CB Collado Villalba
O Club Baloncesto Collado Villalba é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Collado Villalba, Madrid. Durante a temporada 1990−91 o club fusionouse co Atlético de Madrid e pasando a ser sección de baloncesto deste equipo co nome de Club Baloncesto Atlético Madrid-Villalba. Despois da desaparición do equipo outros clubs tentaron ocupar o seu lugar, como o Villablanca e Basket Villalba 98, os cales se fusionaron en 2011 para formar a Unión Baloncesto Villalba.[1]
CB Collado Villalba | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1922 |
Desaparición | 1993 |
Historia | CB Collado Villalba (1922–1990) CB Atlético Madrid-Villalba (1990−1991) |
Cores | Amarelo, verde, branco |
Localización | |
Cidade | Collado Villalba, España |
Pavillón | Pabellón Municipal |
Capacidade | 3 500 |
Historia
editarO Club Baloncesto Collado Villalba foi fundado no ano 1922. Durante toda a súa historia tivo diversas denominacións por motivos de patrocinio. Durante os primeiros anos da existencia da ACB, o equipo da serra de Madrid tivo patrocinadores bancarios. Primeiro foi coñecido como Bancobao Villalba, sendo despois o banco vasco BBV o que patrocinaría ao equipo. Na temporada 1990−91 desembarca no equipo Jesús Gil y Gil, convertendo ao equipo nunha sección do Atlético de Madrid.[1]
O equipo estaba dirixido por Clifford Luyk, mais despois da destitución deste, chegou ao banco Tim Shea. En canto aos xogadores, destacaba o par de estadounidense formado por Walter Berry e Shelton Jones, aos cales se unían nacionais solventes como Javier García Coll, Javier Gorroño e Carlos Gil. O equipo chegou a xogar play off e clasificarse para competición europea. Con todo, a aventura baloncestistica en ACB de Gil sería efémera e ao ano seguinte deixaría o patrocinio do equipo. Na temporada 1991−92, sen patrocinador e cun equipo formado tamén por unha gran parte de norteamericanos, Mark Landsberger e Henry Turner, o equipo elude o descenso no playoff pola permanencia. Porén, a delicada situación económica fai que o club venda a súa praza en ACB e desapareza do baloncesto de elite. En total chegou a disputar 226 partidos na liga ACB, con 93 vitorias e 133 derrotas.
Patrocinios
editarPor motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Bancobao Villalba (1987−1988)
- BBV Villalba (1988−1990)
- Atlético de Madrid-Villalba (1990−1991)
Xogadores
editarDestacados
editarHistorial
editarO seguinte é o historial do club na máxima categoría.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1983–84 | 2 | 1ª Div. B | 3º | 17–9 | ||||||
1984–85 | 1 | ACB | 16º | 4–26 | ||||||
1985–86 | 2 | 1ª Div. B | 8º | 12–16 | ||||||
1986–87 | 2 | 1ª Div. B | 2º | 21–13 | ||||||
1987–88 | 1 | ACB | 13º | 10–22 | Copa Príncipe | OF | ||||
1988–89 | 1 | ACB | 12º | 27–14 | Oitavos de final | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 11º | 19–21 | Primeira rolda | |||||
1990–91 | 1 | ACB | 8º | 19–19 | Primeira rolda | |||||
1991–92 | 1 | ACB | 22º | 11–28 | Terceira rolda | 3 Copa Korać | DF | 2–2 | ||
1992–93 | 2 | 1ª Div. | 23º | 18–18 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Historia de UB Villalba". ubvillalba.com.