A Graña, O Castro, Begonte

lugar da parroquia do Castro, no concello de Begonte

A Graña é un lugar da parroquia do Castro, no concello lugués de Begonte. Forma un único núcleo xunto coa Graña (Bóveda).

A Graña
ParroquiaO Castro
ConcelloBegonte
Coordenadas43°09′19″N 7°44′23″O / 43.155267217422, -7.7397282438449
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo A Graña deriva do latín Grania/Granea, referido a un celeiro ou hórreo onde gardar o gran.[1]

Historia

editar

Na Graña houbo un convento de frades beneditinos, da orde do Císter, do que aínda quedan restos. A súa existencia está documentada no ano 1019, xunto coa doutro convento de monxas situado en Senande (Donalbai), xa desaparecido. Atopouse un sartego antropomorfo. No ano 1184 había doce monxes e mais o abade.[2]

En 1187 o rei Fernando II fíxolle doazón ó mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes da granxa de Constantín, que tiña xurisdición sobre as parroquias de Bóveda, Vilariño e O Castro, entre outras.

Lugares e parroquias

editar

Lugares do Castro

editar
Lugares da parroquia do Castro no concello de Begonte (Lugo)

O Castro | A Graña | Insua | O Muíño | O Navallo | O Ollo | Porto do Barco | Roibás | Saamil

Parroquias de Begonte

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Begonte

Baamonde (Santiago) | Baldomar (San Xoán) | Begonte (San Pedro) | Bóveda (Santalla) | Carral (San Martiño) | O Castro (Santa María) | Damil (San Salvador) | Donalbai (San Cristovo) | Felmil (Santiago) | Gaibor (San Xiao) | Illán (Santiago) | Saavedra (Santa María) | San Fiz de Cerdeiras (San Fiz) | San Martiño de Pacios (San Martiño) | San Vicente de Pena (San Vicente) | Santalla de Pena (Santalla) | Trobo (Santa María) | Uriz (Santo Estevo) | Virís (Santa Helena)

  1. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 51-52. ISBN 978-84-947823-2-9. 
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2005). "A granxa cisterciense de Costantín en Begonte". Lucensia (30): 147–158.