Eemiano

(Redirección desde «Interglacial Riss-Würm»)

O Eemiano foi o último período interglacial do Plistoceno. Comezou hai uns 130.000 anos e rematou hai uns 115.000 anos ao comezo do último período glacial.[1] [2]

Dous rexistros de temperatura do núcleo de xeo; o Eemiano está a unha profundidade duns 1500-1800 metros na gráfica inferior
Concentracións de CO2 na atmosfera terrestre

O Holoceno é o interglacial actual.

O Eemiano forma parte do Paleolítico Medio, sendo un período de grande interese para a evolución dos humanos anatómicamente modernos que existían nesa época.[3]

Terminoloxía

editar

O Eemiano coñécese como o Ipswichiano no Reino Unido, o interglacial Mikulin en Rusia, o interglacial Valdivia en Chile e o interglacial Riss-Würm nos Alpes. Dependendo de como unha publicación específica defina o Sangamoniano de América do Norte, o Eemiano equivale a todo ou a parte dela.

O clima eemiano era, de media, entre 1° e 2° C (1.8° a 3.6° F ) máis cálido que o do Holoceno.[4] Durante o Eemiano, a proporción de CO2 na atmosfera era dunhas 280 partes por millón.[5]

Para facer unha idea do cálido que era, en Gran Bretaña os hipopótamos estaban no Támesis e outros ríos, e os elefantes vivían en terra.[6] [7] Hai ósos de grandes mamíferos baixo Trafalgar Square en Londres. O interglacial adoitaba chamarse "escenario de Trafalgar Square" (Trafalgar Square stage), terminoloxía que aínda se emprega ás veces.[8] [9]

  1. Dahl-Jensen, D.; Albert, M. R.; Aldahan, A.; Azuma, N.; Balslev-Clausen, D.; Baumgartner, M.; Berggren, A.-M.; Bigler, M.; Binder, T. (2013-01). "Eemian interglacial reconstructed from a Greenland folded ice core". Nature (en inglés) 493 (7433): 489–494. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/nature11789. 
  2. "geography; shackletonetal" (PDF). www.colorado.edu 36. Bibcode:2003GPC....36..151S. doi:10.1016/S0921-8181(02)00181-9. 
  3. "Human mitochondrial DNA and the evolution of homo sapiens". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2024-07-22. 
  4. "Current & Historical Global Temperature Graph". www.temperaturerecord.org (en inglés). Consultado o 2024-07-22. 
  5. Kaufman, Mark (2018-08-27). "Earth is the warmest it's been in 120,000 years". Mashable (en inglés). Consultado o 2024-07-22. 
  6. Stuart A.J. 1974. Pleistocene: history of the British vertebrate fauna. Biological Reviews 49, 225–266.
  7. Stuart A.J. 1976. The history of the Pleistocene fauna during the Ipswichian/last interglacial in England. Phil. Trans. Royal Society B. 276, 221–250.
  8. Stuart A.J. 1982. Pleistocene vertebrates in the British Isles. Londres, Longmans. ISBN 9780582300699.
  9. Franks J.W. 1960. Interglacial deposits at Trafalgar Square, Londres. The New Phytologist 59 (2): 145–150.

Véxase tamén

editar
 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.