Condado de Flandres
O condado de Flandres foi unha entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do reino de Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987).
Graafschap Vlaanderen (nl) Comté de Flandre (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Bruxas | ||||
Poboación | |||||
Relixión | catolicismo | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 866 | ||||
Disolución | 17 de outubro de 1797 | ||||
Sucedido por | Primeira República Francesa | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Independizouse deste reino en 1302, uníndose ao Ducado de Borgoña en 1384. En 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549.
Desde 1713 a 1790 foi unha posesión do Imperio austríaco e, en 1790, formou parte dos efémeros Estados Unidos de Bélxica, desaparecendo definitivamente en 1795 coa invasión francesa.
Historia
editarPrimeiros séculos
editarO condado de Flandres fundouse a finais do século IX como feudatario do reino de Francia Occidental sobre a base das posesións do primeiro conde titular, Balduíno I de Flandres Brazo de Ferro, que abarcaban entón os territorios dos contornos de Bruxas, Gante e Bergues (esta última localidade situada hoxe en Francia).
A súa capital foi primeiramente Bruxas e, despois, Gante.
Os sucesores de Balduíno consolidaron a entidade e ampliaron progresivamente o seu territorio, tras incorporar o condado de Hainaut, gañando en poder e influencia dentro dos países flamengos do Sacro Imperio Romano Xermánico, alcanzando o seu apoxeo económico a mediados do século XII.
Porén, a herdanza da condesa Margarida II de Flandres dividiuse tras unha guerra entre os seus descendentes e, mentres que Hainaut foi reclamado para o condado de Holanda, Flandres sería máis tarde incorporado pola forza ás posesións da coroa de Francia.
Baixo os Habsburgo españois
editarA finais do século XV, como resultado de diferentes alianzas de familia, o condado de Flandres foi transmitido á casa de Borgoña e, baixo o duque Filipe III de Borgoña, volveu a reunirse co condado de Hainaut.
Estas posesións pasaron á casa de Habsburgo e, entre 1519 e 1700, os reis de España foron tamén titulares do condado de Flandres. Deste xeito, baixo o poder español o condado de Flandres foi un dos territorios que conformaron as Dezasete Provincias.
A Guerra dos Oitenta Anos marcaría o comezo dunha época de pobreza e decadencia para o condado. En 1580 o condado de Flandres incorpórase á Unión de Utrecht, aínda que non se integraría na posterior República das Provincias Unidas.
Baixo os Habsburgo austríacos
editarTras a Guerra de Sucesión española, o condado foi ocupado militarmente polas tropas británicas e transferido nominalmente á casa dos Habsburgo de Austria, que o conservaron como título nominal honorífico até 1919.
En 1795 a rexión foi conquistada polos revolucionarios franceses. Porén, tras o Congreso de Viena, en 1815, pasou a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos.
Fin do condado
editarTras a constitución do reino de Bélxica en 1830, o territorio do condado foi fragmentado desde entón na rexión belga homónima, o Flandres francés (departamento de Norte) e unha parte da provincia de Zelandia (Flandres zelandés), ao sur dos Países Baixos.
Galería
editar-
Flandres no século IX
-
O condado de Flandres a principios do século XVII
-
Bandeira
-
Escudo
Mapas históricos da marca e do condado de Flandres
editar-
Marca de Flandres 866-892
-
Marca de Flandres 892-918
-
Marca de Flandres 918-933
-
Marca de Flandres 933-964
-
Marca de Flandres 964-965
-
Marca de Flandres 965-987
-
Marca de Flandres 987-1035
-
Marca de Flandres 1035-1046
-
Marca de Flandres 1046-1053
-
Marca de Flandres 1056
-
Marca de Flandres 1056-1071
-
Marca de Flandres 1071-1076
-
Marca de Flandres 1076-1119
-
Flandres 1119-1182
-
Flandres 1182-1185
-
Flandres 1185-1191
-
Flandres 1191-1200
-
Flandres 1200-1212
-
Flandres 1212-1214
-
Flandres 1214-1218
-
Flandres 1218-1237
-
Flandres 1237-1280
-
Flandres 1280-1299
-
Flandres 1299-1302
-
Flandres 1302-1305
-
Flandres 1305-1323
-
Flandres 1323-1345
-
Flandres 1345-1369
-
Flandres 1369-1382
-
Flandres 1382
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Flandres |
Outros artigos
editar Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |