Glaciación

(Redirección desde «Era glacial»)

As glaciacións son fenómenos climáticos que ocorren ao longo da historia do planeta Terra. Como o propio nome suxire, é un período de frío intenso cando a temperatura media da Terra baixou, provocando o aumento das xeeiras nos polos e unha acumulación de xeo nas zonas montañosas próximo ás rexións de neves eternas (que nunca derreten).

Superficie glacial no continente antártico

Actualmente as xeeiras ocupan un 10% da área total do planeta e a maioría está localizada nas rexións polares como a Antártica e Groenlandia, mais non sempre foi así. Nos períodos glaciais o xeo cubría preto de 32% da terra e 30% dos océanos.

As glaciacións provocaron grandes mudanzas no relevo continental e no nivel do mar. Cando a temperatura global diminuíu, ocorreu, como consecuencia, o aumento das xeeiras, ou sexa, as baixas temperaturas provocaron o conxelamento da auga nos polos aumentando a cantidade de xeo nos cascos polares.

Outra consecuencia deste proceso foi que a formación das xeeiras non quedou restrinxida ás rexións polares. A neve e o xeo fóronse acumulando nas zonas montañosas próximas aos picos, ano tras ano, ata que o seu propio peso fixo que se desprazasen lentamente, provocando grandes alteracións de relevo no camiño por onde pasaban, formando profundos vales en forma de U e os depósitos de pedra que arrastra o glaciar (morenas). Estas masas de xeo e neve son os glaciares que foron deslizando lentamente ata alcanzar zonas máis quentes, onde se foron derretendo e formando a cabeceira dun río ou dando orixe aos lagos glaciais.

Outra consecuencia foi o rebaixamento do nivel dos mares debido á retención de auga nos polos. O mar afastouse da liña da costa, das praias, por exemplo, expondo grandes extensións de terra e unindo illas e continentes entre si, formando as chamadas pontes terrestres.

Entre os períodos glaciais hai períodos interglaciais, nos que a temperatura da Terra se eleva. O período en que vivimos non é máis que un interglacial.

Sucesións glaciais

editar
Clima Denominación Antigüidade Era
Posglacial Actual 8.000 Holoceno
Glacial Glaciación de Würm ou Wisconsin 80.000 Plistoceno
Interglacial Riss-Würm 140.000
Glacial Glaciación de Riss ou Illinois 200.000
Interglacial Mindel-Riss 390.000
Glacial Glaciación de Mindel ou Kansas 580.000
Interglacial Günz-Mindel 750.000
Glacial Glaciación de Günz ou Nebraska 1,1 m.a.
Interglacial Donau-Günz 1,4 m.a.
Glacial Donau 1,8 m.a
Interglacial Biber-Donau 2 m.a.
Glacial Biber 2,5 m.a.
Glacial Oligoceno 37 m.a. Cenozoico
Interglacial Eoceno superior 40 m.a.
Glacial Paleóxeno 80 m.a.
Interglacial Cretáceo 144 m.a. Mesozoico
Glacial Permocarbonífero 295 m.a. Paleozoico
Glacial Carbonífero inferior 350 m.a.
Glacial Ordovícico 440 m.a.
Glacial Precámbrico 700 m.a. Precámbrico
Glacial Primeira glaciación 2.000 m.a Proterozoico

Véxase tamén

editar