William Henry Flower
Sir William Henry Flower, nado o 30 de novembro de 1831 en Stratford-upon-Avon (condado de Warwickshire, Inglaterra), e finado o 1 de xullo de 1899 en South Kensington (Londres), foi un cirurxián e zoólogo británico, especializado en anatomía comparada.
Destacou como unha autoridade en mamíferos, especialmente sobre o encéfalo dos primates.
Subministrou soporte a Thomas Henry Huxley nunha controversia sobre o encéfalo humano con Richard Owen, a que sucedeu como director do Museo de Historia Natural de Londres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou medicina no University College de Londres onde, despois de mostrar un gran talento en fisioloxía e en anatomía comparada, obtivo o título de doutor en medicina en 1851. Logo uniuse ao corpo médico do exército, sendo enviado a Crimea como axudante de cirurxía, obtendo unha medalla polos seus servizoa.
Ao seu regreso á Gran Bretaña foi membro do equipo de cirurxía do hospital do Middlesex en Londres. En 1861 sucede a John Thomas Quekett (1815-1861) no posto de conservador do Hunterian Museum no Royal College of Surgeons of England. En 1870 obtivo a cadeira no Hunterian e, en 1884, á morte de Sir Richard Owen (1804-1892), sucedeuno na dirección do Museo de Historia Natural de South Kensington. Tamén sucedeu en 1894 a Albert Charles Lewis Günther (1830-1914) como conservador de zooloxía, función que desempeñou até 1898.
Flower interesouse particularmente na antropoloxía estrutural e realizou un conxunto completo de medidas de máis de 1.300 cranios humanos. Interesouse igualmente na anatomía comparada dos mamíferos (sobre todo des marsupiais, das baleas e dos primates). Foi o primeiro en demostrar que os lémures eran primates.
Flower foi así mesmo o autor de importantes traballos sobre museoloxía e afirmou que cumpría distinguir as coleccións destinadas á instrución do gran público das utilizadas polos especialistas. Fustrigou o antigo modo de mostrar ao público longas series de espécimes que non diferían máis que por un detalle ínfimo da súa anatomía. Puxo en práctica as súas ideas nos museos que tivo ao seu cargo e o éxito que tivo contribuíu moito á difusión das súas teorías e á renovación das pácticas museolóxicas.
Foi membro da Royal Society en 1864.
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]- Diagrams of the nerves of the human body. Londres 1861.
- Observations of the posterior lobes of the cerebrum of the Quadrumana, with a description of the brain of a Galago. Proc Roy Soc 1860-62 xi, 376-81, 508; Phil Trans 1862 185-201.
- Notes on the anatomy of Lithecia Monachus (Geoff.). Proceedings of the Zoological Society of London 9 de decembro de 1862 1-8
- On the brain of the Javan Loris (Stenops javenicus). Read 1862, publ. Zool Soc Trans 1866 103-111.
- On the brain of the Siamang (Hylobatis syndactylis). Nat Hist Rev 1863 279-257.
- Notes on the skeletons of whales in the principal museums of Holland and Belgium, with descriptions of two species apparently new to science. Proceedings of the Zoological Society of London 8 de novembro de 1864, 384-420.
- An introduction to the osteology of the Mammalia. Londres 1870; 2nd ed 1876; 3rd ed with Hans Gadow 1883.
- On the brain of the red Howling Monkey (Mycetes seniculus). Zool Soc Proc 1864 335-338.
- Fashion in deformity. 1885.
- The Horse: a study in natural history. 1890.
- Introduction to the study of Mammals, living and extinct, con Richard Lydekker. Londres 1891.
- Essays on Museums and other subjects. Londres 1898. [inclúe opinións de Huxley e Owen]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Henry Flower |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barber, L. (1980): The heyday of natural history 1820-1870. Cape, Londres: Chapter 'Omnium gatherum'.
- Cornish, Charles J. (1904). Sir William Henry Flower KCB: A Personal Memoir. London: Macmillan.
- Crook, J. Mordaunt (1972): The British Museum. Londres
- Lydekker, Richard (1906). Sir William Flower. Dent, London & Dutton, N.Y.
- Edwards E. (1870): Lives of the founders of the British Museum. Londres.
- Gunther, Albert (1975): A century of zoology at the British Museum. Londres.
- Gunther, Albert (1981): The founders of science at the British Museum, 1753-1900. Halesworth, Londres.