Éfaté é unha illa do océano Pacífico forma parte da provincia de Shefa en Vanuatu. É a máis poboada (ao redor de 65.000 habitantes) e por extensión (899´5 km²) é a terceira máis grande do arquipélago. A maioría dos habitantes viven en Port Vila, a capital nacional. A súa montaña máis alta é o Monte McDonald cunha altura de 647 m.

Modelo:Xeografía físicaEfaté
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deNew Hebrides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaShefa, Vanuatu Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°40′S 168°25′L / -17.67, 168.42
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude113 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount McDonald (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (647 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie900 km² Editar o valor en Wikidata

Durante a segunda guerra mundial a illa foi usada como unha importante base militar dos Estados Unidos.

Política

editar

Efate converteuse nun municipio independente en 1889 cando os residentes declararon a rexión como Franceville. Con todo, en 1890 o municipio dividiuse.

Efate réxese tanto polo municipio de Port Vila como polo Consello Provincial de Shefa, o primeiro goberna soamente o termo municipal de Port Vila e o consello a Efate rural e as Illas exteriores de Efate.

Pequenas illas de Efate

editar
 
Illa Eratoka (3 km ao oeste)

Ao Norte e oeste de Efate atópanse pequenas illas chamadas Eratoka (chapeu), Lelepa, Nguna, Pelei e Emao. Illa Eratoka é unha pequena illa que, vista desde a distancia parece un chapeu de á ancha. Aquí é onde o famoso xefe Roi Mata, xunto cas súas 20 esposas, foron enterrados.[1] Nguna, Pelei e Emao son volcáns, que forman o bordo dunha caldeira volcánica ao norte.

Superviventes

editar

Efaté foi o escenario do programa de TV dos Estados Unidos Survivor: Vanuatu, o australiano Celebrity Survivor e os franceses Koh Lanta. Gran parte do australiano Survivor: Vanuatu foi filmado a uns 30 minutos de Port Vila cerca Mangililu e Gedeón Landing, o último dos cales é agora unha atracción turística comunmente visitada.

Turismo

editar
 
Eratap (praia), unha pequena illa exterior de Efate

A capital Port Vila é o centro do turismo de Vanuatu recibindo aproximadamente 60.000 turistas ao ano, tanto por transporte aéreo, cruceiros e veleiros privados. Debido á influencia británica e francesa ambos tipos de cociña están dispoñibles na capital, así como restaurantes económicos a través de Vila tanto restaurantes chineses como no mercado Mummas situado no centro. Fóra de Port Vila espera un destino máis rústico, coa maioría dos habitantes vivindo un estilo de vida tradicional: cociñando alimentos da illa ou 'Aelan kakae', coidando as súas hortas todos os días, xa que a agricultura de subsistencia é a economía dominante en Vanuatu.

A aeroliña nacional Air Vanuatu dá servizo ás illas exteriores de Vanuatu. Destinos populares tales como Tanna e Santo teñen conexión diaria desde Port Vila, mentres que a lugares máis remotos pódese chegar de forma menos regular.

Efaté ofrece unha variedade de atraccións e actividades, como o turismo en Mele Cascades, Praia Eton, Tanalilui Road Markets, Round Island Tour, Buggy Fun Rental, mergullo e cruceiros á tardiña.

  1. J. Maarten Troost, Getting Stoned with Savages, Broadway Books, 2006 (ISBN 0-7679-2199-2).

Ligazóns externas

editar