Estación de Santiago de Compostela
A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Santiago de Compostela | |
---|---|
Fachada da estación de Santiago | |
Situación | Rúa do Hórreo, 75A 15702 Santiago de Compostela |
Liñas | |
Alta velocidade | Avant, Alvia, Ave (Avril) |
Media distancia | MD, Rexional |
Intermodalidade | |
Bus | Tussa(Urbanos de santiago)Parada 691
Liñas: 6- S. Marcos/os Tilos 6A-Aeroporto(Airport)/est. Intermodal P3 -R. Valle inclan/A Susana C4*- S.Caetano/Vite/Hospitais/Fontiñas C6*- Pol. Costa Vella/Amio/Fontiñas/Picaños/Est. Intermodal/Horreo/Fontiñas/Amio/Pol. Costa Vella 12 Os Tilos/Hosp. Provincial
|
Outros | Caminando |
En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.[1]
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 378,811 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 218 metros de altitude.[2] Tamén forma parte da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, punto quilométrico 92.[3]
Ademais a estación intégrase na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, concretamente no tramos Santiago-Ourense operativo dende 2011[4], e no eixe atlántico de alta velocidade.
Historia
editarA chegada do ferrocarril a Santiago vai unido á primeira liña férrea posta en funcionamento en Galicia que unía Cornes co Carril e que se prolongaría pouco despois ata Pontevedra. Construíuse así a estación de Santiago-Cornes inaugurada o 15 de setembro de 1873 por parte da The West Galicia Railway Company empresa británica que lograra a concesión da liña en 1866 tras comprar a compañía do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel.[5] En 1928, MZOV absorbeu a compañía inglesa para ser á súa quenda absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste un ano despois. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España integrou todas as compañías existente na recentemente creada Renfe.
O 14 de abril de 1943, coa apertura da liña férrea A Coruña-Santiago de Compostela que máis tarde se integraría dentro da liña Zamora-A Coruña, Renfe pechou a estación de Cornes e abriu o actual edificio.[6]
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O 10 de decembro de 2011 inaugurouse o tramo Santiago de Compostela-Ourense como parte da futura liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.[4] En abril de 2015 quedou inaugurado o eixe atlántico de alta velocidade que une A Coruña e Vigo pasando por Santiago.[7]
Accidente ferroviario de 2013
editar- Artigo principal: Accidente ferroviario de Angrois de 2013.
O 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, Sar, a dous quilómetros da estación tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia de Galiza e por vítimas oficiais, tamén o máis grave da historia de España por descarrilamento ferroviario nunha curva fechada por mor, en principio, dunha velocidade excesiva do convoi. Polo menos 80 persoas faleceron no incidente. O pavillón Fontes do Sar utilizouse como tanatorio provisional pola gran cantidade de finados. O medios de comunicación nacionais e internacionais loaron a resposta dos veciños de Angrois, os servizos de Compostela e dos cidadáns de Galiza en xeral por contribuír nos labores de rescate e axuda.[8]
A estación
editarEstá situada na zona sueste da cidade, a 1 quilómetro da catedral e da autoestrada AP-9, preto do río Sar.
Fiel ao estilo das estacións da zona o edificio segue o esquema dun pazo. Componse dun pavillón central de dous pisos flanqueado por dúas ás laterais que nos seu extremos posúen dúas torres de planta cadrada. O conxunto é asimétrico dado que mentres unha das torres alcanza os tres pisos, a outra apenas supera a altura das ás laterais. A fachada principal está decorada por un soportal formado por unha galería de cinco arcos frontais e 2 laterais.
Componse de tres plataformas, unha lateral e dúas centrais ás que acceden cinco vías. Todas elas están protexidas por unha marquesiña metálica de dúas vertentes de considerables proporcións e de difícil integración no conxunto. Fóra do seu alcance quedan máis vías de servizo destinadas a carga, apartado ou garaxe. Os cambios de plataforma realízanse grazas a pasos subterráneos.
Conta con atención ao cliente, punto de información, venda de billetes, aseos, cafetería e alugueiro de coches. Toda o recinto está adaptado para as persoas con minusvalía. No exterior atópase un amplo aparcadoiro e unha parada de taxis.
Servizos ferroviarios
editarLonga Distancia
editarActualizados a 14 de febreiro de 2023.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela | A Coruña | 1 tren diario por sentido |
Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar - Medina del Campo AV- Sanabria AV - A Gudiña-Porta de Galicia- Ourense- Empalme - Santiago de Compostela - A Coruña - Betanzos Infesta - Betanzos-Cidade - Pontedeume | Ferrol | 2 trens diarios por sentido |
Alvia | Madrid-Chamartín | Zamora - Ourense - Santiago de Compostela - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra | Vigo-Urzáiz | 1 tren diario por sentido |
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela | A Coruña | Ida:1 tren L-Ma-X-S
Volta: 1 tren Ma-Mér-V-D |
Media distancia
editarActualizado a 14 de febreiro de 2023
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Avant | A Coruña | <> | Ourense-Empalme | |
Avant/MD | A Coruña | <> | Vigo-Urzáiz | |
Rexional | A Coruña | <> | Vigo-Guixar | |
Rexional | Santiago de Compostela | <> | Vigo-Guixar | |
Rexional | Santiago de Compostela | <> | Ourense-Empalme |
Notas
editar- ↑ Anuario del ferrocarril 2011 Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre
- ↑ Santiago de Compostela (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Red ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 4,0 4,1 Arrinca a alta velocidade entre A Coruña, Santiago e Ourense La Región
- ↑ "Santiago á Carril y Pontevedra , (The West Galicia Railway Company Limited)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ "Santiago a La Coruña". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ O AVE entre Vigo e A Coruña, en marcha.
- ↑ "Accidente en Santiago: ... y el amanecer más duro" 26/7/2013, La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Santiago de Compostela |