Unha lingua oficial é a lingua consagrada na constitución ou no ordenamento xurídico dun país, estado ou outro territorio como a lingua adoptada oficialmente nese país, estado ou territorio.

Características

editar

Con todo moitos países que non teñen recoñecida lingua oficial si contan con linguas oficiais de feito, é o caso dos Estados Unidos de América que pese a non contar con lingua oficial ten o inglés como lingua habitual da administración, da xustiza ou da educación. Noutros países as linguas oficiais do estado e dos territorios poden diferir, é o caso de Bélxica que ten como linguas oficiais o alemán, francés e holandés para as institucións estatais pero non todas son oficiais en cada un dos territorios nos que se divide Bélxica, ou o caso de Finlandia no que o finés e sueco son oficiais para as institucións estatais pero logo cada concello segundo o número de falantes ten dúas ou unha soa lingua oficial, constituíndo o arquipélago das Aland un caso especial con só o sueco como lingua oficial.

Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de Portugal, do Brasil e dos PALOPs, outros teñen máis dunha, casos de Timor-Leste, país no que son oficiais o portugués e o tetum, ou, fora do espazo lusófono, de países como a Bélxica, Suíza, Suráfrica ou Paraguai, entre outros.[Cómpre referencia]

Algúns países atribúen aínda estatuto de lingua oficial a certas linguas en partes do seu territorio. Esas linguas son linguas oficiais nesas áreas, coexistindo alí coa(s) lingua(s) oficial(is) do estado. É o caso en España, do galego (en Galiza), do éuscaro (en Euskadi e en Navarra) e do catalán (na Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana), é o caso do portugués e do inglés na República Popular da China, co-oficiais, respectivamente, en Macau e Hong Kong, e é o caso do mirandés en Portugal, co-oficial na Terra de Miranda.

Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da ONU ou a Unión Europea.[Cómpre referencia]