus sandfordii das illas Salomón. Ambas forman unha superespecie, e como é habitual noutras subespecies de pigargos, unha das especies (H. leucogaster) ten a cabeza branca e a outra especie cabeza escura. O peteiro e ollos son escuros e as garras son amarelas escuras como en todos os pigargos do hemisferio sur. Ambas as especies teñen polo menos algunha coloración escura na cola, pero isto non sempre é claramente visible en H. leucogaster. As secuencias de nucleótidos do xene do citocromo b destes dous pigargos estaban entre as analizadas nun estudo de 1996. Aínda que difiren grandemente en aspecto e ecoloxía, a súa diverxencia xenética do 0,3% indica que os antepasados das dúas formas puideron diverxer recentemente, hai só 150.000 anos. Os autores do estudo concñuíron que, aínda que a diverxencia xenética é máis consistente coa de dúas subespecies, a clara distinción en aparencia e comportamento garante que se manteñan como especies separadas.[9] A secuencia do ADN mitocondrial do locus do citocromo b diferénciase moi lixeiramente do de H. sandfordii, o que suxire unha diverxencia relativamente recente despois de que as H. leucogaster radicadas en Nova Guinea colonizaron as illas Salomón.[10][11]

As afinidades de H. leucogaster á parte de H. sandorfii son un pouco menos claras; os datos moleculares indican que é unha das catro especies de pigargo tropical (xunto con H. vocifer do continente africano e H. vociferoides de Madagascar), mentres que os datos de aloencimas indican que podería ter unha relación máis estreita con pigargos do hemisferio norte.[10][12] Outro estudo molecular publicado en 2005 mostrou que H. leucogaster é basal a catro pigargos: os dous africanos mencionados antes e outros dous do xénero Ichthyophaga (aínda que algúns autores clasifican os Ichthyophaga tamén no xénero Haliaeetus).[13]

Description

editar
 
Adulto voando no Parque Nacional de Bundala de Sri Lanka, as plumas de voo negras contrastan co forro de plumas brancas claramente visible.
 
Adulto en catividade no Parque Zoolóxico da Arignar Anna, Chennai, India

Ten unha cabeza branca, rabadilla e partes inferiores, e dorso e ás escuras ou grises lousa. En voo, as pluma de voo negras das ás poden verse facilmente vendo o paxaro desde abaixo. O gran peteiro curvado é de cor gris chumbo azulado cun extremo máis escuro, e os iris son marróns escuros. A cera da base do peteiro é tamén gris chumbo. As patas e pés son amarelos ou grises, con longas gadoupas. A diferenza das aguias do xénero Aquila, as patas non están emplumadas. Os sexos son similares. Os machos son de 66–80 cm de longo e o peso é de 1,8–3 kg. As femias son lixeiramente maiores, de 80–90 cm e 2,5–4,5 kg. A envergadura alar vai de 1,78 a 2,2 m.[14][15][16] Un estudo de 2004 de 37 aves de Australia e Papúa Nova Guinea (3 °S a 50 °S) atopou que as aves podían ser sexadas con fiabilidade baseándose no seu tamaño, e que as aves de latitudes máis so sur eran maiores que as do norte.[17] Non hai variación estacional en plumaxe.[18] O padrón de muda da H. leucogaster coñécese pouco. Parece que tarda máis dun ano en completarse e pode interromperse e posteriormente reiniciarse desde o punto en que se interompera.[19]

As ás modifícanse cando planan para que se eleven sobre o corpo nun certo ángulo, pero están máis preto da horizontal cara ao extremo da á. En silueta, o pescozo é comparativamente longo, a cabeza e peteiro están estendidas cara a adiante case tanto como a cola o fai cara detrás. Para o voo activo alterna batidos fortes e porfundos das ás con curtos períodos pairando.[18]

 
Un xemplar novo no Parque Nacional de Sundarbans, Bengala Occidental, India.

Un exemplar novo no seu primeiro ano é predominantemente marrón,[14] con plumaxe con liñas crema claras na cabeza, pescozo, caluga e rabadilla.[18] A plumaxe faise máis infiltrada de cor branca ata que adquire a plumaxe adulta completa no cuarto ou quinto ano.[14] A especie reprodúcese desde os seis anos de idade en adiante.[20] A duración da vida pénsase que é duns 30 anos.[21]

O potente son similar ao dos gansos que fai é un son familiar, especialmente durante a estación reprodutora; as parellas adoitan facer este son á vez,[22] e con frecuencia continúan facéndoo durante certo tempo cando se pousan. A chamada do macho é máis aguda e máis rápida que a da femia. O naturalista australiano David Fleay observou que a chamada está entre as máis altas e que se oen desde máis lonxe de todas as aves australianas, en claro contraste coas relativamente silenciosas chamadas das aguias Aquila audax.[23]

Os adultos de H. leucogaster son inconfundibles respecto outras aves. Aves inmaturas poden confundirse coas aguias Aquila audax. Porén, a plumaxe desta última é máis escura, a cola máis longa e as patas emplumadas. Podería tamén conundirse con Hamirostra melanosternon, pero esta especie é moito menor, ten manchas brancas nas ás, e ten un voo máis ondulante.[24] Na India o voitre branco (Neophron percnopterus) ten plumaxe branca, pero é menor e ten un dorso e ás máis brancas. A cola branca de H. leucogaster en voo distínguea doutras especies de grandes aguias.[25] En Filipinas pode confundirse con Pithecophaga jefferyi, que pode distinguirse pola súa crista; finalmente, as H. leucogaster inmaturas lembran os pigargos Haliaeetus ichthyaetus inmaturos, pero poden identificarse polas súas partes inferiores e plumas de voo máis completamente escuras e a cola cuneiforme.[26]

Distribución e hábitat

editar
 
Detalle da cabeza dun exemplar en Gippsland, Victoria, Australia

Vive regularmente desde Mumbai (ás veces desde o norte de Gujarat,[27] e no pasado nas illas Laquedivas) ao leste da India,[28][29] Bangladesh e Sri Lanka no sur de Asia, a través das costas do sueste asiático, incluíndo Myanmar, Tailandia, Malaisia, Indonesia, Indochina,[22] as principais illas das Filipinas,[26] e o sur da China, incluíndo Hong Kong,[22] Hainan e Fuzhou,[30] e cara ao leste por Nova Guinea e o arquipélago de Bismarck,[31] ata Australia. No norte das Salomóns está restrinxido ás illas Nissan,[32] e substituída noutras partes pola H. sandfordii.[31] En Victoria, onde é escasa, é localmente máis común en Corner Inlet e os lagos Gippsland.[33] Igualmente, en Australia do Sur, é moi abundante ao longo da costa norte das illas Kangaroo.[34] A súa área de distribución esténdese ás illas do estreito de Bass e Tasmania, e pénsase que pode moverse entre as illas e o continente.[35] Hai rexistros non confirmados na illa Lord Howe e varias de Nova Zelandia.[36]

Estes pigargos poden albiscarse comunmente nas áreas costeiras, pero poden tamén verse en zonas bastante ao interior (informouse da súa presenza na Reserva de tigres de Panna no centro da India, case a 1000 km da costa)[37][38] Xeralmente é sedentaria e territorial, aínda que pode viaxar a longas distancias. Observáronse viaxando río arriba para cazar raposos voadores (Pteropus). As poboacións do interior de Australia migran a medida que os corpos de auga do interior aparecen e despois secan.[36] Nun caso, unha parella veu a reproducirse ao lago Albacutya no noroeste de Victoria cando tiña auga despois de que o lago estivera seco durante 30 anos.[39] A especie é doadamente alterada polos humanos, especialmente cando nidifican e pode abandonar os sitios de nidación como resultado. Atópase en grandes cantidades en áreas con pouco ou ningún impacto ou interferencia humana.[40]

Comportamento

editar
 
Composición de catro imaxes mostrando como engala.

É unha ave xeralmente territorial; algunhas aves forman parellas permanentes que habitan os seus territorios durante todo o ano, mentres que outras son nómades. A especie é monógama, con parellas que permanecen xuntas ata que unha das aves morre, despois do cal o supervivente busca rapidamente unha nova parella. Isto pode levar a que algúns sitios de nidación sexan ocupados continuamente por moitos anos (un sitio en Mallacoota foi ocupado durante uns 50 anos).[20] As aves inmaturas son xeralmente dispersivas, e moitas móvense 50 km da área na que se criaron. Un exemplar novo criado en Cowell, Australia do Sur atopouse a 3000 km da illa Fraser de Queensland.[41] Un estudo da especie na Baía Jervis mostrou un incremento na cantidade de inmaturos e subadultos en outono, aínda que non estaba claro se estes adquiriran localmente xa a plumaxe adulta ou (como se consideraba máis probable) eran un fluxo de aves novas nacidas e criadas noutra parte de Australia.[42] As aves están a miúdo pousadas no alto das árbores ou pairando sobre os corpos de auga e terras adxacentes. Encóntranse comunmente soas ou en parellas. Os pequenos grupos de H. leucogaster ás veces xúntanse se hai unha boa cantidade de recusros alimenticios como carcasas ou restos de peixes desbotados polos barcos.[20] Gran parte do comportamento desta especie, especialmente na súa reprodución, segue sen coñecerse ben.[43]

Reprodución

editar

A estación reprodutora para esta especie varía segundo a localidade. Rexistrouse na estación seca na rexión de Trans-Fly e a provincia central de Papúa Nova Guinea,[31] e de xuño a agosto en Australia.[44] Unha parella reprodutora realiza habilidosas exhibicións de voo antes da copulación: facendo picados, pairando e perseguíndose mentres fan chamadas potentes. Poden imitar o que fai o outro, voando separados por 2–3 m e copiando exactamente os picados e xiros do outro. Observouse unha exhibición de agarre coas gadoupas na que a parella voa alto ata que un se coloca voando boca arriba e trata de agarrar as gadoupas do outro coas súas. Se o consegue, ambos baixan en picado dando voltas no aire ata que se separan cando están aproximándose ao chan.[45][14] Este comportamento tamén se rexistrou como unha exhibición agresiva contra a aguia Aquila audax.[46]

Xeralmente elixe árbores altas ou torres de alta tensión feitas polos humanos para nidificar.[24] A miúdo busca lugares onde hai unha árbore alta morta ou pólas altas con boa visibilidade para pousarse e vixiar a área que o rodea,[24] a cal adoita ser un lugar baixo preto da auga con algunha cuberta forestal.[47] O pousadoiro queda cuberto de feces e a área que o rodea está ciscada de egagrópilas e restos de animais que cazou.[20] O niño é unha gran cunca profunda construída con paus e ramas, forrada con materiais como herba e algas. As renovacións anuais do niño fan que este se faga gradualmente máis grande. Os niños están xeralmente situados onde se esgallan os troncos das árbores grandes asomadas aos corpos de auga.[48] Os niños vellos deixados por as Aquila audax e as Haliastur sphenurus tamén poden ser renovados e usados por este pigargo.[33] Os cantís tamén son un sitio axeitado para nidificar e en illas ás veces constrúen os niños directamente no chan. Unha parella reprodutora, na que o macho é máis activo, pasa de tres a seis semanas construíndo ou renovando o niño antes de poñer ovos.[43] Normalmente poñen dous ovos ovais brancos e mates, que miden 73×55 mm,[44] e son incubados durante seis semanas antes de faceren eclosión. As crías son semi-altriciais e están cubertas de penuxe branco cando saen do ovo. Inicialmente, o macho trae a comida e a femia alimenta os polos, pero ambos os proxenitores alimentan os polos cando estes medran. Aínda que poñen dous ovos, non é normal que os dous polos consigan chegar a adquirir a plumaxe adulta e abandonar o niño. Un dos ovos pode ser infértil ou o segundo polo pode morrer no niño.[49] Se perden a primeira posta de ovos, a parella pode intentar unha segunda posta.[50] As crías adquiren a plumaxe adulta aos 70-80 días de idade e permanecen preto do territorio dos pais ata seis meses máis ou ata a seguinte estación reprodutora.[43]

Alimentación

editar
 
Ave adulta cunha captura dun peixe no Parque Nacional de Sundarban, India.

É un carnívoro oportunista e come unha ampla variedade de presas animais, así como prea.[41] Adoita capturar peixes voando baixo sobre a tona da auga e agarrándoos coas gadoupas.[14] Prepárase para o ataque poñendo os pés moi cara a adiante (case ata o peteiro) e despois bótaos rápido para atrás á vez que bate as ás para elevarse. Xeralmente só utiliza un dos pés para agarrar a presa.[41] Pode tamén lanzarse en picado cun ángulo de 45 graos desde o seu pousadoiro e mergullarse brevemente para capturar un peixe que está preto da superficie.[41] Cando está cazando sobre a auga en días solleiros, a miúdo voa directamente cara ao sol ou en ángulos rectos, ao parecer para evitar crear sombras sobre a auga que poidan alertar as súas presas.[50]

 
Atrapando unha presa na auga

Os principais peixes que son presas súas son os silurifromes e os barramundis, cazando frecuentemente tanto espécimes pequenos coma grandes, algúns dos cales poden superar os 50 cm.[51] Outras presas importantes dentro dos peixes son os belónidos e os lábridos.[52] Xunto coas aguias peixeiras, as H. leucogaster ás veces capturan peixes que son tóxicos, como algúns diodóntidos e tetraodóntidos.[52]

Entre as súas presas reptilianas están as tartarugas Macrochelodina rugosa, as serpes Acrochordus arafura e varias serpes mariñas.[51][53] As tartarugas son especialmente importantes para estes pigargos e poden capturalas de varias idades e tamaños, mesmo adultos grandes de Emydura macquarii.[51][54] Nun caso, rexistrouse que o pigargo intentou capturar un Varanus salvator adulto de 1,5 m de longo e conseguiu matalo, pero non puido transportalo debido ao gran peso do varano.[55]

Frecuentemente captura aves acuáticas, como os pequenos pingüíns Eudyptula minor, galiñolas e proceláridos.[14] Ocasionalmente tamén atrapa mamíferos como os raposos voadores Pteropus.[56] No arquipélago de Bismarck informouse que atrapou cans e gatos e dúas especies de cuscús, o Phalanger orientalis e o Spilocuscus maculatus.[57][58] É un cazador habilidoso e ataca presas ata do tamaño de cisnes. Tamén se alimenta de prea, como ovellas mortas, aves e peixes que atopa flotando, así como asaltando as redes de pesca.[14][41]

Acosa pequenas aves de presa como Circus approximans, Haliastur sphenurus, Haliastur indus, e Pandion haliaetus, forzándoas a soltar a comida que transportaban.[14][41] Outras aves que son as súas vítimas son as gaivotas Chroicocephalus novaehollandiae e Larus pacificus, corvos mariños e o mascato Morus serrator. Hai un rexistro dun H. leucogaster que atrapou un mascato cando este non conseguira capturar unha presa. Poden mesmo roubar comida á súa propia especie, incluíndo a súa parella. Ataca a todas estas aves lanzándose sobre elas estendendo as gadoupas desde arriba ou voando boca arriba por abaixo dun predador máis pequeno e colléndolle a presa que este leva, á vez que chía estridentemente.[41] Nalgún caso unha foca Arctocephalus forsteri foi tamén acosada para roubarlle peixe.[59]

Aliméntanse soas, en parellas ou en grupos familiares. Unha parella pode cooperar para cazar.[41] Poden comer as presas mentres están voando ou cando se pousan nunha plataforma elevada como o seu propio niño. Esfola as súas vítimas a medida que as come.[41] É moi eficiente dixerindo a comida e só regurxita pequenas egagrópilas de ósos fragmentados, pelos e plumas.[23]

Un estudo de 2006 en corpos de auga do interior arredor de Canberra, onde H. leucogaster comparte territorio con Aquila audax mostrou pouco solapamento no tipo de presas que capturaban. A. audax atrapaba coellos, varios macropódidos, aves terrestres como cacatúas e papagaios e varios paseriformes como as pegas Gymnorhina tibicen e estorniños pintos Sturnus vulgaris. As H. leucogaster capturan alí peixes, réptiles acuáticos como as tartarugas Chelodina longicollis e os agámidos Intellagama lesueurii, e aves acuáticas como patos, mergullóns e galiñolas. Ambas as especies depredan o parrulo Chenonetta jubata. Os coellos constitúen só unha pequena fracción da dieta de H. leucogaster. Malia nidificaren unha preto da outra, as dúas especies raramente interaccionan, xa que A. audax caza lonxe da auga e H. leucogaster faino preto das ribeiras dos lagos.[58] Porén, en Tasmania rexistráronse conflitos entre ambas para conseguir sitios de nidificación en árbores.[42]

Status de conservación

editar
 
Exemplares novos en voo.

Esta especie está considerada como en situación pouco preocupante pola IUCN.[1] Estímase que hai de 10.000 a 100.000 individuos, aínda que parece haber un declive nestas cifras. Agora é unha especie rara en Tailandia e outras partes do suestre asiático.[30] Son relativamente abundantes en Hong Kong, onde a súa poboación se incrementou de 39 a 57 exemplares entre 2002 e 2009.[60] Un estudo de campo na illa Kangaroo en Australia do Sur mostrou que as parellas nidificantes en áreas de alta alteración humana (definidas por o clareo do terreo e unha alta actividade humana) tiñan menor taxa de éxito reprodutivo.[61] Na península de Eyre en Australia do Sur abandonaron os niños a medida que as actividades humanas traspasaron os territorios dos pigargos.[62] Noutras parte, a eliminación de árbores axeitadas para a nidificación fíxoas desaparecer en gran medida localmente, como foi o caso da corta de arboredas de Casuarina equisetifolia no distrito de Visakhapatnam en Andhra Pradesh na India.[63] Na India medíronse densidades de niños de aproximadamente 1 por 4,32 km de liña de costa en Sindhudurg e dun niño por 3,57 km (45 niños en 161 km) no distrito de Ratnagiri de Maharashtra.[64][65] Tamén nidifican na illa Netrani (antes chamada illa Pigeon), onde Allan Octavian Hume detectara en 1875 uns 100 exemplares, o que quizais era a colonia reprodutora máis grande da especie.[66] En 2000 as alteracións sufridas pola illa debido a exercicios de disparo de torpedos realizados pola mariña de guerra india froron sinalados como unha ameaza para a colonia.[67] En 2004 atopáronse case 100 niños na illa.[68]

O DDT foi amplamente usado como pesticida para agricultura e tivo significativos efectos adversos sobre a vida silvestre, especialmente no adelgazamento da casca dos ovos e a súa conseguinte facilidade de rotura nas aves de presa. Un estudo de revisión do impacto do DDT na fauna de aves de presa australianas entre 1947 e 1993 atopou que o grosor medio da casca dos ovos diminuíra nun 6%. Este nivel medio de adelgazamento pénsase que probablemente non ten como resultado unha rotura significativamente maior dos ovos en conxunto, pero en postas individuais que eran incluso máis finas puido causar a rotura. H. leucogaster foi unha das especies máis afectadas, probablemente debido a que as súas áreas de alimentación foran tratadas intensamente co pesticida, como os pantanos. O uso do DDT tivo un máximo en 1973, pero o seu uso xa non estivo aprobado desde 1987 e cesou totalmente en 1989.[69]

Australia

editar

Esta especie en Australia está na categoría de especie mariña e migratoria, o que lle dá un status protexido baixo a Lei de Protección Medioambiental e Conservación da Biodiversidade de 1999. Como é unha especie principalmente costeira, é vulnerable á destrución do hábitat nas zonas costeiras cada vez máis pobaodas e urbanizadas de Australia, especialmente no sur e leste do país, onde parece que a súa cantidade declinou. Porén, puido haber un incremento da poboación no interior, debido á creación de reservorios de auga, encoros, e diques, e ao espallamento de carpas comúns (Cyprinus carpio) introducidas. Porén, é rara ao longo do río Murray, onde antes era común.[40] Tamén está na lista das especies ameazadas da Lei de Garantía da Flora e Fauna (1988) de Victoria, estado no que posiblemente só quedan menos de 100 parellas reprodutoras.[33] En 2007 na lista de especies ameazadas de fauna de vertebrados de Victoria xa estaba considerada como especie vulnerable.[70]

Hai menos de 1.000 aves adultas en Tasmania, onde a especie está na lista das especies vulnerables baixo o Programa 3.1 da Lei de Protección de Especies Ameazadas de Tasmania. En Tasmania está ameazada polas alteracións dos niños, perda de hábitat axeitado para a nidificación, caza, envelenamento, trampas e choques contra liñas eléctricas e turbinas eólicas, así como quedar enredadas e a polución ambiental. Os estuarios son un dos seus hábitats favoritos, e estes sofren a miúdo alteracións ambientais.[71] Observouse que H. leucogaster aumentou a súa área de caza incluíndo as granxas de salmóns, pero o efecto disto no éxito reprodutor non se coñece.[72]

Importancia cultural

editar
 
Adulto voando en Tasmania

H. leucogaster era importante para diferenciar as tribos de pobos indíxenas australianos. O animal gardián da comunidade aborixe de Wreck Bay, é tamén o emblema oficial do Parque Nacional e Xardíns Botánicos de Booderee no Territorio de Jervis Bay. A comunidade considera que as localidades arredor do Parque Nacional de Booderee están conectadas con el.[73] Un nome local de Sydney era gulbi, e a ave foi o tótem de Colebee, o líder indíxena do século XVIII do pobo cadigal.[74] É unha especie importante para o pobo mak mak das chairas de inundación do suroeste de Darwin no Territorio do Norte, que recoñecen a súa conexión co "bo país". É o seu tótem e está conectado intimamente coa súa terra.[75] O termo mak mak é o seu nome para ambas as especies e para eles mesmos.[76] O Parque da Natureza da garganta de Umbrawarra era o sitio dos Soños da ave, que nesta área era coñecida como Kuna-ngarrk-ngarrk.[77] Era tamén igualmente simbólico para o pobo tasmán e un dos nomes que se usaba alí para el era Nairanaa.[78]

O pobo das illas Nisssan coñecíano como Manulab, e para eles este pigargo é considerado especial e está prohibido matalo. Os seus chíos pola noite dise que vaticinan perigo, e ver un grupo de pigargos voando chiando no alto é un signo de que morreu algunha persoa.[79] Os contos do floclore malaio local relatan como o pigargo chía para avisar aos mariscos do cambio das mareas, e o nome local burung hamba siput tradúcese como "escravo do marismo".[80] Chamábase Kaulo na lingua aka-bo recentemente extinguida, e considerábase o devanceiro de todas as aves nun conto folclórico das illas Andaman.[81] Na costa de Maharashtra, o seu nome é kakan e o seu chío dise que indica a presenza de peixes no mar. Ás veces nidifica nos coqueiros. Os propietarios das árbores destrúen o niño para evitar ataques cando recollen cocos.[64]

A H. leucogaster está representado nos billetes de 10.000 dólares de Singapur,[80] que se puxeron en circulación o 1 de febreiro de 1980.[82] É o emblema do estado malaio de Selangor.[80] O magnate malaio Loke Wan Tho construíu unha torre de 40 m de altura co único propósito de observar un niño desta especie nos xardíns do palacio de Istana Bukit Serene en Johor Bahru.[83] As fotografías tomadas en febreiro de 1949 apareceron en The Illustrated London News en 1954.[84] A ave é o emblema do equipo da liga australiana de rugby Manly-Warringah Sea Eagles,[73] elixido na fundación do club en 1947.[85]

  1. 1,0 1,1 IUCN Red List 2012.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pigargo.
  3. Gmelin, Johann Friedrich (1788). Systema naturae per regna tria naturae : secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín). 1, Part 1 (13th ed.). Lipsiae [Leipzig]: Georg. Emanuel. Beer. p. 257. 
  4. Latham, John (1781). A General Synopsis of Birds. 1, Part 1. London: Printed for Leigh and Sotheby. p. 33*, No. 7a. 
  5. Stresemann, Erwin (1950). "Birds collected during Capt. James Cook's last expedition (1776–1780)". Auk 67 (1): 66–88 [82]. JSTOR 4080770. doi:10.2307/4080770. 
  6. Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (August 2022). "Hoatzin, New World vultures, Secretarybird, raptors". IOC World Bird List Version 12.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  7. Liddell & Scott 1980, p. 411.
  8. Liddell & Scott 1980, p. 138.
  9. Wink, Heidrich & Fentzloff 1996, pp. 783–91.
  10. 10,0 10,1 Seibold & Helbig 1996, pp. 103–12.
  11. Wink, Michael; Sauer-Gurth, H (2004). "Phylogenetic relationships in diurnal raptors based on nucleotide sequences of mitochondrial and nuclear marker genes". En Chancellor, RD; B U Meyburg. Raptors Worldwide (PDF). Berlin: WWGBP. pp. 483–98. 
  12. Schreiber & Weitzel 1995.
  13. Lerner & Mindell 2005.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 Hollands 2003, p. 196.
  15. Raptors of the World by Ferguson-Lees, Christie, Franklin, Mead & Burton. Houghton Mifflin (2001), ISBN 0-618-12762-3.
  16. Ali, S. (1993). The Book of Indian Birds. Bombay: Bombay Natural History Society. ISBN 0-19-563731-3. 
  17. Shephard, Jill M.; Catterall, Carla P.; Hughes, Jane M. (2004). "Discrimination of sex in the White-bellied Sea-Eagle, Haliaeetus leucogaster, using genetic and morphometric techniques". Emu 104: 83–87. doi:10.1071/MU03043. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Marchant & Higgins 1993, p. 82.
  19. Marchant & Higgins 1993, p. 92.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 Marchant & Higgins 1993, p. 87.
  21. Biodiversity Conservation Branch, DPIW (2011). "White-bellied Sea Eagle Haliaeetus leucogaster". Hobart, Tasmania: Department of Primary Industries and Water, Tasmanian Government. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 06 de xuño de 2023. 
  22. 22,0 22,1 22,2 Strange 2000, p. 73.
  23. 23,0 23,1 Fleay 1948.
  24. 24,0 24,1 24,2 Marchant & Higgins 1993, p. 83.
  25. Ferguson-Lees & Christie 2001, p. 392.
  26. 26,0 26,1 Kennedy 2000, p. 54.
  27. Acharya, Hari Narayan G (1936). "The Whitebellied Sea-Eagle (Haliaeetus leucogaster Gmelin) in North Gujarat". Journal of the Bombay Natural History Society 38 (4): 828. 
  28. Rasmussen & Anderton 2005, p. 86.
  29. Ali, S.; Ripley, S. D. (1978). Handbook of the Birds of India and Pakistan: Volume 1 (2ª ed.). New Delhi, India: Oxford University Press. pp. 287–89. ISBN 0-19-565506-0. 
  30. 30,0 30,1 Ferguson-Lees & Christie 2001, p. 390.
  31. 31,0 31,1 31,2 Coates 1985, pp. 116–17.
  32. Hadden 2004, p. 63.
  33. 33,0 33,1 33,2 Clunie, Pam (2003). "Flora and Fauna Guarantee Action Statement: White-bellied Sea Eagle (Haliaeetus leucogaster)" (PDF). East Melbourne, Victoria: Department of Sustainability and Environment, State Government of Victoria. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2012. Consultado o 19 de maio de 2011. 
  34. Dennis, Terry E.; Kinloch, Martine A.; Pisanu, Phil; King, Cameron (2005). "The distribution and breeding status of White-bellied Sea Eagle and Osprey populations on Kangaroo Island in 2005". Kingscote, Kangaroo Island: Kangaroo Island Resources Board, Government of South Australia. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2011. Consultado o 18 de maio de 2011. 
  35. Threatened Species Section, DPIW 2006, p. 13.
  36. 36,0 36,1 Marchant & Higgins 1993, p. 84.
  37. Sadvi, K. M. (2009). "Occurrence of the White-bellied Sea Eagle Haliaeetus leucogaster in inland waters". Indian Birds 5 (2): 50. ISSN 0973-1407. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. 
  38. Sriram, Mythili; Sriram, Tara; Anand, M. O. (2008). "Sighting of the White-bellied Sea Eagle Haliaeetus leucogaster at the Lakkavalli Dam". Indian Birds 4 (2): 71. ISSN 0973-1407. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. 
  39. Tarr, H.E. (1962). "Observations on the White-breasted Sea-Eagle". Australian Bird Watcher 1: 194–97. 
  40. 40,0 40,1 Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities (2011). "Species Profile and Threats Database: Haliaeetus leucogaster — White-bellied Sea Eagle". Canberra, ACT: Australian Government. Consultado o 19 de maio de 2011. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 41,5 41,6 41,7 41,8 Marchant & Higgins 1993, p. 85.
  42. 42,0 42,1 Spencer, Jennifer A.; Lynch, Tim P. (2005). "Patterns in the abundance of White-bellied Sea-Eagles (Haliaeetus leucogaster) in Jervis Bay, south-eastern Australia". Emu 105 (3): 211–16. doi:10.1071/MU04030. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Debus 2008.
  44. 44,0 44,1 Beruldsen 2003, p. 200.
  45. Lindgren 1972.
  46. Simmons & Mendelsohn 1993.
  47. Thurstans, Shaun D. (2009). "Modelling the nesting habitat of the White-bellied Sea Eagle Haliaeetus leucogaster in Tasmania". Corella 33 (3): 51–65. 
  48. Marchant & Higgins 1993, p. 89.
  49. Marchant & Higgins 1993, p. 90.
  50. 50,0 50,1 Favaloro 1944.
  51. 51,0 51,1 51,2 Corbett, Laurie, and Tony Hertog. "Diet and breeding of White-bellied Sea-Eagles Haliaeetus leucogaster in subtropical river habitats in the Northern Territory, Australia." Corella 35 (2011): 41-48.
  52. 52,0 52,1 Smith, Geoffrey C. "An analysis of prey remnants from Osprey Pandion haliaetus and White-bellied Sea-Eagle Haliaetus leucogaster feeding roosts." Emu-Austral Ornithology 85.3 (1985): 198-200.
  53. Gopi, G. V.; Pandav, Bivash (2006). "White-bellied Sea Eagle Haliaeetus leucogaster preying on salt-water crocodile Crocodylus porosus" (PDF). Indian Birds 2 (6): 171. ISSN 0973-1407. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2011. 
  54. Debus, Stephen JS. "Biology and diet of the White-bellied Sea-Eagle Haliaeetus leucogaster breeding in northern inland New South Wales." Australian Field Ornithology 25.4 (2008): 165-193.
  55. Iqbal, Muhammad, Christoph Zockler, and Evgeny Syroechkovskiy. "White-bellied Sea-Eagle'Haliaeetus leucogaster' attempting to prey on water monitor 'Varanus salvator'." Australian Field Ornithology 30.4 (2013): 206-209.
  56. Mikula, P.; Morelli, F.; Lučan, R. K.; Jones, D. N.; Tryjanowski, P. (2016). "Bats as prey of diurnal birds: a global perspective". Mammal Review 46 (3): 160–174. doi:10.1111/mam.12060. 
  57. Heinsohn 2000, pp. 245–46.
  58. 58,0 58,1 Olsen, Jerry; Fuentes, Esteban; Rose, A. B. (2006). "Trophic relationships between neighbouring White-bellied Sea-Eagles (Haliaeetus leucogaster) and Wedge-tailed Eagles (Aquila audax) breeding on rivers and dams near Canberra". Emu 106 (3): 193–201. doi:10.1071/MU05046. 
  59. Dennis, Terry E.; Brittain, Ross (2006). "Attempted kleptoparasitism by White-bellied Sea Eagles on fur-seal" (PDF). South Australian Ornithologist 35 (1–2): 68. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2012. 
  60. So, Ivy W. Y.; Lee, W. H. (2010). "Breeding ecology of White-bellied Sea Eagle (Haliaeetus leucogaster) in Hong Kong – a review and update" (PDF). Hong Kong Biodiversity (18): 1–8. 
  61. Dennis, Terry E.; McIntosh, Rebecca R.; Shaughnessy, Peter D. (2011). "Effects of human disturbance on productivity of White-bellied Sea Eagles (Haliaeetus leucogaster)". Emu 111 (2): 179–85. doi:10.1071/MU10044. 
  62. Dennis, Terry E. (2004). "Conservation status of the White-bellied Sea Eagle, osprey and peregrine falcon on western Eyre Peninsula and adjacent offshore islands in South Australia" (PDF). South Australian Ornithologist 34: 222–28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2012. 
  63. Sekhar, P.S. Raja; Kumar, P. Kanna; Anil, K.; Babu, A. Suresh (2004). "Sighting of the White-bellied Sea Eagle (Haliaeetus leucogaster) in Andhra University Campus, Visakhapatnam, Andhra Pradesh" (PDF). Zoos' Print Journal 19 (5): 20. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2011. 
  64. 64,0 64,1 Katdare, Vishwas; Mone, Ram; Joshi, Pramod (2004). "Status of White-bellied Sea Eagle Haliaeetus leucogaster in Sindhudurg District, Maharashtra". Journal of the Bombay Natural History Society 101 (2): 314–16. 
  65. Katdare, Vishwas; Mone, Ram (2003). "Status of the White-bellied Sea Eagle in Ratnagiri District, Maharashtra". Journal of the Bombay Natural History Society 100 (1): 113–16. 
  66. Hume, A. O. (1876). "The Laccadives and the west coast.". Stray Feathers 4: 413–483. 
  67. Gadgil, Madhav (2004). Karnataka State of Environment Report and Action Plan: Biodiversity Sector. ENVIS Technical Report No. 16 (PDF). ENVIS, CES, IISc, Bangalore. p. 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2009. Consultado o 2 de xullo de 2011. 
  68. Madhyastha, N.A. (2004). "A paradise for White-bellied Sea Eagle: Netrani Island". Newsletter for Birdwatchers 44 (1): 14. 
  69. Olsen, P.; Fuller, P.; Marples, T. (1993). "Pesticide-related Eggshell Thinning in Australian Raptors". Emu 93: 1–11. doi:10.1071/MU9930001. 
  70. Victorian Department of Sustainability and Environment (2007). Advisory List of Threatened Vertebrate Fauna in Victoria – 2007. East Melbourne, Victoria: Department of Sustainability and Environment. p. 15. ISBN 978-1-74208-039-0. 
  71. Threatened Species Section, DPIW 2006, p. 14.
  72. Wiersma, Jason M.; Richardson, Alastair (2009). "Foraging of White-bellied Sea Eagles ( Haliaeetus leucogaster) in relation to marine fish farms in Tasmania" (PDF). Corella 33 (3): 71–79. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xuño de 2023. 
  73. 73,0 73,1 Baldwin, Amanda (2010). The White-bellied Sea Eagle in the Jervis Bay region: an exploration of the cultural, ecological and conservation significance (Tese). School of Earth & Environmental Sciences, University of Wollongong. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  74. Smith, Keith Vincent (xullo de 2005). "Port Jackson People". NLA News (National Library of Australia) XV (10). ISSN 1444-1845. Consultado o 8 de maio de 2011. 
  75. Rose, Deborah Bird (1996). Nourishing Terrains: Australian Aboriginal Views of Landscape and Wilderness (PDF). Canberra, ACT: Australian Heritage Commission. p. 29. ISBN 978-0-642-23561-9. OCLC 221843038. Consultado o 24 de maio de 2011. 
  76. Daiyi, Linda Ford; Rose, Nancy Deborah (2002). "Life in Country:Ecological Restoration on Aboriginal Homelands". Cambridge, Massachusetts: Cultural Survival.org. Consultado o 24 de maio de 2011. 
  77. Farfor, Susannah; Andrew, David; Finlay, Hugh (2003). Northern Territory. Lonely Planet. p. 140. ISBN 9781740591997. 
  78. Threatened Species Section, DPIW 2006, p. 9.
  79. Hadden 2004, p. 265.
  80. 80,0 80,1 80,2 Pwee, Timothy (2002). "White-bellied Sea Eagle". National Library Board Singapore. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2009. 
  81. Abbi 2010.
  82. "Bird Series – $10000". Monetary Authority of Singapore. 31 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-21. Consultado o 1 de xullo de 2011. 
  83. Sanger 1995, p. 316.
  84. The Illustrated London News 225 (6011–6023): 296. 1954.  Falta o |title= (Axuda)
  85. Fagan, Sean (2011). "Manly-Warringah Sea Eagles History". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar