Wikidata:Usuarios autoconfirmados
Os usuarios autoconfirmados son aqueles usuarios rexistrados que superaron certos límites.
Hai un número de accións que o Wikidata restrinxe ás contas de usuario que pasan certos límites de idade (tempo desde a creación da conta) e número de edicións. Os usuarios que acadan estes requisitos considéranse parte do pseudogrupo "autoconfirmados". O estado de autoconfirmación compróbase cada vez que o usuario realiza unha acción restrinxida: o software concédeo automaticamente. Malia que os requisitos exactos para o estado de autoconfirmación varían segundo as circunstancias, a maioría das contas do Wikidata con máis de catro días de antigüidade considéranse autoconfirmadas.
O estado de autoconfirmación é necesario para mover páxinas e editar páxinas semiprotexidas. Os usuarios autoconfirmados non teñen que inserir o CAPTCHA case nunca.
Se, por calquera motivo, un usuario non autoconfirmado necesita tales dereitos, un administrador pode confirmalo manualmente.
Notas