Antonino Pío

emperador romano entre 138 e 161

Antonino Pío (138-161) foi un emperador romano, pertencente á dinastía dos cinco bos emperadores. Sucedeu a Adriano, que o adoptara como fillo.

Modelo:BiografíaAntonino Pío

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Titus Aelius Hadrianus Antoninus Augustus Pius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Titus Aurelius Fulvus Editar o valor en Wikidata
19 de setembro de 86 Editar o valor en Wikidata
Lanuvium (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 161 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Lorium (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepeste Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor en Wikidata
15º Emperador romano
10 de xullo de 138 – 7 de marzo de 161
← HadrianoMarco Aurelio, Lúcio Vero (pt) Traducir →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Cinco bos emperadores e principado Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAntoninos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFaustina a Maior Editar o valor en Wikidata
ParellaGaleria Lysistrate Editar o valor en Wikidata
FillosMarcus Aurelius Fulvus Antoninus
 () Faustina a Maior
Marcus Galerius Aurelius Antoninus
 () Faustina a Maior
Aurelia Fadilla
 () Faustina a Maior
Marco Aurelio, fillo adoptivo
 () Marco Ânio VeroDomícia Lucila
Faustina
 () Faustina a Maior
Lúcio Vero, fillo adoptivo
 () Lúcio ÉlioAvídia Editar o valor en Wikidata
PaisTito Aurélio Fulvo, o Jovem
Hadriano Editar o valor en Wikidata  e Arria Fadilla Editar o valor en Wikidata
IrmánsJulia Fadilla
Arria Lupula Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Antoninus Pius)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Orthodox Theological Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1188052 WikiTree: Pius-1 Find a Grave: 34872570 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Con Antonino Pío, itálico de ascendencia gala, a Pax Romana e a estabilidade política chegaron ao seu cumio. Antonino contaba máis de 50 anos cando accedeu á maxistratura suprema e tiña unha ampla experiencia tras unha vida dedicada ao servizo do Estado, ao longo da cal fora cuestor, pretor, cónsul e gobernador en Italia e Asia. Como membro do Consilium principis estivera a carón de Adriano.

Dentro das fronteiras do Imperio reinou a paz, pero non así nas fronteiras mesmas. Nun primeiro momento houbo de asulagar unha rebelión das tribos mauritanas, ás que puido rexeitar cara ao Atlas, e despois foille preciso acudir a Britania, para conter a invasión dos brigantes, unha tribo que xa causara moitas perdas aos romanos. Esta tribo, orixinariamente establecida entre os ríos Forth e Humbert, rachou despois da súa derrota, e unha rama emigrou para a Irlanda. Antonino decidiu entón de facer outra muralla ao xeito de Adriano (142), pero un pouco máis ao norte, dende o Firth of Forth a Firth of Clyde, na liña das actuais cidades de Edimburgo e Glasgow.

No ámbito interno, Antonino non foi un reformador nin se distinguiu por ser un construtor de monumentos e obras públicas. As institucións seguiron un funcionamento normal, tras as medidas tomadas polos emperadores precedentes. As iniciativas centráronse en procurar benestar para os romanos e as xentes do Imperio mediante donativos, fundacións benéficas, axudas con motivo de sinistros, acollida para os orfos, pobres etc... A sorte dos escravos mellorou dentro do que o sistema daba de si, humanizándose as súas condicións de vida.

Antonino foi tamén un bo administrador, protector da agricultura e demais actividades produtivas, tolerante en materia relixiosa se os cultos foráneos non implicaban subversión da orde establecida.

Véxase tamén

editar
Imperio Romano

Segue a:
Adriano
Antonino Pío
Precede a:
Marco Aurelio
Dinastía dos Antoninos