Bislama
O bislama é unha lingua crioula melanesia falada principalmente en Vanuatu. Ademais é unha das linguas oficiais xunto co inglés e o francés. É a lingua principal de moitos dos ni-Vanuatu Urbanos (os que viven en Port Vila e Luganville), e a segunda lingua para o resto dos habitantes do país.
Bislama | ||
---|---|---|
Falado en: | Vanuatu | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 10.000 200.000 (como segunda lingua) | |
Posición: | non está entre as 100 maiores | |
Familia: | Inglés crioulo Pacífico Bislama | |
Escrita: | latina | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Vanuatu | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | bi
| |
ISO 639-2: | bis | |
ISO 639-3: | bis
| |
Mapa | ||
Status | ||
O bislama é unha mestura de palabras do inglés, francés e as linguas aborixes das familias do norte, centro e sur do arquipélago, cunha sintaxe máis parecida a unha lingua de Vanuatu.
Está moi relacionado co tok pisin de Papúa Nova Guinea, o Pijin das illas Salomón e o broken do Estreito de Torres en Australia.
O himno nacional, Yumi, Yumi, Yumi, está escrito en bislama.
Historia
editarMilleiros de ni-Vanuatu foron recrutados para traballar en Queensland, Australia, así como nas plantacións de Fidxi entre 1870 e 1880. Coas linguaxes que se falaban nestas plantacións creouse un pidgin.
A orixe do nome
editarA orixe do Bislama, antes chamado Bichelama, provén do século XIX coa palabra "Beach-la-mar" do francés "bêche de mer", cogombro de mar. A mediados dese século, os cogombros de mar foron colleitados e secados, ó mesmo tempo que os sándalos foron colleitados. O nome vén asociado coa clase de pigdin que usaron os traballadores, tanto por eles mesmos como polos habitantes británicos.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Bislama |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Camden, William. 1979. Parallels in structure and lexicon and syntax between New Hebrides Bislama and the South Santo language spoken at Tangoa. In Papers in Pidgin and Creole Linguistics, No.2. Pacific Linguistics, A-57. Canberra: Australian National University. pp. 51–117.
- Charpentier, Jean-Michel. 1979. Le pidgin bislama(n) et le multilinguisme aux Nouvelles-Hébrides. Langues et Civilisations à Tradition Orale 35. París: SELAF.
- Crowley, Terry (1990). Beach-la-Mar to Bislama: The Emergence of a National Language in Vanuatu. Oxford Studies in Language Contact (en inglés). Oxford: Clarendon Press. p. 422..
- Crowley, Terry (1995). An Illustrated Bislama-English and English-Bislama Dictionary. Oxford Studies in Language Contact (en inglés). Port Vila: Pacific Languages Unit and Vanuatu Extension Centre, University of the South Pacific. p. 478.
- Crowley, Terry (2000). "The language situation in Vanuatu". Current Issues in Language Planning (en inglés) 1 (1): 47–132. doi:10.1080/14664200008668005.
- Crowley, Terry (2004). Bislama Reference Grammar. Oceanic Linguistics Special Publication No. 31 (en inglés). Honolulu: University of Hawai'i Press.
- François, Alexandre (2012). "The dynamics of linguistic diversity: Egalitarian multilingualism and power imbalance among northern Vanuatu languages". International Journal of the Sociology of Language (en inglés) 2012 (214): 85–110. doi:10.1515/ijsl-2012-0022.
- Tryon, Darrell T.; Charpentier, Jean-Michel (2004). Pacific Pidgins and Creoles: Origins, Growth and Development (en inglés). Berlin: Mouton de Gruyter. ISBN 3-11-016998-3.