Diego de Rojas
Diego de Rojas, nado en Burgos, España no ano 1500 e finado na Provincia de Santiago del Estero en 1544,[1] foi un explorador, adiantado e conquistador español de mediados do século XVI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1500 (Gregoriano) Burgos, España |
Morte | 1544 (43/44 anos) Santiago del Estero, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | explorador, militar |
Carreira militar | |
Lealdade | España |
Rango militar | capitán |
Exploracións e conquistas en América
editarChegou á cidade de Santo Domingo en 1516. Máis adiante, en 1522 trasladouse á Nova España onde estivo baixo as ordes de Hernán Cortés. Posteriormente formou parte do exército conquistador de Pedro de Alvarado, participando nas conquistas dos actuais México, Guatemala e O Salvador.[1]
Conquista de O Salvador
editarTrala segunda fundación de San Salvador en 1528, foi enviado xunto a outros capitáns para terminar a conquista do que agora é O Salvador.[2] Iniciando en 1529 a conquista da zona oriental de O Salvador, dominado polos indíxenas lencas.
Tomado preso por Martín Estete, enviado de Pedrarias Dávila para apropiarse de San Salvador e conquistar os territorios lencas, foi liberado cando o capitán Francisco de Orduña derrotou a Martín Estete.
Estableceuse en Acajutla a finais de 1532 e xunto a Pedro de Portocarrero foron os encargados da conquista e a pacificación dos pobos indíxenas da Costa do Bálsamo.
Conquista e exploración do Perú e a Arxentina
editarEn 1536 viaxou ao que agora é Perú, como parte dun corpo de auxilio para axudar ao exército de Francisco Pizarro. Entre 1538 e 1539 participou na conquista da provincia de Charcas, onde foi o seu primeiro gobernador.[1]
Grazas á expedición de Francisco César, chegaron ao Perú novas da existencia do río da Prata e dunha gran cantidade de riquezas de ouro, prata e pedras preciosas (esmeraldas), así como tamén gando e indíxenas ben vestidos. É por isto que en 1543, o gobernador do Perú Cristóbal Vaca de Castro, deu permiso ao capitán Diego de Rojas para organizar unha expedición a esas terras xunto a Felipe Gutiérrez y Toledo e Nicolás de Heredia. Autorizounos a cruzar a través da Serra Nevada e ingresar á rexión que os incas denominaban Tucmao ou Tucumán.
Entrada ao Tucumán
editar- Artigo principal: Entrada de Diego de Rojas ao Tucumán.
Gutiérrez e Heredia achegaron cada un a suma de 30 000 pesos e xuntaron uns 300 españois con 200 cabalos, arredor de 100 negros e uns 10 000 yanaconas.
Rojas era un home de fortuna posto que tiña unha mina de prata no cerro de Porco, veciñaa a unha propiedade de Gonzalo Pizarro. Antes da súa partida, adquiriu conxuntamente con Felipe Gutiérrez un navío.[3]
Esta exploración foi o primeiro contacto entre os nativos do que agora é o Noroeste arxentino e os europeos. Diego de Rojas partiu á fronte desde a cidade de Cuzco en quendas, para que foran mellor provistos durante a viaxe e para que os indíxenas yanaconas tiveran algo menos de traballo.
Cando a expedición chegou aos Valles Calchaquíes, recibiu novas dos aborixes de que máis ao sur había un gran poboado, cunha zona moi rica en metais de ouro e prata. Foi entón cando avanzou máis cara ao sur entrando no Tucumán.
Tras varios enfrontamentos con indíxenas da zona e acordos de paz con outros, continuaron avanzando cara ao sur da actual Provincia de Santiago del Estero. Na zona de Maquijata, actual Villa La Punta, produciuse outro enfrontamento con indíxenas da zona no que Rojas resultou ferido nunha perna cunha frecha envelenada. Tras agonizar varios días, finou en xaneiro de 1544.[4]
Legado
editarRojas foi o descubridor do actual Noroeste Arxentino. A súa expedición ten o mérito de ter descuberto e explorado de punta a punta todo o Tucumán ata a provincia de Córdoba (Arxentina). Foi a unión do Perú co Río da Prata.
Esta expedición serviu para descubrir as nacións indíxenas que poboaban o territorio: os calchaquíes, os diaguitas, os tonocotés, os lules e os comechingones.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 La Nación. "Diego Rojas". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 18 de setembro de 2008.
- ↑ HISTORIA DE EL SALVADOR Arquivado 16 de marzo de 2014 en Wayback Machine. Marc GUIBLIN, UNIVERSITÉ DE PARIS IV-SORBONNE, Centre d'Études ibériques et latino-américaines appliquées (C.E.I.L.A.)
- ↑ Lizondo Borda, Manuel: "Descubrimiento del Tucumán (el pasaje de Almagro, la entrada de Rojas y el itinerario de Matienzo", Tucumán, 1943, página 16.
- ↑ 4,0 4,1 Castiglione, Antonio Virgilio (2012). Historia de Santiago del Estero: Muy Noble Ciudad: Siglos XVI, XVII y XVIII. Santiago del Estero, A.V. Castiglione, 2012. ISBN 978-987-33-1908-2.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Diego de Rojas Arquivado 05 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
- Los padecimientos de la gran entrada de Diego de Rojas. Revista UCM (en castelán)