Xosé Carlos López Bernárdez
ensaísta literario galego
(Redirección desde «Carlos López Bernárdez»)
Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Vigo, España |
Formación profesional | Xeografía e Historia |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, é profesor de Lingua e Literatura Galegas.[2] Ademais de estudar Cabanillas, ten no seu haber outros traballos sobre autores como Dieste, Blanco Amor, Manuel Antonio ou Xosé María Álvarez Blázquez. É, ademais, un especialista na arte de autoras e autores como Maruxa Mallo, Colmeiro ou Seoane.
É colaborador de Nós Diario cunha sección de arte no semanario Sermos Galiza.[3] Tamén desenvolveu a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.[4]
Obras
editarEnsaio
editar- De catro a catro de Manuel Antonio (1991). Edicións do Cumio.
- Breve historia da arte galega (2005). Nigra.
- Lorenzo Varela: Biografía e antoloxía (2005). Xerais.
- Lorenzo Varela: Vida e obra (2005). Xerais.
- Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez: escolma de textos (2008). Galaxia.
- Maruja Mallo: a pintura da nova muller (2010). Nigra Trea.
- Faces do país. O retrato en Galicia 1890-1950 (2011). Fundación Novacaixagalicia, Vigo.
- Manuel Colmeiro (2011). Galería Montenegro, Vigo.
- Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (2012). Nigra.
- Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (2016). Laiovento.[5]
- Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta (2020). Laiovento. 145 páxs. ISBN 978-84-8487-464-5.
- Unha historia da arte galega (2023). Santiago: Laiovento. 308 páxs. ISBN 978-84-8487-617-5.[6]
Edicións
editar- Poesía galega, de Lorenzo Varela (1990). Xerais.
- A emoción da terra. Poesía de Vicente Risco (1994). Espiral Maior.
- A pega rabilonga. Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez (2008). Galaxia.
- Samos, de Ramón Cabanillas (2009). Xerais.
Traducións
editar- Obxectivo: Estadio olímpico, de Eduard José (1993). Edicións do Cumio.
- Xente deste mundo e do outro, de Pablo Antón Marín Estrada (1996). Edicións do Cumio.
- Calliope, Glimpses of a poetic tongue, 1997, ao inglés.
- Calliope, Petites langues de poésie, 1997, ao francés.
Obras colectivas
editar- Fírgoas, de Manuel Luís Acuña (1992). Xerais. Con Ramón Nicolás.
- Eduardo Blanco-Amor, Sempre en Auria (1993). Xerais.
- Cincuenta anos de poesía galega (1994). Penta. Con Xosé María Álvarez Cáccamo.
- Rafael Dieste. Heterodoxia e paixón creadora (1995). Xerais.
- Obra dramática de Ramón Cabanillas (1996). Xerais. Con Manuel F. Vieites.
- Literatura, século XX (2001). A Nosa Terra.
- O romanceiro en lingua galega (2002). Xerais, en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro.
- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Bestiario en pedra: animais fabulosos na arte medieval galega (2004). Nigra. Con Xosé Ramón Mariño Ferro.
- Diáspora. Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (2005). Fundación Luis Seoane e o MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo en colaboración co CGAI Centro Galego das Artes da Imaxe. Con Miguel Anxo Fernández.
- Lorenzo Varela, fotobiografía (2005). Xerais.
- Romancero popular gallego, de Alfonso Hervella Courel (2011). Nigra. Coeditor, con Xosé Ramón Mariño Ferro.
Premios
editar- 2024: XX Premio Ramón Cabanillas pola súa edición do poemario Samos (Xerais, 2010) e Obra dramática de Ramón Cabanillas (Xerais, 2001), que realizou xunto a Manuel F. Vieites.[7]
Notas
editar- ↑ "Carlos López Bernárdez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-05-28.
- ↑ "Xosé Carlos López Bernárdez - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-05-28.
- ↑ Diario, Nós (2023-05-05). "Carlos L. Bernárdez: A memoria da arte galega". Nós Diario. Consultado o 2024-05-28.
- ↑ A.M (2024-05-25). "El investigador vigués Xosé Carlos López Bernárdez recibe el premio Cabanillas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-05-28.
- ↑ "Edicións Laiovento - UN PINTOR QUE SABÍA O QUE FACÍA". laiovento.gal. Consultado o 2024-05-28.
- ↑ Ledo Arias, Agar (Abril, maio, xuño 2024). "Ler a historia da arte galega aquí e agora". Grial LXII (242): 93. ISSN 0017-4181.
- ↑ Diario, Nós (2024-05-26). "Carlos L. Bernárdez gaña o XX Premio Cabanillas". Nós Diario. Consultado o 2024-05-28.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Atalaia Consello da Cultura Galega.
- Pintores de Galicia (2013). TVG. Interveñen Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro, Carlos Bernárdez e Fernando Vilanova.