UEFA Europa League
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A UEFA Europa League, tamén coñecida como Liga Europa da UEFA, é unha competición internacional de fútbol que disputan aqueles equipos que, ou ben gañan as copas das súas respectivas federacións nacionais, ou ben quedan en postos inmediatamente inferiores aos que dan acceso a xogar na Liga de Campións da UEFA nas competicións oficiais de liga das súas federacións. Foi creada pola UEFA en 1971 baixo o nome de Copa da UEFA (co que se coñeceu ata a tempada 2008-09) en substitución da Copa de Cidades en Feira, torneo que non estivo afiliado á devandita confederación.
Nome oficial | UEFA Europa League (2009–) UEFA Cup (1971–2009) |
---|---|
Nome na lingua orixinal | (en) UEFA Europa League |
Tipo | competición futbolística |
Deporte | fútbol |
Organizador | União das Federações Europeias de Futebol (pt) |
Número de participantes | 32 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1971 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Taça UEFA (troféu) (pt) | |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
O equipo máis laureado da competición é o Sevilla Fútbol Club con seis títulos. Ademais, España é o equipo que ostenta máis títulos, doce, por diante de Italia e Inglaterra, con nove.
Historia
editarA Copa da UEFA foi xogada por vez primeira en 1971, sendo o Tottenham o seu primeiro gañador. De tódolos xeitos, o de "un club por cidade", herdado da Copa de Feiras, rematou en 1975; o Everton F.C. de Liverpool finalizara cuarto na Liga Inglesa e puido así clasificarse, pero foron excluídos da participación porque o Liverpool F.C. tamén se clasificara por quedar segundo. O Everton apelou, dicindo que a regra era un anacronismo, e a UEFA amosouse de acordo en cambiala.
O sistema de competición consiste en enfrontamentos a dobre partido, ida e volta, entre equipos designados por sorteo. Até 1996, as finais tamén se disputaban en partidos a ida e volta, nos estadios dos dous contendentes. Dende 1997 a final dispútase a partido único, en campo neutral, e o campión obtén dende o ano 2000 o privilexio de enfrontarse ó campión da Liga de Campións na Supercopa de Europa. Até entón ese privilexio era do campión da Recopa.
Hoxe en día, os clubs teñen diferentes vías para clasificarse a esta competición, e acoden a ela máis equipos dos países con maior puntuación na clasificación da UEFA. Nestes clasifícanse os equipos que quedan tralos clasificados para a Liga de Campións. Tamén se clasifican os campións das ligas de países con peor posición na clasificación, os gañadores dos trofeos de Copa ou equipos eliminados da Liga de Campións. Antes tamén xogaban os que se clasificaban mediante a Copa Intertoto. Tamén participan equipos invitados pola UEFA por motivos como o xogo limpo.
En 2004, a UEFA introduciu unha modificación no formato da competición, engadindo unha segunda rolda previa, e transformando a segunda eliminatoria nunha fase de grupos, con oito grupos de cinco equipos cada un, que se enfrontan entre si unha única vez (dúas veces en casa e dúas veces fóra), pasando a dezaseisavos os tres primeiros clasificados de cada grupo, máis os oito terceiros da fase de grupos da Liga de Campións.
En 2009 cambiou de nome polo de UEFA Europa League (Liga Europa da UEFA).
Finais
editarFinais a dobre partido
editarEn letra grosa o resultado no campo do campión
Finais a partido único
editarTempada | Campión | Subcampión | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|
1997–98 | Inter de Milán | Lazio | 3-0 | |
1998–99 | Parma | Olympique de Marsella | 3-0 | |
1999–00 | Galatasaray | Arsenal | 0-0 | pen. 4-1 |
2000–01 | Liverpool | Alavés | 5-4 | |
2001–02 | Feyenoord | Borussia Dortmund | 3-2 | |
2002–03 | Porto | Celtic | 3-2 | |
2003–04 | Valencia | Olympique de Marsella | 2-0 | |
2004–05 | CSKA Moscova | Sporting de Lisboa | 3-1 | |
2005–06 | Sevilla | Middlesbrough | 4-0 | |
2006–07 | Sevilla | Espanyol | 2-2 | pen. 3-1 |
2007–08 | Zenit San Petesburgo | Glasgow Rangers | 2-0 | |
2008–09 | Shakhtar Donetsk | Werder Bremen | 2-1 | |
2009–10 | Atlético de Madrid | Fulham | 2-1 | |
2010–11 | Porto | Sporting Braga | 1-0 | |
2011–12 | Atlético de Madrid | Athletic Club | 3-0 | |
2012–13 | Chelsea | Benfica | 2-1 | |
2013–14 | Sevilla | Benfica | 0-0 | pen. 4-2 |
2014–15 | Sevilla | Dnipro Dnipropetrovsk | 3-2 | |
2015–16 | Sevilla | Liverpool | 3-1 | |
2016–17 | Manchester United | Ajax | 2-0 | |
2017–18 | Atlético de Madrid | Olympique de Marsella | 3-0 | |
2018–19 | Chelsea | Arsenal | 4-1 | |
2019-20 | Sevilla | Inter de Milán | 3-2 | |
2020-21 | Villarreal | Manchester United | 1-1 | pen. 11-10 |
Palmarés equipos
editarPor países
editarPaís | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
España | 13 | 5 |
Inglaterra | 9 | 8 |
Italia | 9 | 7 |
Alemaña | 6 | 8 |
Países Baixos | 4 | 3 |
Portugal | 2 | 5 |
Rusia | 2 | 0 |
Suecia | 2 | 0 |
Bélxica | 1 | 2 |
Ucraína | 1 | 1 |
Turquía | 1 | 0 |
Francia | 0 | 5 |
Escocia | 0 | 3 |
Hungría | 0 | 1 |
Austria | 0 | 1 |
Iugoslavia | 0 | 1 |
Estatísticas
editarEquipos españois
editarEquipo | Participacións | Gañador |
---|---|---|
Atlético de Madrid | 20 | 3 |
Valencia CF | 19 | 1 |
Athletic Club | 18 | |
Sevilla FC | 15 | 6 |
Villarreal CF | 11 | 1 |
FC Barcelona | 11 | |
Real Sociedad | 11 | |
Real Madrid | 9 | 2 |
Real Zaragoza | 8 | |
RCD Espanyol | 8 | |
Celta de Vigo | 8 | |
Real Betis | 8 | |
Sporting de Gijón | 6 | |
Deportivo | 5 | |
CA Osasuna | 4 | |
RCD Mallorca | 3 | |
Getafe CF | 3 | |
UD Las Palmas | 2 | |
Deportivo Alavés | 2 | |
Real Valladolid | 2 | |
CD Tenerife | 2 | |
Real Oviedo | 1 | |
Rayo Vallecano | 1 | |
Málaga CF | 1 | |
Racing de Santander | 1 | |
Levante UD | 1 | |
Granada CF | 1 |
- Actualizado ata a tempada 2020/21.