Saltar ao contido

Xàbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXàbia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°47′21″N 0°09′47″L / 38.7892, 0.1631
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaMarina Alta Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación29.760 (2023) Editar o valor en Wikidata (433,88 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie68,59 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJose Francisco Chulvi Español (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03730, 03738 e 03739 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03082 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03082 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webva.ajxabia.com Editar o valor en Wikidata

Xàbia (en valenciano: Xàbia, en castelán: Jávea, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano, situado na costa norte da provincia de Alacant, na comarca da Marina Alta. Conta cunha poboación de máis de 34.000 habitantes (INE 2008), dos cales un 53,1% é da inmigración.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado no norte da provincia, atópase xusto na punta máis entrante no mar da costa leste. Atópase a uns 90 km de Eivissa, sendo posíbel nos días claros, visualizar o perfil da illa dende os dous cabos importantes do lugar.

Orografía

[editar | editar a fonte]

O Montgó é o cume máis destacábel e visual da comarca, cos seus máis de 750 m de alzada, serve moitas veces de parapeto das borrascas que veñen do Norte colaborando en gran medida do mantemento do microclima local. Están o cabo de Sant Antoni (ao norte) e o Cabo Prim entre os cales fórmase a baía de Xàbia.

O cabo máis importante xeograficamente é o Cabo da Neu, que representa a parte que máis penetra no mar desta parte da península. Os outros cabos menores son o Cabo Negre e Sant Martí. Hai dúas illas pequenas: a do Portitxol, fronte á praia da "Barraca" e a do "Descobridor", fronte á praia nudista de Ambolo, illa dada en honor dun xabienco, que segundo se conta, estivo na expedición de Colón no descubrimento de América.

Existe un río que cruza do oeste ao leste da comarca chamado Gorgos, é un río de evacuación de auga cando chove, xa que durante case todo o ano atópase seco. A diferenza de localidades próximas como Dénia ou Oliva, Xàbia posúe unha orografía variada, dende un val entre o Montgó e os contrafortes do cabo a Nave e o Puig de Benitatxell, á planicie baixa do "Plá do Saladar" e a alta planicie de "Lles plans" (cabo de Sant Antoni), praias, calas, montaña etc.

Son linguas oficiais o valenciano e o castelán, sendo o primeiro moi estendido entre a poboación natural do lugar. O inglés é a lingua estranxeira máis falada, xa que Xàbia conta cunha poboación duns 6.000 ingleses residentes ao ano, a máis elevada do País Valenciano. O alemán ocupa o segundo posto de lingua estranxeira (uns 2.000 residentes), moi por diante do neerlandés e do francés, italiano, ruso etc. Hai unhas 85 nacionalidades con representantes vivindo en Xàbia.

Xàbia dende o Cabo de Sant Antoni

Segundo un estudo científico realizado polos anos 90, considerouse a Xàbia como o segundo mellor microclima mundial, tras Río de Xaneiro e é que se pode gozar dunha boa temperatura todo o ano cunha media que oscila dos 18 °C aos 24 °C. Xàbia é un lugar escollido polos xubilados estranxeiros para pasar o resto da súa vida. A cor verde é o que predomina na paisaxe, aínda que non chove con moita frecuencia si posúe Xàbia moita auga no seu subsolo (unha posíbel orixe do seu nome sería do árabe Xábiga, que quere dicir algo así como "pozo ou alxibe", da cantidade destes elementos que poboaba o lugar).

A todo isto, existe un río subterráneo, chamado "Moraig" que provén das montañas internas de Pedreguer, onde se pode ver o seu nacemento dentro da cova da Caveira en Benidoleig. As choivas preséntanse co réxime de precipitación mediterráneo, é dicir de moi intensas precipitacións en moi pouco tempo, sendo os meses de setembro-outubro-novembro os de máis choiva. Estas precipitacións típicas do mediterráneo chámanse "gota fría" nesta zona.

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

Ao norte limita con Dénia pola que está separada polo macizo que forma o Montgó. Ao leste está totalmente limitado polo mar Mediterráneo, mentres que ao sur e ao suroeste limita cos municipios de Benitatxell e Teulada. Ao oeste con Jesús Pobre, pedanía de Dénia e con Dénia.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 34.750 habitantes (INE 2008), dos cales un 53,1% é da inmigración. A maior parte dos proveñen doutros países da Unión Europea (11.894 censados, o 39,7% do censo), principalmente británicos (6.833 censados, o 24,6% do censo) e alemáns (1.959 censados, o 6,5% do censo).[1]

Evolución demográfica de Xàbia[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007 2008
Poboación 1.339 2.018 6.606 5.866 6.072 5.503 6.136 5.941 6.029 7.130 10.964 16.603 24.645 29.279 29.923 34.750

Economía

[editar | editar a fonte]

Aínda que a principios do século XX, Xàbia posuía unha economía baseada na agricultura e pesca, foi transformada a finais de devandito século a unha economía totalmente turística, debido ás favorábeis condicións coas que conta para o turismo de sol e praia característico da zona mediterránea.

  1. Fonte: Explotación estadística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.