Wikidata:Usuarios bloqueados
Os usuarios bloqueados non poden editar páxinas, cargar ficheiros, trasladar páxinas nin levar a cabo outras accións que permiten algúns dereitos de usuario. Os adminitradores e os outros usuarios con acceso á interface de bloqueo e desbloqueo non poden bloquear outras persoas mentres teñan vixente un bloqueo sobre a súa persoa.
Os usuarios bloqueados poden ver e editar as súas listas de vixilancia. Tamén poden editar a súa páxina de conversa de usuario e/ou enviar mensaxes de correo electrónico mediante Special:EmailUser (só os usuarios rexistrados), a menos que se lles impedise especificamente. Os administradores, os administradores globais e os stewards poden bloquear usuarios (anónimos ou rexistrados).
Política de bloqueo
Baixo a política de bloqueo do Wikidata, os editores poden ser bloqueados por causar problemas regularmente no Wikidata ou por participar nun patrón de abuso noutros proxectos da Wikimedia. Cómpre ter en conta, porén, que todas as políticas do Wikidata están aínda en desenvolvemento e que os administradores teñen actualmente unha ampla liberdade de acción á hora de realizar bloqueos, mesmo cando non estea contemplado explicitamente na política (como, por exemplo, bloquear usuarios con nomes de usuario ofensivos).