Rafael Permuy
militar e historiador galego
Rafael Permuy López, nado en Ferrol en 1949 e finado na mesma cidade o 5 de novembro de 2024, foi un militar e historiador galego, especializado en historia bélica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Ferrol, España |
Morte | 5 de novembro de 2024 (74/75 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Campo de traballo | Idade Contemporánea |
Ocupación | Comandante, editor colaborador, historiador |
Traxectoria
Ingresou no exército no ano 1973, no corpo de Artillería, onde chegou a ser comandante[1] e onde se retirou.
Como historiador, centrado especialmente na historia da aviación militar en España, accedeu como membro aos consellos Executivo e Asesor do Servizo Histórico e Cultural do Exército español. Moitas das súas obras (unha cincuentena) escribiunas a canda Lucas Molina. Tamén foi un intenso colaborador da prensa local[2].
Obra
Algunhas obras:
- Stukas en España: Las unidades de bombardeo en picado de la Legión Cóndor
- El ataque japonés a Pearl Harbour: El 7 de diciembre de 1941 ha pasado
- Aviones checoeslovacos en la Guerra Civil española (2023).
Vida persoal
Foi tío do fotoxornalista Xosé Couso e dos seus irmáns Javier Couso e David.
Notas
- ↑ "Fallece el periodista e investigador militar Rafael Permuy a los 75 años de edad". El Correo Gallego (en castelán). 2024-11-05. Consultado o 2024-11-05.
- ↑ "Fallece el periodista Rafael Permuy, colaborador de Diario de Ferrol". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2024-11-05.