Condado de San Mateo, California
O condado de San Mateo (en inglés San Mateo County) é un condado situado na área da baía de San Francisco no estado de California. Cobre a meirande parte da península de San Francisco, xusto ao sur da cidade de San Francisco e ao norte do condado de Santa Clara. O aeroporto internacional de San Francisco está situado no límite norte do condado, e Silicon Valley comeza no límite sur. No ano 2010 tiña unha poboación de 718.451 habitantes. A súa capital é Redwood City. É un condado fortemente demócrata, etnicamente diverso e adiñeirado. As súas zonas urbanizadas son principalmente suburbanas, con algunhas áreas moi urbanizadas, e é fogar de varias sedes corporativas.
San Mateo County (en) | |||||
Epónimo | Mateo o Evanxelista | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Capital | Redwood City | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 764.442 (2020) (398,35 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 283.693 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.919 km² | ||||
Auga | 39,48 % | ||||
Bañado por | Baía de São Francisco (pt) e Océano Pacífico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1856 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código de departamento INSEE | 06081 | ||||
Identificador GNIS | 277305 | ||||
Sitio web | smcgov.org | ||||
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condado de San Mateo, California |