Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de burócratas
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta da redacción da política Wikipedia:Elección de burócratas
Período de votación: 26/2/2016 - 27/3/2016
SI: 6 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
Proposta de redacción dunha política específica para o sistema de Wikipedia:Elección de burócratas, incluíndo actuacións a seguir nos de revogación de permisos por renuncia propia e inactividade, así como un proceso voluntario de "reválida". Ao igual que ata o de agora o proceso de elección de burócratas baseábase na propia Wikipedia:Elección de administradores por non ter unha política propia, este texto está baseado na nova redacción proposta para a política de elección de administradores, mantendo as similitudes nos dous procesos pero adaptando certas cuestións e puntualizacións que fan referencia ós burócratas.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 26 de febreiro de 2016 ás 12:09 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 26 de febreiro de 2016 ás 21:05 (UTC)[responder]
- Concordo --Agremon(contacto) 28 de febreiro de 2016 ás 15:54 (UTC). Apunto a mesma nota que no caso de administradores. Deixo o comentario correspondente embaixo.[responder]
- Concordo --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 28 de febreiro de 2016 ás 23:12 (UTC)[responder]
- Concordo --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de marzo de 2016 ás 16:06 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 18 de marzo de 2016 ás 11:03 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo, na miña opinión non deben permitirse as autopropostas para estes temas, se alguén ten que ser administrador ou burócrata alguén pedirallo, e se iso non pasa será que non debe selo. --Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2016 ás 20:01 (UTC)[responder]
- Neutros
-
- Comentarios
- Abogo por poñer dalgún xeito un límite temporal, a modo de reválida obrigada, que podería ser en dúas partes: un aviso ó cabo de, poñamos, 4 ou 5 anos, no que se lle daría un aviso, comezando a partir de entón un tempo para renovación do estatuto de administrador de un ano. Dita renovación podería facerse por unha votación con maioría sinxela, no momento, dentro dese ano, proposto polo propio administrador. É dicir, sería un trámite sinxelo que tería a misión de lembrar ó propio administrador o seu estatuto e misión. Sei que hai a posibilidade de autorenuncia, pero isto sería a modo de chequeo, primeiro persoal, e logo pola comunidade, da función desenvolta. E apunto isto mirando o meu caso particular: teño como orgullo a miña participación na Galipedia, e por min, non vou renunciar ó estatuto que teño. Tampouco son consciente de andar facendo falcatruadas na web, e coido que estou comprometido coa comunidade. Mais vexo que non chego a uns mínimos de xestión, co que comprendería que se me retiraran privilexios, e unha disposición semellante á que propoño facilitaría o paso á comunidade. Saúdos.--Agremon(contacto) 28 de febreiro de 2016 ás 15:56 (UTC)[responder]