Saltar ao contido

Xosé Lesta Meis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Lesta Meis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1887 Editar o valor en Wikidata
Eirís de Arriba, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 1930 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Eirís de Abaixo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de Oza 
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, autor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
Familia
CónxuxeRogelia Raso Naya Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1315785 BUSC: lesta-meis-xose-1887-1930

Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930,[1] foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de traballar na infancia nas labores agrícolas na súa aldea natal, emigrou a Cuba. Na Habana faise cunha formación autodidacta mentres traballa nas plantacións de azucre. Despois dedícase ao xornalismo, mantendo en Eco de Galicia a sección De mi tierra entre 1925 e 1930 e colaborando n' A Nosa Terra. De regreso a Galicia viviu na Coruña. Formou parte das Irmandades da Fala e estivo vencellado á Xeración do 16.

Foi un dos narradores máis salientábeis da promoción das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi máis próxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verter a súa experiencia autobiográfica.

Casou con Rogelia Raso Naya.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Don José Lesta Meis, nuestro colaborador, ha muerto". El Pueblo Gallego. 23 de decembro de 1930. p. 8. 
  2. Monterroso, X. M. (29/10/1986). "Morreu Rogelia, viva Matilde!". suplemento Cataventos, El Ideal Gallego. 
  3. Iglesias, Xabier (10/10/2012). "Manecho o da rúa". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  4. Iglesias, Xabier (27/9/2014). "Estebo". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  5. Galega, Consello da Cultura. "O CCG presenta tres obras que recuperan a memoria e os debates da emigración galega en diferentes etapas históricas". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2024-11-18. 
  6. Iglesias, Xabier (14/12/2013). "Abellas de ouro". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com. 
  7. "La Voz entrega «Abellas de ouro», trece retratos literarios de Lesta Meis". La Voz de Galicia. 29/9/2002. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]