Götterdämmerung

Götterdämmerung (en galego O ocaso dos deuses, ou literalmente O crepúsculo dos deuses) é unha ópera en 3 actos cun prólogo, con música e libreto de Richard Wagner. É a última das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Tivo a súa estrea no Bayreuth Festspielhaus de Bayreuth o 17 de agosto de 1876, dentro da primeira representación completa da tetraloxía.

Götterdämmerung
O ocaso dos deuses
Alberich falando con Hagen, por Arthur Rackham (1912).
FormaDrama musical
Actos e escenas3 actos e un prólogo
Idioma orixinal do libretoAlemán
LibretistaRichard Wagner
Fontes literariasO poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga
Estrea17 de agosto de 1876
Teatro da estreaBayreuth Festspielhaus
Lugar da estreaBayreuth
Duración5 horas
Música
CompositorRichard Wagner
Personaxes

Siegfried (tenor heroico)
Brünnhilde (soprano dramática)
Alberich (barítono baixo)
Hagen (baixo)
Gunther (barítono)
Gutrune (soprano lírica)
Waltraute (mezzosoprano)
Tres Nornas (contralto, mezzosoprano e soprano)
Woglinde (soprano lírica)
Wellgunde (mezzosoprano)
Flosshilde (contralto)
Gibichungos[1]

O título é unha tradución ao alemán da expresión Ragnarök, que en antigo nórdico e no contexto da mitoloxía xermánica se refería á profetizada guerra entre os deuses que conduciría á fin do mundo. Porén, como no resto das óperas do ciclo, a narración da apocalipse que fai Wagner, difire significativamente das antigas fontes nórdicas.

É a terceira xornada do anel chamada "Götterdammerung". Aquí os personaxes mitolóxicos que sostiveron a acción das xornadas anteriores ceden o seu posto aos homes, que proseguen na terra a loita iniciada na segunda escena de Das Rheingold, ao saber Wotan, polo relato de Loge, da existencia dos tesouros do Nibelungo. O mesmo título mostra que, aínda que Wotan non aparece en escena, tamén aquí a acción principal é a que se desenvolve na alma do deus, e tanto a música (co leitmotiv de Wotan, o da súa lanza, e o do poder dos deuses) coma os relatos dos personaxes, nos lembran permanentemente a presenza do deus.

Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto nº 59 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 16ª en Alemaña e a oitava de Wagner, con 75 representacións.

Personaxes

editar
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 17 de agosto de 1876
(Director: Hans Richter)
Siegfried tenor Georg Unger
Brünnhilde soprano Amalie Materna
Alberich barítono Karl Hill
Hagen, seu fillo baixo Gustav Siehr
Gunther, medio irmán de Hagen barítono Eugen Gura
Gutrune, medio irmán de Hagen soprano Mathilde Weckerlin
Waltraute, valquiria irmá de Brünnhilde mezzo-soprano Luise Jaide
Primeira Norna contralto Johanna Jachmann-Wagner
Segunda Norna mezzosoprano Josephine Schefsky
Terceira Norna soprano Friederike Grün
Woglinde, filla do Rin soprano Lilli Lehmann
Wellgunde, filla do Rin soprano Marie Lehmann
Flosshilde, filla do Rin mezzosoprano Minna Lammert
Vasalos, mulleres

Instrumentación

editar
 
Unha trompa wagneriana.

A partitura de Wagner require da utilización de:

Instrumentación de Götterdämmerung
Madeiras
3 frautas, 3 óboes, corno inglés, 3 clarinetes en Si bemol,

clarinete baixo, 3 fagots.

Metais
4 trompas, 4 trompas wagnerianas en Si e en Fa, 3 trompetas en Mi bemol,

trompeta baixa, 3 trombóns (tenor, baixo e contrabaixo), tuba.

Archi
16 violíns I, 16 violíns II, 12 violas, 12 violonchelos, 8 contrabaixos
  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 327. ISBN 84-206-0284-1. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.