12 de decembro de 2016
Decembro 2016: "Mala ciencia nos medios: maldade ou estupidez?"
En decembro adiantamos a charla. No canto do último venres de cada mes, esta vez será o día 16.
Teremos en Escépticos no Pub a Pablo Linde. Pablo é xornalista en El País, onde está especializado en temas de desenvolvemento, saúde e ciencia. Recentemente gañou o Premio Boehringer de xornalismo en medicina, o Accenture de innovación e o Prisma de divulgación científica.
Falaremos dun tema moi de actualidade: "Mala ciencia nos medios: maldade...
21 de novembro de 2016
Novembro 2016: "Matade ao científico"
O venres 25 de novembro teremos en Escépticos no Pub a Jose A. Pérez Ledo (@mimesacojea). Jose é xornalista, guionista e director de televisión. Foi o creador e director dos programas "Órbita Laika" e "Ciudad K" emitidos en TVE2. Foi tamén o creador e director de "Escépticos", programa de ETB2. Adoita participar e escribir en varios medios de comunicación.
A charla ten un título ben peculiar...
Que teñen en común o 15-M, o reiki,...
26 de outubro de 2016
Outubro 2016: "Virus, pandemias e pandemonium"
Este venres 28 teremos en Escépticos non Pub ao médico infectólogo Jose Luis Cañada Merino (membro tamén da Fundación Io e do Círculo Escéptico). O título da charla é: "Virus, pandemias ou pandemónium?".Seguro que moitas veces asaltáronche cuestións, dúbidas ou mitos sobre a gripe, as pandemias, os virus e todo o relacionado coa microbioloxía. Que mellor ocasión para aprender do tema!O venres 28 de outubro ás 21.00 no Airas Nunes de Compostela....
23 de setembro de 2016
Setembro 2016: "Nativos dixitais"
Aínda cando grazas a Internet temos un acceso como nunca antes á información seguimos caendo como chineses nos enganos máis bastos, algo do que tan sequera os supostos nativos dixitais están libres. Na charla tentaremos dar algunhas pautas para non caer nestes enganos.
O venres 30 de setembro ás 21.00 no Airas Nunes de Compostela teremos ao gran Javier Pedreira (AKA Wicho) coautor da web Microsiervos. A charla titularase...
23 de abril de 2016
Abril 2016: "Nin idade, nin media"
Ninguén con formación historiográfica refírese á Idade Media con símiles e termos denigratorios. Pero, en canto se sae fóra do mundo dos historiadores, é corrente escoitar como se asocia o medieval co escuro, o atrasado, o supersticioso; esta visión tenebrosa coexiste con outra, deformada con filtros idealizados e vinculada ao xénero da fantasía historicista.
Ningunha desas visións acerta. Máis aínda, o uso deses tópicos revela ata que punto é preciso...
18 de marzo de 2016
Marzo 2016: "Sectas 2.0: a orixe emocional da enfermidade"
Hoxe, 18 de marzo teremos unha charla titulada Sectas 2.0: A orixe emocional da enfermidade por Emilio Molina.
Faremos un repaso histórico do inicio dunha das pseudoterapias sectarias máis destrutivas que pasou por España, a "Nova Medicina Germánica" e a súa evolución e diseminación no noso país xunto con movementos derivados do mesmo, como a "Biodescodificación" e a "Bioneuroemoción". Ademais de explicar os rumbos que levan a crer nelas...
21 de febreiro de 2016
Febreiro 2016: "Como enferma o cerebro? Ciencia e pseudociencia dos trastornos mentais"
Nos últimos tempos a ciencia puxo luz en moitos aspectos dos trastornos mentais. Con todo, aínda hoxe algunhas crenzas populares, místicas ou pseudocientíficas ponderan máis á hora de pensar en trastornos mentais que o racional, creando mitos acerca delas e de como enferma o cerebro. Este mes propoñémonos destruír da man da psiquiatra Iria Veiga moitos deses mitos e enfocar un pouco máis que sabemos hoxe desde o punto de vista científico dos trastornos...
28 de xaneiro de 2016
Xaneiro 2015: "Mitos alimentarios, desde o biberón á tumba"
O último venres de Xaneiro temos unha charla moi especial. Os mitos acerca dos alimentos están por todas partes: no supermercado, na publicidade, en internet ou nos consellos que ofrecen familiares ou veciños.O dietista-nutricionista Aitor Sánchez derrubará moitos destes mitos e sen dúbida aprenderemos moitísimas cousas interesantes para cambiar a nosa forma de pensar.Vémonos alí!
...
Subscribirse a:
Publicacións
(Atom)