Das Rheingold
Das Rheingold (en galego, O ouro do Rin) é unha ópera en catro cadros con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a primeira das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). A ópera foi estreada no Königliches Hof-und Nationaltheater de München o 22 de setembro de 1869 de xeito illado, antes mesmo do termo do ciclo do anel, baixo o patrocinio de Lois II de Baviera, contra a vontade de Wagner, que pretendía estrear a obra por completo no seu teatro de ópera de Bayreuth, que daquela aínda estaba en construción. Non foi ata o 13 de agosto de 1876 cando se representou por primeira vez dentro do ciclo completo. Forma parte do Canon de Bayreuth.
Das Rheingold O ouro do Rin | |
---|---|
Estrea en Bayreuth (1876). | |
Forma | Prólogo |
Actos e escenas | 1 acto formado por un preludio e 4 escenas |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | O poema anónimo medieval Das Nibelungenlied e a escandinava Volsunga Saga |
Estrea | 22 de setembro de 1869 |
Teatro da estrea | Königliches Hof-und Nationaltheater |
Lugar da estrea | München |
Duración | 2 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
|
Das Rheingold é desafiante para os músicos da orquestra e o director. Tendo un único acto, e con dúas horas e media de música continua, é necesario distribuír ben a enerxía ata o final. É un desafío tamén para os directores de escena pola presenza do río Rin, onde se ambienta a primeira escena, pola aparición dos xigantes Fafner e Fasolt (que deben aparentar máis de dous metros de altura) e polos efectos especiais das transformacións de Alberich co seu helmo máxico e os poderes de Donner e Froh.
Para crear a impresión correcta ao espectador, foi necesaria a creación de máquinas especiais. Wagner supervisou persoalmente a creación desas máquinas, así como tódolos outros detalles da encenificación, nunha época (segunda metade do século XIX) na que non había enerxía eléctrica.
A historia lida co tema da busca desmedida polo poder, envolvendo a renúncia ao amor e contratos inaxeitados. Das Rheingold está marcada musicalmente polo uso do leitmotiv, o uso de temas musicais para identificar elementos da obra, como personaxes ou lugares.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Repartimento na estrea[2] 22 de setembro de 1869 (Director: Franz Wüllner) |
Repartimento na estrea do ciclo completo[3] 13 de agosto de 1876 (Director: Hans Richter) |
---|---|---|---|
Deuses | |||
Wotan, deus supremo | baixo-barítono | August Kindermann | Franz Betz |
Loge, deus do lume | tenor | Heinrich Vogl | Heinrich Vogl |
Fricka, dona de Wotan, deusa do amor conxugal | mezzosoprano | Sophie Stehle | Friederike Grün |
Freia, seu irmá, deusa da xuventude | soprano | Henriette Muller | Marie Haupt |
Donner, deus do trono, irmán de Fricka e de Freia | baixo-barítono | Karl Samuel Heinrich | Eugen Gura |
Froh, deus do día, irmán de Fricka e de Freia | tenor | Franz Nachbaur | Georg Unger |
Erda, deusa nai da natureza | contralto | Emma Seehofer | Luise Jaide |
Nibelungos | |||
Alberich, anano nibelungo | barítono | Karl Fischer | Karl Hill |
Mime, seu irmán | tenor | Max Schlosser | Max Schlosser |
Nibelungos | |||
Xigantes | |||
Fasolt | baxo-barítono ou baixo | Toni Petzer | Albert Eilers |
Fafner, seu irmán | baixo | Kaspar Bausewein | Franz von Reichenberg |
Fillas do Rin | |||
Woglinde | soprano | Anna Kaufmann | Lilli Lehmann |
Wellgunde | soprano ou mezzosoprano | Therese Vogl | Marie Lehmann |
Flosshilde | mezzosoprano | Wilhelmine Ritter | Minna Lammert |
Notas
editar- ↑ Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en español) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 314. ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ "Almanacco 22 de septiembre de 1869 (AmadeusOnline)". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xullo de 2012.
- ↑ "Almanacco 13 de agosto de 1876 (AmadeusOnline)". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |