Saltar ao contido

Xenia (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xenia
Ficha técnica
Título orixinalΞενία
DirectorPanos H. Koutras
ProdutorAlexandra Boussiou
Eleni Kossyfidou
Panos H. Koutras
GuiónPanagiotis Evangelidis
Panos H. Koutras
IntérpretesKostas Nikouli
Nikos Gelia
Patty Pravo
MúsicaDelaney Blue
FotografíaHélène Louvart
Simos Sarketzis
MontaxeYorgos Lamprinos
DistribuidoraFeelgood Entertainment (Grecia)
Pyramide Distribution (Francia)
EstreaFestival de Cannes: 19 de maio de 2014
Francia 18 de xuño de 2014
Duración128 minutos
OrixeGrecia Grecia
Bélxica Bélxica
Francia
XéneroDrama
Na rede
http://inter.pyramidefilms.com/content/xenia
IMDB: tt3186946 Filmaffinity: 421565 Allocine: 228012 Rottentomatoes: m/xenia_2014 Mojo: xenia Allmovie: v603615 Metacritic: movie/xenia Netlix: 80013563 Editar o valor en Wikidata

Xenia (en grego: Ξενία) é un filme grego de 2014 dirixido por Panos H. Koutras. É unha coprodución entre Grecia, Bélxica e Francia. Foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014,[1] e na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2014.[2] Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]

O filme trata sobre dous irmáns, Dany, de 15 anos, homosexual, e Odysseas (Ody), de case 18 anos. A súa nai, unha cantante albanesa, acaba de morrer. Temendo ser deportados, os irmáns marchan de Atenas a Salónica na busca do seu pai grego. Están obsesionados coa cantante italiana Patty Pravo, e Ody, que ten unha gran voz, planea cantar unha das súas cancións nun concurso de talentos.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "2014 Official Selection". Cannes. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  2. "TIFF Adds 'Clouds of Sils Maria' and 'Two Days, One Night,' Reveals 5 More Lineups". Indiewire. 12 de agosto de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  3. "'Xenia': Greece's Submission to the 2016 Academy Awards". Greek Reporter. 4 de setembro de 2015. Consultado o 4 de setembro de 2015. 
  4. Thompson, Anne (3 de setembro de 2015). "Foreign Oscar Submissions So Far". Indie Wire. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  5. Holden, Stephen (11 de outubro de 2015) Xenia: a fraternal bond and a quest en The New York Times. Consultado o 30 de xuño de 2017

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]