Qué é beleza, dentro de min
alguén preguntaba,
ollando a noite estrelecida
esváeseme a alma.
toda a maña esparexendo
arrecendo a maruxía,
sales, argazos e cunchas
sementando pola ría.
Mariñeiros da baixura
ó axexo fostes pescar,
miraba por vos a lúa
grande a
esvarar pola mar.
Canta aquel que perdeu algo
da perda ven o meu canto,
os
paxaros polo seo
eu
por roubárenme tanto .
Xa no recordo me perdo
entre verdes e maduros
entre verdes e maduros
froitos
de cores colgados
das
árbores polo estío.
Cando es miña non te quero
cando te quero non sei porqué
cando quero non sei cómo,
como está a acontecer.
No ruru que a rula canta
por entre a fraga repite
namorarte eu ben quixera
antes que a lúa saíse.
Chove miudiño poalla mesta
escancian deuses no manancial
da terra donda un doce orballo
e un novo día volta a empezar.
Meu corazón cantareiro
vate que vate no tempo
dos desamores que impoñen
a inxustiza io tormento.
Vánseme os ollos detrás de ti
tratando de te seguir,
logo recollo como a mar as ondas
Diástole e Sístole do meu vivir.
Acubillado
entre os brazos
da namorada
te agardo,
cos arumes
rezumando
do seu corpo,
eu calmo.
¿Onde
andaras amorciño
referente
para min
da
felicidade certa,
onde se pode
vivir?
Para a Pili dos silencios
cando en calma,
gurgulla suavemente a súa aura
enchendo a estancia,
de aromas de plácida fragancia
e de apenas bisbiseos
de riseiros silabeos,
que van alegrando o ambiente
e conseguen ir levando
día a día docemente,
a vida que nace e morre
continuamente.
Enxergue a miña alma a chuvia
como quen enxergue a alba,
entre lusco e fusco vese
o que se vai io que acada
Miudiño e persistente
sobre a cidade de Vigo,
vai caendo lentamente
a o seu libre albedrío,
poalla mesta que ensina
que non hai o tal destino.
Si un en verdade soubera
que fai ven e que é o que erra.
Pero hai veces que errando acerta
e noutras crendo acerto tropeza.
Si unha conversa está aberta
non ten principio nin fin,
está facendo o que non está feito
é unha acción en si.
Na dúbida floresce
como na campa aluman,
fachos irreverentes
na noite escura.
Canta meu corazón
cara a saída da alba,
para o día que comeza
e ás sombras que ó lonxe esvaran.
vate que vate o sentido
sobre paredes de carne
ritmo inmanente escribindo
poema en sangue.
Quieto quixera quedarse
un dos dous e non mudarse,
pero nel mesmo arrempuxan,
cara a calquera parte.
Miudiño, miudiño,
vaise facendo este canto
polas paredes da boca,
entóase o desencanto.
Recoñecer en un
a torpeza do mandado,
humildemente facer ver,
o caos tan ordenado
que me comina ó ser
Este modo de cantar é xa tan vello
que soles e lúas pasar xa puideron
dende que alá nas Jonicas cantara,
recollidas dos aedos o rapsoda Omero.
Soedade ben querida
non é triste de por si,
soedade acompañada:
bacío entre ti e min,
e entre os outros que arrodean,
esa si que é triste si.
Aburrido é o parloteo
que se repite cun fin.
¡Que non pase nada novo!,
non se vaia a descubrir
o que cobren as mentiras
tapándono-lo sentir.
Sen embargo, cando un deixa,
que fale a través de si,
razón común que razoa
é que amosa con vivir.
Milagre de intelixencia,
descuberta do senfín,
de medos liberadora
fluíndo a través de min.
Aí non hai aburrimento
nin bocexo nin fastío,
nin cansazo morriñento
que apouque o noso sentido.
Trala mar deitouse o sol
retirouse pra soñar.
Berce de verdes argazos,
arrolos de auga a compás,
velan soños fuxidíos,
ondiñas veñen e van.
Olla o meniño sentindo esvaérselle o serán
cas cores
tralas montañas deitándose pra soñar,
amores
pérdenselle hoxe, na noite volve a encontrar
camiños
entre as estrelas, quen sabe onde o levarán.
Morre o día
ven a noite no ceo as estrelas brillan
eu
ollando para lonxe o luceiro por min mira mentres a lúa se esconde tras das nubes que camiñan
desespero cavilando, en onde
acaba a marabilla.
Lúa que
acubillas lares é familias
e
resaltas guapas as casas da vila
é porque
non sabes das crenzas mas miñas
que
me meten presas e a vida me instigan.
En Lalín
setembro marcea .
“Algarabía” de soños os ventos levan,
“Algarabía” de soños os ventos levan,
sementeira de artes sen fin
despregan,
na praza de Loriga entre
árbores e pedra.
Mar da
ardora que alumastes
camiños pra ir a pescar,
camiños pra ir a pescar,
paseniño, paseniño,
pegadas
sobre da mar
A néboa é mesta e so se ollen leves ondas a
compas
deste corazón que late inmanente son da
mar.
De
preto traen os ventos axirir do cormorán:
aletexos sobre as augas, ondiñas
veñen e van.
Eu vagando pola area, o horizonte da man,
poalla mesta recubre de sombras o litoral,
vagas illas, rouco canto,rompendo nos cons a mar
devalando cara a dentro ecoando no esvarar.
En min rebulen palabras querendo deixar falar
sentimentos pola boca na linguaxe orixinal,
e mudo quedo pra fora, pra dentro quedo a escoitar
á linguaxe razóante no seu puro conversar.
Sixilosamente actúa case como norma
na contra daqueloutros que nunca se conforman
co que está mandado dende enriba, dende a
estancia
en onde iles tratan de nos dirixir as almas.
Sempre a xente irreverente accionando cas
palabras,
desgarrándolles a face, vella e nova tras nomeala
dos disfraces nos que esconde todo poder a
súa trama.
Ás veces o señorío con activa indiferenza
facendo burla da xente esconde a maledicencia
que con saña sibilina emponzoña pola vila,
sementando dende enriba con murmurios e
desidia
tenebrosos desenlaces para as arcas
de múrgaras e gárbilos que atrancan
con duros ferrollos, ás usureiras almas.
Terra a
dentro entre montañas, gardada de tempestades
arrolada polas arbres que musitan as verdades,
sen fin de regos que baixan cantando de cara as mares,
pradais verdes, onde as almas, se remansan de bondade,
acariñando os meus ollos, emitindo suavidade,
penetrando alá moi fondo onde
serena a vontade.
Balados de pedra forman, delimitando na herdade
Balados de pedra forman, delimitando na herdade
minifundios ancestrales conformando a identidade,
pedra
mirada de preto parece que está a decer
cousas que un ben non entende pero sente con lecer.
Verxel da
terra labrega, matafame primordial,
horta
consagrada a ti, Príapo fértil e inmortal.
rompe o día
o sol de marzo aloumiñando as xanelas,
rompe sementes
na terra a sazón da primavera,
xorden á luz
polos sucos plantacións orixinais
que
enterraron mans labregas o xerme que está a brotar.
Alí chícharos
celmosos ensarillándose ó pao
inzan camiño
do ceo reverdecéndollos graos,
alí
tirabeques colgan as súas vainas de estacas,
arrecendo de
frescura que asolaga as nosas almas:
fabas,xudías
e endivias, cogombros deitan nas leiras,
coles longas,
onde aniñan, ciriños pra criadeira,
trina e
gorxea sentires ecoando o meu maxín
deixándonos abraiados,
sen falar, nin discernir.
Alí tamén xorden
allos, cebolas e mais cenorias,
verdes
leitugas recobren, como manto de verduras
a negra
terra labrada, amodiño e con dozura:
patacas,
repolos, pementos, tomates e remolacha,
espárragos,
allos porros, nabos, coles de Bruxelas,
acelgas e
coliflores sementadas pola terra,
espinacas e
amorodos, cabaciño e berenxenas,
perexil pos
adobíos, alcachofas a mans cheas,
nabiza a
esgallo sementan inzando todas as leiras
e veña a
ferver pucheiro pra combatermos o inverno,
fame a
quitar nos mortais a sacra horta facendo.
E no
recordo, puberdade verdeal,
entre fronda
de verduras contemplar
a sombra da
claudieira, sobor do manancial.
Arrolo en
palabras, cinguidas do ar,
risos e
silencios a se entrelazar,
gozos de arrecendo
pululando van
viaxan sen
fin, levando a compas
burbullas
sonoras a estrépitalar
horta no alto de Vales miradoiro cara o val,
Pico Sacro,
lonxe, lonxe, monte Carrio case a man.
Ás costas
coutando as brumas toda a serra do
Candán,
berce que
tanxe cantigas aloumiñador da mar.
Xa rebentou
a claudieira florescendo coma un ramo
de namorado
que brinda ó seu amor encontrado.
¿Serei eu,
cando eu non sei, que son ese
afortunado?,
¿ou acaso
son quen sinto, amor sen nome nin amo,?
puidera ser
eles dous namórante e namorado
que vive
¿quén sabe onde? ceibado do seu vocábulo.
Agora sinto
ceibado de ideais embarullados,
nun maxín
irreverente que forma o común da xente
que non é
nada obediente como debe o bo soldado.
Son mais ven
enrevesado, teimoso e desenganado
dos
dirixentes que verten tanto palabro enleado
pra
confundirmos as mentes das xentes que son decentes
e pretenden
soamente liberarse da semente
dos
entolecidos amos.
Soñando antonte atopeime
con Mininis na Civeive,
conversando alegremente
cas mozas que ao noso rente
van pasando docemente
a carón das nosas faces,
que rezuman abordaxes
de paixóns en onde nace
doce arrecendo que bate
contra fronteiras xurdidas
-
po-las represións vertidas
daqueles que creen que saben
qué é amor e onde aniña.
Mocidade convulsiva
sempre lambendo a ferida,
desleándoselle a alma,
abeberando dor viva,
que gurgullan na Sanguiña
entre as augas cristaíñas
onde se lavan as penas
e queixas que un leva enriva.
Dores e alegrías bailan,
ó mesmo compás camiñan,
mozos e mozas danzando
ríndose cantando e vibran,
cravándosenos nas almas
para sentirmos as liras.
Pois son as festas das Dores
cheas de bandas e soles.
De gaiteiros de punteiros
de buxo e roncos soando,
tons e sons van proclamando
alegrías pola vila:
pasarruas polas bandas,
alboradas que se espallan
entre as casas provocando
gozos nas xentes inxentes
que falan saben e labran.
Amarelan longas leiras
barbudos millos cortados;
canas cortas de ocos duros,
agros recen seiturados.
Sombras de serán de outono,
sobor da terra deitando
ollo de luz que se tumba
mansamente cara un lado,
deixándonos sensacións
que non damos nomeado,
pero que viven sentindo
corazóns que hai latexando.
Balbordo de romaría,
foguetes de cinco estalos,
algarabía de soños
que espertan tódolos anos.
Ás veces quédaseme en soños
navegando o
meu maxín,
imposíbeis
viaxes
que solo
viven alí,
nun submundo
latexante
por embaixo
do existir,
razoando
sentimentos
que me chegan
do sen fin.
“Ouh vos, musas creadoras,
tanxedoras
para min,
criado das
vosas obras,
cantade a
través de eiquí,
deste sitio
que é calquera
que se deixe
seducir,
pola lira
que namora,
descuberta
do sentir.
Namentres
pasa o día canto
e mentres
canto, o mal espanto.
Agardando
polo día que acubilla
bagoas dos
vivos. Como unha escrita
que rengróns
de penas vai facendo
polos sucos
da faciana na caída.
Esvaran pola
face e van regando
xardíns
resecos pola perda,
da nenez que
un día lles roubaron
impoñéndolle
futuros e fronteira,
e agora
cando agroma nos sentires
ronseis de
escumes sobre a mar da vida
revive
corazón alá moi dentro
e flúen
mananciais. En bagoas convertidas.
Hai unha mar
reflectida
nas sombras
da escuridade,
fosforescencias
que amosan
na auga
salgada a compás
das ondas
cando se axitan
pola
escurada en verán.
Mar da
ardora que sinalas
camiños onde
ir buscar
os peixes
cos que alimentas
ás xentes do
teo lugar.
Ardentía
mariñeira,
na penumbra
ir a pescar,
sen lúa que
alume á noite
ollando
sobre da mar.
Serán de
outono pintando
cores por
tras do cumeiro
da serra que
nos resgarda
dos ventos
que trae o inverno.
Candán de
abas violetas
dáslle fondo
os meus desvelos
apousándose
estes ollos
nese poñente
tan belo:
roxos,
grises e amarelos
van
estendendo un mantelo,
figurando un
óleo santo
tralas cumes
do Testeiro
que parece
estar dicindo
este é o
camiño do ceo.
Na noite
escura, alá cando o silencio
se deixa
penetrar dende o meu leito
e as verbas
acaladas xorden dentro
dun maxín
non feitizado polo tempo.
Gurgullan
sentimentos escondidos
tras de
fronteiras a o orden sometido
labrando
sucos nos terreos baldíos
de imaxes que
conciben o sabido.
Alí viven espidos dos xuízos
por maledicencia
e celos xurdidos
do Home que
se cree con dereito
á imporlle ás
outras cousas cadaleito.
Saber é
encerrar aquilo que está vivo,
agora e
sempre rebulindo alá no infindo,
nun plural
sen numero adquirido
nin
fronteiras que lle impidan transmitilo.
Probe ría
que te esconden
con penedos de
cemento,
ancoradoiros
pra iates
e pendellos
pro comercio.
Apenas che
deixan sitio
pra fluír cos
teus desexos
de
mesturarte co inmenso
mar do
descoñecemento.
Onde abrazara-las
augas
salgadas con
doces beixos
que baixaches
das montañas
recollendo do
arrecendo.
De piornos e
codesos,
de follas
dos ameneiros
que o vento
foi estendendo
sobre o teo
leito en silencio.
De folerpas
dondas de ouro
que no
outono van caendo
das árbores
zigzagueando
bailando
danzas co vento.
Dentro do
teu levas roncos
e febles
sons harmoniosos
que tanxeron
co seu corpo
arbres, fentos
e penedos .
Frescos
aromas prenderon
na túa alma
remansada
polas tostas
dos muíños
cando a moa
ó xirar canta,
penetrándoche
os efluvios
que
desprenden da enramada
vexetación
de floridos
narcisos, lirios e malvas.
E agora xa
te mesturas
cas calmas
augas salgadas
que a San
Simón aloumiñan
bambalambando
a enseada,
lingua de
bicos abocan
polo
estuario se espallan
amores que
as augas baixan
dende enriba
da montaña.
E xa o run
run das mareas
deixa e
recolle nas praias
memorias que
se mesturan
de augas
doces e salgadas.
Devalar que
arrastra á fora
mais alá das
Cíes pasan
seguindo
ronseis de espumas
levando
consigo as ansias,
nas sombras
que se acubillan
incrustándose
na alma,
revivindo na
memoria
sentimentos
e lembranzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario