Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 15
Este é un arquivo da sección A Taberna (políticas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 |
---|
Normalización da Lingua Galega | Normalizaçom da Lingua Galega
[editar a fonte]Bos Dias, amigos da Galipedia Veño preguntar cuál é a normativa lingüistica (ortográfica) usada pela Galipedia na escrita do Galego e as mellores solucións. Bom Dia, amigos da Galipedia Venho preguntar quál é a normativa lingüistica (ortográfica) usada pela Galipedia na escrita do Galego e as melhores soluçons.
Normativa da RAG? Normativa da AGAL?
Grazas, --Gato Preto (conversa) 13 de agosto de 2015 ás 10:16 (UTC)
Wikipedia:Toponimia, as formas da RAG e outras formas
[editar a fonte]Boas a todos! En aplicación de Wikipedia:Toponimia, debemos empregar a forma galega dos topónimos. Veño de conversar con Elisardojm sobre as formas "Bos Aires" e "Buenos Aires"... a discusión está en dous cousas, ao meu ver:
- Se as formas alternativas a "Buenos Aires", apoiada pola RAG (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bonaerense.) poden ser consideradas formas válidas ou deben ser consideradas incorrectas (dende o punto de vista de que é a RAG quen fixa a norma).
- Se ditas formas alternativas poden ser empregadas no corpo dos artigos, e especificamente na cabeceira do mesmo (no canto de nas notas), considerándoas correctas.
Topónimos en situación similar a esta son Kenya, Río de Janeiro, Cambodja, Djibuti... Pódese ver a comparativa entre cómo son tratadas as formas "alternativas/incorrectas" entre as entradas de Cambodja e Kenya. Entendo que temos que tomar unha postura global no referente á interpretación da norma nestes casos, cando hai unha forma apoiada pola RAG e outras formas galegas alternativas. Qué pensades? --Norrin (Fálame) 24 de setembro de 2015 ás 13:28 (UTC)
- Comentarios
- Por aclarar, eu tamén preferiría Bos Aires, Xibutí e demais... mais se seguimos a RAG ao corrixir os demais erros, penso que tamén debemos facelo nisto. --Norrin (Fálame) 24 de setembro de 2015 ás 13:32 (UTC)
- Non é exactamente igual, por varias razóns. A primeira é que as opcións que están na RAG son correctas, pero as que non son non son incorrectas. A segunda é que os topónimos non están regulados na RAG. De forma episódica e secundaria temos referencias a eses topónimos, pero a RAG non di "a capital da Arxentina é esta", senón que os bonaerenses son os habitantes de Buenos Aires. Segue sendo a referencia de máis alto nivel que temos, pero non é a referencia definitiva. A terceira é que esas formas teñen un uso histórico comprobado. Así como cando falamos das mazairas tamén mencionamos as maceiras e as maciñeiras, en Buenos Aires deberiamos sinalar tamén a existencia secundaria de Bos Aires. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de setembro de 2015 ás 13:40 (UTC)
- Entendo eu, entón, que se son consideradas formas válidas, poden ser empregadas no texto dos artigos segundo 1eiro editor? É dicir, as formas "non RAG" poderíamolas empregar en calquera lugar agás nos títulos e nas categorías? E seguidamente disto: se por exemplo na RAG temos Tolosa para a vila francesa, mais a Diciopedia di que é "Toulouse"... debemos tomar esta segunda como válida? --Norrin (Fálame) 24 de setembro de 2015 ás 13:46 (UTC)
- Segundo eu o vexo logo da resposta da RAG, esta só fai recomendacións na toponimia foránea, nese senso as súas recomendacións deberan ser o título da páxina, pero outras formas, sempre que se axusten á normativa oficial, se contan con fontes variadas teñen que estar recollidas como formas tamén válidas, isto é que se hai fontes para Franza, p.ex, tras a resposta da RAG non podemos considerar esa forma como incorrecta. Eu non entendo a resposta da Academia pero é a que deron, e hai que aterse a ela, e entón de alguén empregar Franza nun artigo non o podemos corrixir, agás por coherencia interna, isto é habería que respectar o criterio do primeiro editor e se o primeiro editor emprega Franza por coherencia esa é a forma a empregar no resto do artigo, insisto no caso que houbese referencias para esa forma .--HacheDous=0 (conversa) 24 de setembro de 2015 ás 21:10 (UTC)
- (Conflito de edición)Atobar achegou na conversa do artigo Buenos Aires, aquí, un correo que lle remitiron da RAG tratando este tema. O resumo é que a RAG nos topónimos de fóra de Galicia non pode facer unha normalización (pensaba que eran eles os encargados disto, haberá que buscar a outros?), que só fai recomendacións. Segundo eles o que debe usarse é o topónimo do idioma orixinal do lugar, claro que din que hai excepcións coma Nova York, O Xapón e supoño que tamén Londres. Algo din, que debe usarse o topónimo orixinal do lugar, a non ser que sexa unha excepción, pero aí temos o problema, onde atopamos as excepcións?
- Eu penso que, neste caso, a forma Bos Aires é máis que aceptada, hai varias enciclopedias en galego que a usan, e varias normativas de Universidades que a indican, polo tanto penso que debe aparecer no artigo e que debe permitirse o seu uso nos artigos da Galipedia. Agora o que xa non teño tan claro é que facer con outros topónimos que están no mesmo caso. E iso que con Bos Aires hai sorte e todas as fontes que non son a RAG coinciden no termo, sería un lío se cada unha usara unha distinta...
- Por min o que facía era, poñer o nome dos artigos co que recomende a RAG e logo engadir na cabeceira do artigo os usos que teñan referencias nas obras que se consideren axeitadas (enciclopedia X, documento Y) e permitir usar calquera deles nos artigos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2015 ás 21:49 (UTC)
- A norma e forma toponímica empregada é irrelevante sempre que se cite e deixe claro cal é o nome oficial. 83.241.46.175 27 de setembro de 2015 ás 01:58 (UTC)
- Pois entón, Elisardojm, entendemos que calquera forma referenciada en galego vale, non? Pechamos o asunto. Saúdos, e grazas polas achegas. --Norrin (Fálame) 28 de setembro de 2015 ás 18:17 (UTC)
- Home Norrin, calquera forma referenciada..., pero non referenciada de calquera xeito, debe ser unha referencia de calidade, digo eu. Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións) 29 de setembro de 2015 ás 00:24
- E a ser posible con máis de unha fonte e non lexitimalas se só apareceren en fontes de hai décadas, para evitar solucións propostas no seu momento pero que ou ben quedaron obsoletas ou que ninguén secundou, para non dar solucións de p.ex. unha forma que se propuxo wn 1975 por unha fonte acreditada, e que se usou p.ex. ata 1980 pero logo quedou en nada, sería absurdo recollela nun artigo. Estaba pensando en Madride que tivo un certo uso pero que eu saiba hoxe non se utiliza.--HacheDous=0 (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 14:15 (UTC)
- Home Norrin, calquera forma referenciada..., pero non referenciada de calquera xeito, debe ser unha referencia de calidade, digo eu. Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións) 29 de setembro de 2015 ás 00:24
- Pois entón, Elisardojm, entendemos que calquera forma referenciada en galego vale, non? Pechamos o asunto. Saúdos, e grazas polas achegas. --Norrin (Fálame) 28 de setembro de 2015 ás 18:17 (UTC)
- Non quero meterme demasiado, tan só expresar a miña opinión. Penso que, vendo a postura da RAG, o máis correcto debera ser poñer os títulos dos artigos na lingua orixinal, xa que é o que recomendan. Por outra banda, a propia RAG recoñece que hai excepcións, mais por coherencia interna eu deixaría tamén New York (por exemplo). O problema sería o de sempre: que facer coas cidades con dous nomes oficiais? que lingua se debe empregar? debemos seguir a opinión do primeiro editor? é esa a mellor opción? Creo que hai cousas que deberiamos tentar estandarizar para que se saiba por onde ir e como actuar. Penso que podemos aproveitar esta discusión para revisar a nosa escueta política sobre topónimos non galegos. Temos que lembrar que a máxima autoridade é a RAG, e entendo que o que digan eles debe ser o que adoptemos para o nome dos artigos (loxicamente despois teremos que poñer no artigo correspondente as formas en galego referenciadas, mais creo que no título deberiamos seguir as indicacións da RAG e empregar o nome na lingua orixinal como a máxima autoridade da nosa lngua recomenda, xa que non hai nada normativizado)
- Sobre os topónimos no corpo doutros artigos creo que, a poder ser deberían ir na forma recomendada pela RAG (a lingua orixinal), mais poderían aceptarse outras formas ben referenciadas e citadas no artigo da propia cidade.
- Un saúdo! --Piquito (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 14:55 (UTC)
- A RAG non di que as formas que propón sexan correctas, tan só recomendacións, e non se recoñece con autoridade na exonimia. Nesta wiki hai unha política de empregar o topónimo galego, do mesmo xeito que na wiki en inglés teñen a política homóloga. O único que muda é que agora sabemos que os topónimos en galego de fontes serias son equiparables ás recomendacións da RAG, que son só iso, recomendacións. (Xa podía facer algo a RAG, mais non...). --Norrin (Fálame) 29 de setembro de 2015 ás 15:23 (UTC)
- Hai un tempo HombreDHojalata e máis eu tivemos unha conversa relacionada con este asunto, que creo pon sobre a mesa algunhas contradicións á hora de abordar este tema. Estes foron os meus comentarios:
Nome orixinal ou traducido: Sussex Oriental por East Sussex, Sussex Occidental por West Sussex.Bos días HombreDHojalata. Vin que modificaches os nomes dos artigos anteditos polo seu nome orixinal. Eu concordo con esta fórmula, pero se me dixo fai un tempo que era mellor telos nomes traducidos. A verdade é que isto é un lío. Por exemplo, dentro dos mesmos condados ingleses aínda podes ver Yorkshire Norte e o resto dos condados próximos traducidos, pero non desenvolvidos. Pero, hai máis: a cidade canadiana de New Brunswick foi traducida como Novo Brunswick ou New York por Nova York. Pero, non hai Bos Aires, senon Buenos Aires. Con que nos quedamos???? Un saúdo!!!!--Castelao (conversa) 2 de marzo de 2015 ás 10:29 (UTC)
- Pero non se pode manter un dobre discurso sobre este tema. Segundo este razoamento, se non existen referencias bibliográficas para Yorkshire Norte, aí queda. Calquera que vexa a listaxe dos condados ingleses quedará aparvado porque non entenderá o criterio. Non cres que isto é tremendamente confuso? Para min o é, desde logo. Este xogo de "agora fagoo así, agora o modifico eu e logo o modificará outro" é case de patio de colexio. As referencias bibliográficas pódense sacar de moitos lugares (dígocho en serio), e iso non garante a idoneidade dunha afirmación. Non quero que mo tomes a mal, non busco pelexa (jajaja), pero estou bastante desencantado por estas cousas. É dicir, que haxa criterios de cada quen, que sexa un mundo de taifas onde todos o saibamos todo e non se respecte o criterio do "outro", sexa ou non sexa o acertado. En fin... que máis podo dicir? Que fago? Póñome a modificar agora a todos? Busco bibliografía? Estou toleando, a verdade. Un cordial saúdo--Castelao (conversa) 2 de marzo de 2015 ás 10:47 (UTC)
- Gracias HombreDHojalata! Xa imos vendo como facer para mellorar a imaxe. Falamos. Un saúdo--Castelao (conversa) 2 de marzo de 2015 ás 10:58 (UTC)
- Bos días HombreDHojalata. Agradezo a túa resposta, pero non concordo. Bota un vistazo aos Condados de Inglaterra. Agora, fronte a West Sussex e East Sussex temos Cornualles (non Cornwall), Londres (non London), Illa de Wight (non Isle of Wight e non se xustifica), Midlands Occidentais (non West Midlans e non se xustifica), Northumbria (non Northumberland e non se xustifica), Tyne e Wear (non Tyne and Wear e non se xustifica), Yorkshire Norte (non North Yorkshire e non se xustifica), Yorkshire Occidental (non West Yorkshire e non se xustifica), Yorkshire Oriental (non East Yorkshire e non se xustifica) e Yorkshire Sur (non South Yorkshire e non se xustifica). Por certo, a tradución de London a Londres tampouco queda xustificada no artigo correspondente coa bibliografía correspondente. De verdade que a ti paréceche que a isto non lle falta homoxeneidade? Calquera que se acerque á Galipedia vai alucinar tratando de entender que procesos mentais levan aos galegos a traducir unhas partículas nun caso e as mesmas noutro, non. A bibliografía non xustifica un criterio, nin pode impoñelo. Que sucede cando se aporten bibliografías contradictorias co mesmo peso? (por certo, quen lle pon o cascabel da idoneidade/autoridade ao gato da bibliografía?).
- Póñoche o caso de Cornualles: danse 3 referencias bibliográficas, para Cornualles, Cornualle e Cornualla (por certo, a voz Cornwall, figura no DEGU, aínda que remite á Cornualla). Pero o articulista prefire Cornualles por enriba das outras opcións. Por que? O DEGU, que parece tomarse como un gran "diccionario de autoridades" e referencia nuns artigos, no caso de Cornwall non é seguido (nin coa voz Cornwall nin con Cornualla). Pero, é seguro que rebuscando se atoparía bibliografía para todas as voces para todos os casos. Isto demostra que o problema non é de bibliografía, senón de criterio. Por favor, HombreDHojalata, ou unha cousa ou a outra, porque o estado actual fai dano á vista e move á risa.
- Desculpa as miñas faltas de ortografía e expresión. Nunca estudiei galego e lévame moito tempo revisar os textos, así que este déixoo así. Espero que o antedito poda aclararte e xustificar as miñas dúbidas do proceso iniciado. Un saúdo--Castelao (conversa) 5 de marzo de 2015 ás 08:31 (UTC)
- E estes os comentarios de HombreDHojalata:
Topónimos en galego.Mudeino porque hai referencia bibliográfica (que citei) en galego. . HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2015 ás 10:33 (UTC)
- A política a aplicar tela en: WP:T. --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2015 ás 10:42 (UTC)
Ola Castelao. Perdón pola tardanza na contestación. Estiven inactivo un par de días. Entendo a túa frustración. Porén se revisas tranquilamente o tema, verás que a miña edición concorda con WP:T. Deixei constancia no artigo da obra de referencia en galego. Se ti tes acceso a outras obras de referencia en galego, invítoche a que as engadas tamén. E así é como vamos construíndo este proxecto que, si, está mudando constantemente. Cousa que é intrínseca ao propio proxecto.
PS: En canto o de "buscar bibliografía" a resposta é "si". Sempre é bo buscar bibliografía ;-) --. HombreDHojalata.conversa 4 de marzo de 2015 ás 21:32 (UTC)
- Non é só o caso de Buenos Aires/Bos Aires. Os exemplos son múltiples, como pódese ver. Hai contradicións como no caso dos condados ingleses, nos que uns tradúcense e outros non, ou no caso de New Brunswick/Nova Brunswick. A sensación que teño é de que en calquera momento pódese cambiar o criterio sobre un nome particular, porque non hai un xeral que teñamos perfectamente claro.
- Eu son partidario de traducir todos os nomes que sexan susceptibles de facelo, e deixar tal cal aqueloutros que non.
- Un saúdo a todos!--Castelao (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 16:54 (UTC)
- A ver, a política de topónimos o que di é que terán preferencia as formas galegas... No caso de Novo Brunswick estás a comparar unha forma galega (Novo Brunswick) cunha forma inglesa (New Brunswick) ou francesa (Nouveau Brunswick). No caso de que, por exemplo, a Diciopedia empregara New York e o DEGU empregara Nova York, tería preferencia a segunda (xa que está obviamente en galego, e a primeira non: é o topónimo orixinal); porén, se tivéramos referencias para Nova Iorque así debería constar na cabeceira do artigo. Como o artigo non pode ter dous títulos, pois séguese o criterio do primeiro editor. Resumindo, queda así:
- Título en galego (referencia RAG).
- Título en galego (outras referencias) → séguese o criterio do primeiro editor.
- Se non hai exónimo galego, forma oficial → hai varias formas oficiais, criterio do primeiro editor.
- Se non hai formas oficiais → criterio do primeiro editor.
No exemplo de Nova York, as referencias coinciden nesta forma, polo que aplicando (1) é a que queda, con independencia de que a cidade se chame New York. No caso de Djibuti hai referencias para Djibuti e Xibutí, mais a primeira forma é a apoiada pola RAG, polo que aplicando (1) queda tamén Djibuti. No caso de Cornualles hai varias formas galegas referenciadas, mais a RAG non toma partido, polo que por (2) séguese o criterio do primeiro editor e queda Cornualles. No caso de Ustaritz non hai forma galega, e hai dúas formas locais, mais só unha é oficial (a francesa) polo que por (3) queda Ustaritz. --Norrin (Fálame) 29 de setembro de 2015 ás 17:52 (UTC)
- E queda un tema do que non se tratou, os topónimos dos territorios de fala galega situados fóra da comunidade autónoma de Galicia, a resposta da RAG é para os topónimos de fóra de Galicia, e logo aqueles topónimos galegos de fóra da comunidade autónoma de Galicia?. A Comisión de Toponimia da Xunta non ten competencias e a RAG endexamais realizou nin sequera unha recomendación, logo tamén habería que aplicar os criterios para os exónimos, calquera forma referenciada pode aparecer nos artigos, e que facemos coa toponimia oficial do territorio de lingua galega de Asturias, utilizamos a norma asturianizante da Academia de la Llingua, ou consideramos esas formas como propias do asturiano e non do galego¿--HacheDous=0 (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 18:10 (UTC)
- Norrin, e o caso dos condados ingleses? Aí o criterio de edición inicial, cambiouse, e a RAG non di nada. E continúa sendo un galimatías onde uns están traducidos e outros non. Date conta que se a GEG ou o DEGU ou a USC ou a UVIGO, traduce un nome dun condado, por exemplo, e non di nada do resto, sucede que calquera que veña cun criterio distinto terá todo o dereito de cambialo para o resto dos nomes dos condados, porque se seguiría o criterio de que quen primeiro chega é quen o marca. Entendesme ben? É que é o que actualmente sucede. Pero, ti amplía o espectro e verás que hai máis exemplos.--Castelao (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 18:30 (UTC)
- Castelao hai unha cousa moi importante que sempre temos que ter en conta na Galipedia: que non é unha fonte primaria (Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria) e polo tanto non podemos "inventar" nin "traducir" topónimos, todo o contido que haxa nos artigos debe estar referenciado nalgún sitio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 08:53 (UTC)
- Nembargantes, Elisardojm, prémiase o criterio do primeiro editor cando non hai referencias bibliográficas. A isto refírome: a que non cómpre ter criterios diferentes para casos similares. Así, segundo isto, se me dera por crear os artigos dos condados de Yorkshire podería titulalos: West Yorkshire (e non Y. do Oeste, Y. Oeste, Y. do Occidente ou Y. Occidental), Yorkshire Oriental e Yorkshire do Sur; cada un cun criterio diferente. E podería facelo porque sería o primeiro editor e non hai referencias bibliográficas previas en galego. Como dixen, é risible para calquera espectador alleo á Galipedia.
- E, sobre todo, se hai unha referencia bibliográfica na RAG para (por poñer un exemplo) un lugar chamado South Wiki que o traduza por Wiki do Sur, e ao mesmo tempo non o houbera para North Wiki, non suporía isto un criterio de tradución para termos semellantes?
- Eu leo os vosos razoamentos, pero non podo concordar coa falta de homoxeneidade. Que a RAG non traduza todos os topónimos que leven partículas de tradución sinxela (como sucede cos puntos cardinais), pero si o faga nalgúns, non é suficiente indicativo para establecer un criterio? Non estamos inventando nada, senón aplicando criterios.
- Saúdos novamente--Castelao (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 10:49 (UTC)
- Non se usa o criterio do primeiro editor cando non hai referencias bibliográficas, Castelao, un editor non pode inventar un topónimo, se non hai ningunha fonte entón hai que usar o nome oficial, se hai varios oficiais pode escoller o que quera.
- Entendo o que dis, e en parte concordo contigo, pero a razón para que se use a norma de manter a escolla do primeiro editor foi engadida para manter a liberdade dos editores, xa que esta é a enciclopedia libre, e por iso se produce a heteroxeneidade nos topónimos dalgúns países. Pero hai que ter en conta unha cousa neste punto, imaxina un país bastante remoto do que non haxa referencias en galego para os seus topónimos, agás para as tres cidades máis importantes, Abuá, Contorsión e Nova Planta do Sur, que facemos co resto de cidades que poderían ter "tradución"? Deixalas co nome oficial porque un dos piares é a verificabilidade e iso implica ter referencias. É certo que non queda "bonito", pero é 100% fiable que é o que debe ser unha enciclopedia, non?
- Imaxina que "traducimos" un deses topónimos e que quedara como Vella Planta do Norte, non tería referencias e a Galipedia converteríase en fonte primaria, cousa que vai en contra da política Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 12:37 (UTC)
- Boas de novo, Elisardojm. Para aclararmos, porque me da que non me expliquei ben: cando dis que "se non hai ningunha fonte entón hai que usar o nome oficial", concordo. Nunca neguei isto. Cando Norrin traza unhas fontes preferentes, concordo. Tampouco o fixen neste caso. Pero, cando falas de que "se hai varios oficiais pode escoller o que quera" ou cando Norrin fala de "se non hai formas oficiais; criterio do primeiro editor", é cando discordo, porque na miña opinión sempre que unha fonte primaria empregue unha fórmula para un topónimo, está trazando unha liña de actuación para topónimos semellantes; por así dicilo, está dando exemplos. Non pode ser que calquera faga da súa capa un saio e empregue o seu propio criterio, coma se tivese patente de corso. Volvendo ao exemplo que vos puxen, se a RAG ou o DEGU ou a GEG están falando de "West Sussex" e non de "Sussex do Oeste", están ao tempo indicando que, cando menos, para os condados ingleses a fórmula que habería que empregar é a non-tradución do punto cardinal. Por tanto, a forma "Yorkshire Norte" é aquí un suxeito extrano, que fai dano á vista, cando hai xa criterios para nomes similares. Que a Galipedia non ten vocación de fonte primaria, concordo. Aquí non estamos para inventar, nin para deixar bonito o patio (se fose así, particularmente gustaríame ter todos os topónimos traducidos ao galego, pero como vedes non é iso o que poño coma exemplo); disto sempre fago campaña, así como do distanciamento con respecto ao tema tratado. Pero, iso non significa que non poidamos seguir as normas que as fontes primarias preséntannos a través dunha mínima interpretación. Realmente, cómpre que as ditas fontes teñan que dar unha relación pormenorizada dun criterio que xa deixaron claro a través de exemplos?
- Coma sempre, acato as decisións da maioría e, particularmente, dos que levades moito máis tempo ca min loitando pola Galipedia. Pero, non podo se non presentarvos a miñas dúbidas, que penso que están máis que xustificadas a través dos exemplos que vos puxen. Na miña opinión, seguir o criterio que unha fonte marcou nun caso, non é ir en contra da política Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria, senón ter clara unha liña de actuación. Se non, non sei para que discutimos (no sentido de falarmos) do tema.
- Un saúdo a todos de novo, e especialmente a vos, que estades contribuíndo aquí neste tema.--Castelao (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 15:42 (UTC)
- Eu concordo co Usuario:Castelao, seguir un criterio non é ser fonte primaria, se nun estado hai 30 provincias "O que sexa North" e nunha fonte hai referencias para 25 "do Norte" e polo que sexa 5 non aparecen, é para min evidente que esa fonte asentou un principio xeral de tradución desas provincias dese estado e iso é un criterio, o que non quere dicir que todas as provincias do mundo que leven norte en calquera lingua teñan que se traducir, para outras provincias doutros estados farían falta referencias particulares.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 16:07 (UTC)
- Usuario:Castelao aquí todos temos o mesmo "peso", sexamos novos ou vellos, por iso non hai problema :) Eu tamén teño dúbidas porque os meus coñecementos neste tema son os xustos, gustaríame saber a opinión doutros usuarios sobre estes dous últimos comentarios. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2015 ás 23:09 (UTC)
- Eu concordo máis ou menos co que comentades, mais penso que cómpre ser moi coidadoso e ir caso por caso. Por exemplo: poderíamos discutir sobre os condados ingleses (ollo! hai condados que se teñen traducido de sempre, Cumbria e Cornualles), mais iso non debería levar a que, por exemplo, nun artigo sobre as provincias de, que sei eu, o Paquistán, debamos seguir o mesmo criterio. Por iso penso que non é necesaria máis normativa, é necesario ir caso por caso. En liñas xerais, en calquera caso, os nomes de países e das entidades rexionais adoitan traducirse ou adoptarse, e no caso de entidades menores (cidades, condados, concellos)... non, agás cando existe un nome tradicional en galego (i.e. Londres). --Norrin (Fálame) 2 de outubro de 2015 ás 06:55 (UTC)
- Concordo completamente contigo Norrin. Hai que ter en conta cada caso concreto. E os exemplos que pos explícano ben. E mellor non deixar este tipo de decisións ao albur de cada un. Ten que estar razoado. Un saúdo outra vez a todos :) --Castelao (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 09:01 (UTC)
Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro.
[editar a fonte]Ola a todos!
Veño de traballar en varias propostas de políticas e normas que na Galipedia aínda non temos "oficializadas". Hai algunhas novas, adaptadas da wiki inglesa, outras xa levan máis tempo coma propostas mais nunca se votaron oficialmente, e tamén hai un par de propostas de modificación de políticas actuais.
Considero que moitas destas políticas son esenciais, outras son apoios a convencións e normas de uso da Gali ou "guías de edición" en determinados aspectos, e outras son actualizacións de políticas xa existentes.
En Usuario:Banjo/calendario hai un calendario tentativo do plan de votacións que desenvolvín. A comezos de cada mes deixarei unha mensaxe aquí para actualizar coas próximas votacións no plan e datas correspondentes. Tamén creei unha lista de mensaxes en masa opt-in para avisar do comezo de cada votación (e non encerellar as conversas de tódolos usuarios con unha chea de mensaxes cada semana). A lista é Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas, todo o mundo é libre de apuntarse aí para recibir unha mensaxe semanal cando comecen novas votacións.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario.
Coma anuncio inicial para o mes de outubro, as propostas que teño a intención de levar a cabo coma votacións este mes e o seguinte son:
- 9 de outubro: Wikipedia:Evita as autorreferencias -> Indicacións para evitar autorreferencias á Wikipedia nos propios artigos.
- 16 de outubro: Wikipedia:Propiedade do contido -> Explicacións relativas ao carácter colaborativo e libre da Wikipedia.
- 23 de outubro: Wikipedia:Redireccións -> Indicacións de creación e mantemento de redireccións a artigos.
- 30 de outubro: Wikipedia:Centros de ensino -> Consellos de actuación para docentes e grupos de traballo de alumnos.
- 6 de novembro: Wikipedia:Nomes de usuario -> Normas de conduta relacionadas coa escolla do nome de usuario.
- 13 de novembro: Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa -> Actualización da política sobre sinaturas.
- 20 de novembro: Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só -> Indicacións para a "galeguización" e "desgaleguización" de artigos.
- 27 de novembro: Wikipedia:Civismo-> Norma de conduta básica de tódalas Wikipedias.
Nota: O calendario modificouse para só ter unha votación por semana no canto de dúas.
Agardo que entre todos poidamos tirar cara adiante e establecer un consenso xeral sobre todos estes temas. Calquera dúbida estou á vosa disposición. Saúdos! ☣Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 10:37 (UTC)
- infindos parabéns, Banjo.--Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de outubro de 2015 ás 10:46 (UTC)
- Home si, algo hai que facer, pero..., non será moito votar todo nun mes? Eu penso que habería que espazar máis as votacións para permitir comentar e tamén traballar con tranquilidade ós usuarios, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:56 (UTC)
- En realidade é durante tres meses, hai bastantes en cola. O calendario é tentativo, podemos modificalo como vexades oportuno. Unha por semana no canto de dúas? ☣Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 11:01 (UTC)
- Parabéns! Pero, pensando en xente que lle está a adicar menos tempo, que tal ir a razón de 1/semana e troques de 2/semana?--Agremon(contacto) 2 de outubro de 2015 ás 16:23 (UTC)
- Sen problema, deixamolo en unha por semana para ir máis paseniño :). O domingo á noite axusto o calendario e máis actualizo a lista de enriba. ☣Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 16:27 (UTC)
- A min paréceme pouco tempo (eu poría unha cada 15 días como moito para debatilas ben e solucionar todos os problemas que poidan xurdir), non creo que haxa presa en votar... de todos xeitos, se aos que vaian votar parécelles ben, perfecto. --Piquito (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 21:24 (UTC)
- Eu concordo con Piquito, as políticas hai que miralas con calma e comentalas tamén, ó tempo que non se poden descoidar o resto de tarefas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 23:09 (UTC)
- Eu vexo axeitado unha por semana, mais só é a miña opinión persoal. Probarei así coas primeiras, se vemos que non funciona pois deixamos máis tempo entre elas, aínda que desa forma nos leve moito máis tempo. Modifiquei o calendario para reflectir isto mesmo. ☣Banjo tell me 4 de outubro de 2015 ás 16:56 (UTC)
- Moi ben, grazas ☣Banjo Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2015 ás 23:02 (UTC)
Votacións de propostas de políticas - Actualización a novembro de 2015
[editar a fonte]Ola a todos. Deixo aquí unha actualización do estado das votacións en curso das propostas de políticas, e as datas das próximas votacións para novembro de 2015:
- Votacións en curso
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Evita as autorreferencias: 7 / 1 , remata o 8-11-2015
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Propiedade do contido: 4 , remata o 15-11-2015
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Redireccións: 5 , remata o 22-11-2015
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Centros de ensino: 3 , remata o 29-11-2015
- Votacións que comezarán en novembro
- Wikipedia:Nomes de usuario: Comezará o 6-11-2015, ata o 6-12-2015
- Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa: Comezará o 13-11-2015, ata o 13-12-2015
- Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só: Comezará o 20-11-2015, ata o 20-12-2015
- Wikipedia:Civismo: Comezará o 27-12-2015, ata o 27-12-2015
Coma sempre, o calendario completo pódese consultar aquí, e podedes unirvos á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na vosa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
Citándome a min mesmo:
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario
Saúdos! ☣Banjo tell me 2 de novembro de 2015 ás 11:20 (UTC)
Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015
[editar a fonte]Ola a todos. Deixo aquí unha actualización do estado das votacións en curso das propostas de políticas, e as datas das próximas votacións para decembro de 2015:
- Votacións en curso
- Wikipedia:Votacións/Nomes de usuario: 5 , remata o 6/12/2015.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa/proposta 2015: 2 , remata o 16/12/2015.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só: 6 / 3 , remata o 20/12/2015.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Civismo: 1 , remata o 29/12/2015.
- Votacións que comezarán en decembro
- Wikipedia:Criterios de notoriedade: Comezará o 4/12/2015
- Wikipedia:Autobiografía: Comezará o 11/12/2015
Coma sempre, o calendario completo pódese consultar aquí, e podedes unirvos á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na vosa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario
Saúdos! ☣Banjo tell me 30 de novembro de 2015 ás 07:36 (UTC)
Votacións de propostas de políticas - Segunda Actualización a decembro de 2015
[editar a fonte]Ola a todos. Aínda que polo parón de nadal non haberá novas propostas ata mediados de xaneiro, deixo aquí unha nova actualización do estado das votacións en curso das propostas de políticas.
- Votacións en curso
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só: 6 / 3 , remata o 20/12/2015.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Civismo: 5 / 1 , remata o 29/12/2015.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Criterios de notoriedade: 4 / 1 / 1 , remata o 3/1/2016.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Autobiografía: 4 , remata o 10/1/2016.
A seguinte actualización será o 11 de xaneiro, co calendario de novas propostas para ese mes. Coma sempre, o calendario completo pódese consultar aquí, e podedes unirvos á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na vosa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario
Saúdos! ☣Banjo tell me 16 de decembro de 2015 ás 10:10 (UTC)
Votacións de propostas de políticas - xaneiro de 2016
[editar a fonte]Ola a todos. Deixo aquí o anuncio das novas votacións de propostas de políticas programadas para este mes de xaneiro.
- Votacións que comezarán en xaneiro
- Wikipedia:Homónimos - Comezará o 15 de xaneiro
- Wikipedia:Material ofensivo - Comezará o 22 de xaneiro
- Wikipedia:Ficción - Comezará o 29 de xaneiro
Nestes momentos non hai ningunha votación de propostas de políticas en curso.
Coma sempre, o calendario completo pódese consultar aquí, e podedes unirvos á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na vosa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario
Saúdos! ☣Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 07:59 (UTC)
- A min non me parece correcto que os concellos galegos teñan que ocupar o nome principal (tema primario) por defecto, aínda que haxa outros artigos igual ou máis importantes ca eles, como Avión, Barro e Touro que son "cousas" comúns. Ou por haber outro concello que se chame igual como Sada e Sada, Navarra.
- E tampouco me gusta que nas páxinas de concellos, e lugares, a aclaración vaia despois dunha coma en vez de entre parénteses, por exemplo Sada, Navarra en vez de Sada (Navarra). Non me gusta sobre todo porque ó poñer unha ligazón interna, a Wikipedia autocompleta o que vai despois da barra vertical, engadindo só o que non está no parénteses. Por exemplo ó escribir [[avión (medio de transporte)|]] autocompleta a [[avión (medio de transporte)|avión]]. Isto foi un costume que creo que se copiou da Wikipedia inglesa. Pero en cambio case todas as Wikipedia empregan os parénteses entre elas a española, portuguesa, catalá, éuscara, occitana, francesa, italiana, alemá, neerlandesa, polaca, rusa, usbeca e húngara. En cambio a coma só a empregan a Wikipedia inglesa e algunhas Wikipedias máis pero que as editan poucos usuarios e copian as formas da Wikipedia inglesa, como as Wikipedias vietnamita, malaia e waray-waray ou samareño.
- Así creo que na votación podería haber tres apartados, un para aprobar a páxina Wikipedia:Homónimos e outros dous para propoñer incluír as miñas propostas @Banjo:. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de xaneiro de 2016 ás 05:31 (UTC)
- Usuario:Vivaelcelta, o lugar oportuno para discutir o primeiro punto é Conversa Wikipedia:Homónimos, para poder reformular a propia proposta. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xaneiro de 2016 ás 08:47 (UTC)
- Xa o engadín. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de xaneiro de 2016 ás 08:59 (UTC)
Votacións de propostas de políticas - febreiro de 2016
[editar a fonte]Ola a todos. Deixo aquí unha actualización do estado das votacións en curso das propostas de políticas, e as datas das próximas votacións para febreiro de 2016:
- Votacións en curso
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Homónimos: 9 , remata o 14/2/2016.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Material ofensivo: 4 , remata o 21/2/2016.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ficción: 2 , remata o 28/2/2016.
- Votacións que comezarán en febreiro
- Wikipedia:Biografías de persoas vivas: Comezará o 5/2/2016.
- Wikipedia:Ligazóns vermellas: Comezará o 12/2/2016.
- Wikipedia:Elección de administradores/proposta 2015: Comezará o 19/2/2016.
- Wikipedia:Elección de burócratas: Comezará o 26/2/2016.
Coma sempre, o calendario completo pódese consultar aquí, e podedes unirvos á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na vosa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario
Saúdos! ☣Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:33 (UTC)
Modificar as normas de toponimia
[editar a fonte]Boas. Abrín esta votación Wikipedia:Votacións/Modificar as normas de toponimia. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 1 de marzo de 2016 ás 01:07 (UTC)
Debate sobre unha páxina con pseudónimo
[editar a fonte]Ola a todas. Traio para aquí un debate sobre o que estou tendo segundos pensamentos, e que afecta as normas das biografías de persoas vivas. Vou primeiro describir os feitos do xeito máis neutral que se poida, e logo situarei os termos do debate.
- Xerais publica unha novela. Eu recibo un correo avisando da publicación e vou á Galipedia e miro se ten os títulos das novelas actualizados. Hai unha novelista, Antía Nara, que non ten artigo. Procedo a crealo.
- Mentres o estou creando e cando intento contrastar as fontes do seu peculiar nome, atopo que Antía Nara é un pseudónimo, e que a persoa que está detrás do pseudónimo, dato para o que hai fontes, é unha persoa que pola súa traxectoria investigadora, tamén podería estar na Galipedia. Quizais non ten unha monografía, pero os seus datos como investigadora son sólidos, en universidades de prestixio. Quizais eu non crearía o artigo con esas informacións unicamente, pero tampouco criticaría a súa notabilidade se alguén o fixese.
- Creo o artigo
- Ao pouco o artigo é borrado en case a súa totalidade, se ben se deixan datos que manteñen a coincidencia entre a persoa real e o pseudónimo literario Historial. A razón do borrado parece ser manter a identidade do pseudónimo oculta.
- Xas recupera os contidos, eu referencio, e completo para ser extremamente coidadoso na biografía.
- Publícase un artigo e ao mesmo tempo volve borrarse o contido, que recupera Banjo. Eu intento explicar no artigo por que se tomaron esas decisións, máis ca nada para protexer a Wikipedia, se ben entendo que ese lugar é reservado á autora e está ben que o faga. Aínda que se menciona o artigo da Wikipedia non se liga. Si se fai ligazón inversa (na wikipedia, do artigo de Praza). A adscrición de persoa e pseudónimo é inequívoca. A autora volve pedir que se retire do artigo toda a información relativa á súa carreira profesional non literaria.
Aínda que de primeira vez creo que a autora non leva razón, a lectura da extensa política da Wikipedia sobre biografías de persoas vivas faime dubidar. E por iso gustaríame recadar a vosa opinión sobre este tema. Creo que a lectura da política da Wikipedia en inglés é necesaria.
- En primeiro lugar está o punto da victimización, ao que alude a autora no artigo de Praza Pública. O punto da política non está pensado para isto (persoas que deciden separar a súa personalidade literaria), senón para casos efectivos de persecución e danos morais; pero si que é verdade que, se ben os datos que se achegan dela son neutrais e proveñen de CVs públicos de institucións de prestixio, non son eses os datos que, desde o meu punto de vista, lle dan a notoriedade para estar na Wikipedia (neste aspecto os límites son borrosos: non ten unha carnicería, senón que publica artigos en revistas internacionais e fai investigación de nivel internacional).
- Despois está a política de Privacidade de información persoal onde non se fala destes campos de nomes literarios, pero dalgunha maneira indícase que a Wikipedia debería ser moi coidadosa cos datos que identifican a persoa (data de nacemento, enderezo...)
- Ao mesmo tempo, a Wikipedia insiste na política para ser comprensivo e cooperativo nestes casos, mais non di que haxa que facerlles caso ás persoas afectadas.
Eu non vexo unha solución doada. Por moito que me gustaría facer o que propón a autora, creo que redactar neste momento un artigo sobre Antía Nara que asuma que é un pseudónimo dunha persoa que descoñecemos a súa identidade é, neste momento, falso. Ou sexa, que por unha parte ao facer un artigo sobre un pseudónimo estaríamos faltando a uns principios (converteríase a Wikipedia nunha plataforma para espallar información incorrecta promovida polo suxeito), e pola outra, a Wikipedia é especialmente prudente e coidadosa coa protección da identidade das persoas vivas (aínda que si, noutras circunstancias de vitimización e problemas de reputación). O artigo da autora, se ben ten moito sentido desde este punto de vista, é ao mesmo tempo decididamente non neutral, e acusa a Wikipedia e os seus editores de infinitas cousas o que non axuda á temperanza da decisión.
Gustaríame que opinásedes sobre isto, con honestidade, e que atopásemos a mellor solución posible. Un saúdo, e moitas grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 06:37 (UTC)
Querido Xabier: A próxima vez que chames, por Dios, que sexa para algo fácil, como os criterios de transcripción do alfabeto tailandés arcaico (se existe) ou a lista completa de todas as illas do arquipélago filipino, condescrición e coordenadas. Acabo de ler o teu, o de Praza e (dios mío, dame paciencia) os comentarios ao artigo. Vou tomar algo, arrefriar, e prometo algunha aportación. --Angeldomcer (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 09:20 (UTC)
- Eu só direi unha cousa:cada quen é dono da súa propia identidade, e se decide que non quere que sexa coñecida hai que respectalo. Non dubido da boa intención inicial ao crear o artigo, pero vendo o malestar da propia autora debería terse eliminado esa información do historial de inmediato. Unha cousa é o dereito e a liberdade de información, pero esta non debe violar o dereito que todos temos ao anonimato. Para min non debería nin terse aberto este debate e considero moi censurable o proceder, insistindo en incluír información sobre a identidade real da autora que dita persoa non quere que se coñeza, para min non hai xustificación e pediría polo ben do proxecto que se proceda á eliminación desta informaciñon do historial o antes posible. --Piquito (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 10:09 (UTC)
- Discordo con facer dous artigos, xa que é algo decididamente non neutral. Agora ben, cal é a solución? Poderíamos borrar do artigo a "información que ela non quere que apareza", mais o certo é que mañá podería aparecer o usuario:novato e engadilos novamente, e ninguén lle podería dicir que está a facer mal. Di Piquito que non deberíamos "incluír información sobre a identidade real da autora que dita persoa non quere que se coñeza", moi ben. Mais iso non é decisión real da autora, xa que é unha personalidade pública, e se só engadimos información referenciada non vexo o problema: non estamos a engadir "segredos", estamos a recoller información xa existente en fontes públicas. --Norrin (Fálame) 2 de marzo de 2016 ás 10:20 (UTC)
- Boas Xabier. Primeiro gustaríame dicir que a túa actuación con todo este tema paréceme exemplar, e creo que é moi interesante que abras este debate. A polémica, a publicación do artigo na Praza Pública e toda feira que se xerou é unha grande esaxeración. Dende a miña perspectiva, é moi respetable que unha persoa decida facer unha separación de identidades como fai Antía Nara, (unha decisión persoal e individual), pero non pode pretender mantelo en "segredo" na chamada era da información na que vivimos. De feito está conseguindo todo o contrario do que quere, gañar unha notoriedade e unha publicidade da súa persoa da que se cadra non é merecente. O ataque directo á Galipedia e ó traballo da súa xente está totalmente fóra de lugar. Ela non é a primeira nin será a última escritora que polas razóns que sexan decide publicar cun pseudónimo. Temos moitos exemplos diso (Pablo Neruda, Lord Byron, Gabriela Mistral, Lewis Carroll, Clarín, Mark Twain e un longo etcétera) e en todos os casos a súa verdadeira identidade/nome aparece no contido do artigo. Coido que por enriba dos egos ou teimas persoais de cada quen, na Galipedia debe presidir sempre o dereito da información dos usuarios, e se os datos que se engaden a un artigo veñen a conto e están referenciados, a decisión persoal non debe prevalecer sobre o interese colectivo de acceso á información. Se estamos de acordo en que Antía Nara é unha personalidade relevante de abondo como para ter artigo de seu (igual é este o verdadeiro debate), este non debe estar supeditado ó seu capricho persoal.--Breogan2008 (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 10:41 (UTC)
- Coido que esta é unha das tres páxinas nas que se está a seguir esta discusión, o que produce certos sesgos entre elas. Por iso copio o que puxen en Praza e na páxina de comentarios do artigo:
Coido que, como na Galipedia xa comezou un debate sobre o tema, e aquí outro, de signo ben distinto, non estaría mais poñer aquí o mesmo que alí. Aí vai: "Entendo que o artigo o único que fai e xuntar datos dispersos pola rede; é dicir, facilitar as cousas. Na procura de privacidade, hoxe por hoxe, non é doado atopar o sistema para manter os datos privados, pero entendo que o artigo non profundiza na privacidade da persoa expoñéndoa dun xeito que supoña ningún tipo de inconvinte extra. É máis, coido que o artigo de Praza supón unha descoberta de persoalidade dunha magnitude abondo superior á que ten este artigo por si mesmo. Quizais non sexa doado de comprender a postura da wikipedia dende fóra, e as normas da wikipedia xa vaian necesitando de un trebello de procura para poder manexalas, mais aínda deixando a unha beira as descualificacións que a autora fai no artigo en Praza para tentar a máxima obxectividade, e comprendendo que todos desexamos algo de intimidade, entendo que non se vulnera ningún dereito da autora, aínda que si, evidentemente, non se respecte a súa vontade." --Agremon(contacto) 2 de marzo de 2016 ás 11:10 (UTC)
- 1) A persoa si é relevante en canto a ter unha entrada na Wikipedia en galego. 2) A información achegada (tamén aquela relacionada co pseudónimo) está referenciada, é neutral e equilibrada. 3) As normas da Wikipedia en inglés, a non ser que me escapase algo, non di nada en canto a que se deba ou se poida retirar información enciclopédica cando está ben fundamentada, senón que, grosso modo, sinala que debe evitarse sempre a confrontación; así a todo, o certo é que hai unha chea de apéndices relacionados que cabería ler con máis vagar, de modo que se alguén repara en algo que apoie retirar a información, que o sinale e mirámolo. 4. O tratamento dado á persoa afectada foi o adecuado en todo momento (á inversa, creo que non tanto). Por todo isto, opino que o artigo non presenta ningún problema (e dende logo non se pode dicir en absoluto que infrinxa ou obvie o artigo 6.2 do texto do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual). Creo que a cuestión é, en gran medida, outra: a persoa amólase talvez por descoñecer que o seu pseudónimo non era nin moito menos indescifrable, cando, imaxino, a súa intención facer do alcume unha pantalla opaca tras as cal preservar a súa identidade real (persoalmente podo entender o seu fastío, pero aquí ninguén lle ten culpa). Non é á primeira persoa que lle sucede nin será a última. O único que se me ocorre dicirlle a esa persoa é que para a próxima publicación que asine cun alcume, tome as medidas (sinxelas) para asegurar que un simple editor de Wikipedia -sempre dende a boa fe- non poida acceder publicamente aos seus datos. --Atobar (conversa comigo) 2 de marzo de 2016 ás 11:58 (UTC)
Moisés, David e Buda están correctos: hai que seguir o camiño do medio. Vez que se trata de información pública, dun xeito máis doado ou non, quen estiver interesado pode recollela. Creo, porén, que o punto non é a información de per se mais o resultado final do xeito que o artigo rematou, no que a persoa retractada non se recoñece. De feito, non se me achega unha solución satisfactoria, mais tendo a manter o artigo, aínda que mínimo. Judcosta (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 12:27 (UTC)
Poño algún exemplo:
- José Luis Sampedro, un home que adicou toda a súa vida profesional á economía, como profesor, funcionario, ensaísta... Incluso foi nomeado senador por designación real nas Cortes Constituíntes. Sen embargo, nas súas biografías, no recoñecemento popular que se poida ter del e nos propios artigos dos distintos idiomas da Wikipedia, o que máis destaca é a súa faceta como pensador humanista e novelista.
- Juan Negrín era científico e mestre de científicos como Severo Ochoa, pero, salvo que saibamos buscar, o 90% do que atopemos sobre el vaise centrar na súa actividade política.
- Se digo que non temos na galipedia o artigo sobre o astrónomo Brian May e invito a facer a tradución dalgún bo artigo dunha wiki irmán, o que o intente vai ter graves problemas, porque só lle vai aparecer un Brian May guitarrista de Queen e terá que ler de vagar o artigo para atopar unha referencia que diga que, ademais de músico, estudou astronomía e incluso ten publicado algún artigo científico. O mesmo podería pasar co enxeñeiro Gabriel Celaya, co licenciado en Dereito Federico García Lorca coa arqueóloga Sofía de Grecia ou, máis preto de nós, coa nai de familia numerosa Rosalía de Castro ou co doutor Castelao, que se fixo médico por amor ao seu pai, pero non exercía por amor á humanidade.
Somos quen somos e temos dereito a construír a nosa propia identidade. Pero a inclusión nunha obra enciclopédica non ven porque sexamos alguén, todos somos alguén, senón porque a nosa obra ten unha repercusión pública, positiva ou negativa, que nos fai merecentes de ser incluídos nunha obra desta caste.
Concluíndo e para non aburrir:
- Os datos do artigo son veraces e obxectivos.
- Proceden de fontes públicas e contrastadas.
- Non supoñen intromisión na intimidade de ninguén.
O artigo está correcto e non debe ser modificado.
Outra cousa é que teña a relevancia mínima para ser incluído na wikipedia, pero iso sería meternos noutra discusión que habería que levar máis de vagar. --Angeldomcer (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 12:55 (UTC)
Esquecíame, Xabier Cid, quítome o sombreiro polo bo xeito co que levas o tema. --Angeldomcer (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 12:59 (UTC)
Eu só mirei o tema por riba pero acabo de atopar este libro, India y Pakistán. Conflicto y negociación en el sur de Asia, de Antía Mato Bouzas que penso que debería engadirse no artigo, non Xabier?. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 13:08 (UTC)
- Discordo Sinceiramente, aínda non logro entender o proceder que está tendo a Wikipedia en Galego con este caso. Xa que son nova, e aínda me estou familiarizando coas políticas da Wikipedia. Pero que eu saiba, a Wikipedia non pode ser en NINGÚN caso unha FONTE PRIMARIA. O que se dá como fonte, non deixa de ser unha pesquisa. E, que eu saiba, non hai ningunha ligazón que asocie directamente o pseudónimo co nome real da escritora. Vamos, que un pode estar investigando o que sexa, pero se non hai fontes DIRECTAS E FIABLES NON PODEN estar na Galipedia... Ou eso pensaba eu... Ademáis de iso, considero que este caso está deixando unha imaxe da Galipedia bastante vergoñenta... Non somos deuses que podemos decidir o que se publica ou o que non con respecto a ninguén, e tendo en conta que non hai NINGUNHA publicacion que asocie DIRECTAMENTE o pseudónimo co nome real... A actuación que se está tendo, difire totalmente coa miña ética. E sentindoo moito, non quero formar parte dun proxecto que non respecta a vontade e as liberdades das persoas. Agardo,de todos xeitos, que este caso se solucione e se impoña a cordura, porque supoño que a ningún de vos lle gustaría estar na pel de Antía Nara... Sinto moito se vos parece unha postura moi radical, pero é a vida dunha persoa... Sinto tamén non ter lido todos os comentarios, non me sentín capaz de continuar lendo...Piquita (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 14:13 (UTC)
- Meto con posterioridade a copia de algo colgado na páxina de conversa do artigo, que non aparece aquí e que coido ten relevancia en relación ó parágrafo anterior: "::Baste botar unha ollada tamén a ligazóns como a das webs de Tirant e Dialnet para comprobar como se relaciona a Antía Nara con Antía Mato Bouzas. A fonte inicial é, como non podía ser doutro xeito, Xerais. Tal vez Antía Mato debería pedir primeiro contas a esta editorial. O debate sorpréndeme, sinceiramente. Unha cousa é facer pública información sensible, outra moi distinta é facer enciclopedia do coñecemento. Encontro a actuación de Xabier Cid exquisita, e pido que, cando menos nesta wiki, se empreguen as mesmas boas formas polo quen opina de xeito diferente, e non o que tiven que ler en Praza. Un saúdo--Castelao (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 16:02 (UTC)". --Agremon(contacto) 2 de marzo de 2016 ás 21:22 (UTC)
- Ademáis, os datos personáis, dirección, teléfonos e email da autora de dito libro constan nunha referencia do artigo no que non consta o nome Antía Nara. O que quere decir que se chegou a dita páxina por medio dunha deducción, non dunha fonte DIRECTA. Algo non só cesurable, sinon que é incluso denunciable... Vos veredes se isa é a imaxe que queredes dar do proyecto...Piquita (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 14:33 (UTC)
- Escribo sen ler demasiado, nin as políticas, un pouco apurado, pero seguindo o sentido común e o que creo que sería o espírito das políticas. Aviso que ultimamente estou un pouco saturado de interpretacións literalistas, de delicadezas e respectos inmerecidos e de ocultacións, pero teño a convicción de que non me guío por iso.
Discordo con que sexamos donos da nosa propia identidade, na medida en que ó facernos públicos nunha faceta estamos suxeitos ó escrutinio nese aspecto. Discrepo tamén que teña que ter dous artigos. Pessoa non ten dous artigos, Borges tampouco. Se a encausada debe ter páxina como escritora e como académica, debe ser a mesma, e debe dárselle a importancia a cada aspecto en función da que teña. Un ditador ou asasino en serie poderá facer cousas malas e non quererá saír á luz, pero se sae na prensa será por iso.
Se a encausada non quere aparecer no público, que non edite nin se presente a oposicións ou traballe para a administración ou a UE. Unha vez aí, como se lle dá clase ós de primaria: será analizable (e ás veces tamén analizada) tanto polos pais dos seus alumnos como por investigadores. Russell era filósofo, pero tamén pacifista e obxector de conciencia (obviemos a causa-efecto): se non quixese que se soubese o segundo, ou que se adscribise unha personna a outra, ou debía mantelo oculto ou non facerse famoso. Outra cousa é falar de se na súa casa lle batía ós fillos ou se era vexetariano. Eses trivias son irrelevantes e si que non proceden. Lawrence de Arabia, ídem: aviador, escritor, político, militar. Dise que se lle supón homosexual pola posible relevancia que tivo na súa vida militar e literaria, se non nin procedería. Letizia divorciada? Non cases co príncipe (que a min as dúas cousas me resbalan). St Éxupéry, ídem de lienzo. &c, &c
Non te disturbes tanto. A xente ten unha sensibilidade extraordinaria para o propio, e esixe un respecto nuns aspectos que non proceden porque se basean en argumentos doutros aspectos. Non se lle critica por iso, nin sequera é motivo de crítica. Quererá manter o bucolismo, o romanticismo, a bohemia? A estas alturas xa non se pode. E se xa non se pode defender cos datos da rede, de onde sairían datos como fonte primaria, é que xa non sería honesto ocultalo na Galipedia.
Agora leo o de Agremon, (artigo de Praza supón unha descoberta de persoalidade dunha magnitude abondo superior), e paréceme certo. E se o artigo de Praza é precisamente para conseguir notoriedade (estilo efecto Streisand)?
Afortunadamente aínda non lin o de Praza, polo que non me sinto influenciado polo que di ela. A iso vou agora. Así que opinarei de xeito que o seu tratamento non me dean ganas de represalias, que tampouco debe ser un criterio para tomar unha decisión. Débense defender os seus dereitos, os que teña e se os ten, tanto se se enfada como se é unha damisela en apuros. A súa vontade é irrelevante.
Tamén discordo do incipit de Judcosta. O camiño do medio é unha falacia (entre lanzar catro bombas atómicas e ningunha, o mellor é o medio: lancemos dúas). O seguinte, sorry, non o entendo moito. Se ela non se recoñece no artigo, se a súa identidade está manipulada, entón si que é un problema do artigo da Galipedia, pero nós saberemos se os datos son certos ou non porque estarán referenciados.
Respecto o que di Piquita (acaba de editar e eu teño que marchar), non sei os datos de referencia que se dan para facer a adscrición (Praza?), habería que velos e é certo que se hai abstracción por parte da Galipedia deben obviarse, pero se se menciona nalgures, non ten por que non aparecer. Así que Concordo, fiándome de que hai fontes que relacionan e que ela é relevante como para estar galipediada. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 2 de marzo de 2016 ás 14:28 (UTC)
- Eu opino que desde o momento en que hai fontes que relacionan o nome real co sobrenome literario [1] ou [2] é lexítimo incluír eses datos na Galipedia. Hai que respectar as decisións das persoas claro que si, pero a Galipedia non se pode ver restrinxida por esas decisións nin eliminar datos relevantes.--HacheDous=0 (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 15:09 (UTC)
- Alguén atopou algunha referencia na que se diga Ou se relacione o nome co Pseudónimo? Non hai! Por favor mirade as fontes do artigo. [1] Piquita (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 15:17 (UTC)
- Piquita, Hache2 acaba de facelo. Lexitimo si, pero é relevante? Creo q si, xa é opinion, xq os dous aspectos son medios escritos. Outra cousa son as emocions q lle fagan sentir á protagonista, e q queira ter a sua identidade baixo control (a pesares das suas disquisicions, non é algo que dominemos só nós, depende de como nos ven os demais!) ※ Sobreira ►〓 「parlez 」
Moi ben, moitísimas grazas a todos e todas polas vosas opinións. Eu, pola miña parte, creo que teño todo claro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 16:44 (UTC)
- Cito á Biblioteca Nacional de España:
- Mato Bouzas, Antía (1974-)
- Término relacionado: Nara, Antía (1974-)
- Fuentes: Para obras de esta autora escritas bajo seudónimo, véase además: Nara, Antía (1974- )
- Luces fóra!, 2006; port. (edición bilíngüe de Antía Mato Bouzas)
- Aquel lugar, 2007; port. (Antía Nara) contraport. (cop. Antía Mato Bouzas) anteport. (n. en 1974)
- Llamada a Edicións Xerais de Galicia, 25-9-2008; (Antía Nara es un seudónimo que utiliza Antía Mato Bouzas para firmar sus obras)
- Nara, Antía (1974-)
- Término relacionado: Mato Bouzas, Antía (1974-)
- Fuentes: Para obras de este autor escritas bajo nombre real, véase además: Mato Bouzas, Antía (1974-)
- Aquel lugar, 2007; port. (Antía Nara) contraport. (cop. Antía Mato Bouzas) anteport. (n. en 1974)
- Llamada a Edicións Xerais de Galicia, 25-9-2008; (Antía Nara es un seudónimo que utiliza Antía Mato Bouzas para firmar sus obras).
Comentario Custoume entender a situación. Poderías haber empregar ligazóns como esta. Ademais non entendo o de escribir en reflexivo (Publícase un artigo) en vez de dicir a realidade (por exemplo: Antía Bouzas publica un artigo criticando...). Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 3 de marzo de 2016 ás 06:37 (UTC)
Hoxe por fin conseguín un pouco de tempo para comentar este tema. Actualmente o artigo é correcto porque ten referencias axeitadas, pero teño que dicir, desde o meu punto de vista, que no momento en que Xabier Cid comentou este problema aquí, e o tempo previo a iso, o artigo non debería indicar o nome real da autora porque a referencia que se achegaba non era unha referencia acreditada, e tendo en conta as obxeccións sobre a información aínda máis. A referencia que había nos comezos do artigo sacábase dunha investigación orixinal. Estas referencias non son válidas e moito menos para unha información que xera controversia. Nestes momentos o artigo ten referencias axeitadas e non ten problemas, pero anteriormente a situación do artigo non era correcta e debería terse borrado a información sobre a autora real xa que as referencias do Corte Inglés e a busca en Xerais por "Antía+Bouzas+Berlín" non eran unhas referencias acreditadas. Baseándonos niso o artigo de Antía Nara só podía conter a lista dos seus libros sen ningunha información sobre Antía Mato Bouzas. Pero xa digo, despois das achegas de referencias acreditadas xa non é o caso, pero o que si penso é que nos seus comezos o artigo non debería ter feito a revelación do nome real, máis tendo en conta as obxeccións que se fixeran. E todo isto baseándome en Wikipedia:Verificabilidade na que sempre se di que os materiais cuestionables deben referenciarse con fontes acreditadas, o que non era o caso.
Que penso que se tería que ter feito neste caso? No momento no que a IP comentou o problema, o primeiro que debería terse feito era eliminar do artigo toda a información relativa á autora real, xa que non tiña referencias, logo buscar referencias de calidade, as que se engadiron nos comezos do artigo non o eran, e logo, en caso de atoparse, engadir a información da autora real. Se na situación anterior non se deran atopado as referencias directas nas que se relacionaba o pseudónimo co nome da autora, Dialnet ou BNE, non se podería ter achegado a información da autora ó artigo xa que non tería fontes acreditadas nas que basearse. Saúdos e perdoade pola tardanza na resposta, Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2016 ás 09:46 (UTC)
Ola, Elisardojm. Non sei se estou moi de acordo co que sinalas, aínda que evidentemente agora xa non ten demasiada relevancia. As discrepancias que teño son relativas á verificabilidade e ao carácter de investigación. Cando iniciei o artigo, inicieino baixo Antía Nara. Como faría con calquera outro artigo, busquei o segundo apelido, o lugar de nacemento, etc. Iso non é ao que as normas da Wikipedia se refiren cando falan de investigación primaria. Eu non estou analizando a obra de Nara, nin fun recoller de fontes orais ou persoais nada sobre ela. Fixen o checking que facemos sempre para comprobar que os datos que proporciona a Wikipedia son os correctos. E o primeiro que me aparece, como sinalo nos comentarios ao artigo, é o segundo apelido. Se facemos caso ao que di El Corte Inglés, esa persoa chámase Antía Nara Bouzas. E na redacción privada que fixen do artigo así o puxen. Un catálogo dunha libraría cun gran fondo editorial non é unha fonte de referencia válida para un segundo apelido? Eu creo que si. O seguinte paso foi, admito, azaroso. Tentando saber máis dela escribín en Google "Antía+Nara+Bouzas+Berlín" (dado que sabía por Xerais que era "investigadora en Berlín")e Google autocorrixiume a busca a "Antía+Mato+Bouzas+Berlín". Entón nese momento eu podía optar por manter os datos erróneos na wikipedia (Nara Bouzas), ou podía facer o que entendín que era o correcto, que poñer os datos reais e verdadeiros, sobre os que nese momento entendín que non había maior problema.
Mais despois, unha IP anónima protesta, e borra parte do artigo, e deixa como dato literario real a tradución que foi asinada como Antía Mato Bouzas. Entón efectivamente podía facer dúas cousas: ou regresar á versión errónea (todos sabiamos que era errónea nese momento) de Nara Bouzas, imaxino que borrando a tradución que a IP anónima conservara; ou ben volver á versión completa onde estaban datos que sabiamos nese momento reais e que si, certamente, tiñan unha proba incorrecta. O que non podiamos en ningún caso era manter a edición da IP anónima. Aí si, concordo contigo que, tendo en conta as prevencións xerais da Wikipedia con respecto ás biografías de persoas vivas, que coñecía pero non relera, debín quizais borrar por prevención o artigo enteiro, reconsiderado a súa redacción dende o comezo, e despois de facer as comprobacións que fixo posteriormente a comunidade, volto a publicar máis ou menos como foi na súa versión final. Ou sexa, discrepo con que o que fixen fose unha "investigación primaria", pero creo que si, non actuei con todo o celo que sería necesario ante unha demanda dunha usuaria. Preguntei á comunidade, e as persoas que opinaron concordaron, e iso fixo que non cuestionase dúas veces o meu procedemento. Síntoo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de marzo de 2016 ás 10:18 (UTC)
- Xabier eu penso que era unha investigación, non había ningunha referencia que directamente relacionara a autora co pseudónimo. Non podía ser un erro na base de datos da tenda? Si. Non podía ser un erro na busca de Google? Si. Había algunha fonte acreditada, como a da BNE ou outras que saíron despois, que explícitamente indicara que a autora tiña ese pseudónimo? Non. Entón non había referencia axeitada para poñer ese dato no artigo e, se non se buscaban ou atopaban outras referencias, o artigo só podía referirse a Antía Nara indicando os libros que escribira e sen relacionala coa autora.
- E logo, o que faga unha IP ou desfaga nun artigo..., iso é unha referencia? Pois tampouco, se volvemos a Wikipedia:Verificabilidade#Material cuestionable ou suxeito a selo: "Todas as citas textuais e calquera material cuestionable ou suxeito a ser cuestionable deben atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha referencia. A nota ao pé debe identificar a fonte ao completo, así como o lugar dentro da fonte (a páxina, a sección ou calquera outra división segundo sexa axeitado) onde se atopa o material." A edición da IP podía ser simplemente un vandalimo, un erro ou X, pero a edición dun usuario, IP ou non, nunca é referencia para un artigo.
- Xa, xa, que si, que era bastante seguro que a información era correcta, que podía deducirse e tal..., pero, e se a deducción erraba? podíase afirmar ó cento por cento que o pseudónimo era desa autora? Podía dicirse si, pero realmente non había unha fonte que o dixera explícitamente, e é así como se referencia correctamente, penso eu, e aínda máis despois de ter unha obxección sobre a información. Pero está ben que pasen estas cousas para que melloremos, eu o primeiro, e que teñamos as cousas claras para outros casos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2016 ás 02:28 (UTC)
- Boas, non me vou a espallar moito, xa que isto é de sinxela solución se o compredín ben, se hai referencias fiables sobre está información, non hai nada que facer por moito que a persoa queira. A este paso conseguirá o efecto Streisand. Lembrarvos de poñer a maior cantidade de refenrecias posibles. Saúdos --Harpagornis (Talk) 9 de marzo de 2016 ás 21:56 (UTC)
Votacións de propostas de políticas - marzo de 2016
[editar a fonte]Ola a todos. Deixo aquí unha actualización do estado das votacións en curso das propostas de políticas, e as datas das próximas votacións para marzo de 2016:
- Votacións en curso
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Biografías de persoas vivas: 9 , remata o 7/3/2016.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns vermellas: 2 / 6 , remata o 13/3/2016.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de administradores/proposta 2015: 7 / 1 , remata o 19/3/2016.
- Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de burócratas: 4 / 1 , remata o 27/3/2016.
- Wikipedia:Votacións/Modificar as normas de toponimia: 1 / 3 , remata o 31/3/2016.
- Votacións que comezarán en marzo
- Wikipedia:Sen avisos nos artigos: Comezará o 4/3/2016.
- Wikipedia:Fontes fiables: Comezará o 11/3/2016.
- Nova redacción de Wikipedia:O que é un artigo de calidade: Comezará o 18/3/2016.
Coma sempre, o calendario completo pódese consultar aquí, e podedes unirvos á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na vosa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.
A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións. Anímovos a todos a revisar as propostas iniciais e debater calquera cousa relacionada con elas nas respectivas páxinas de conversa das propostas, ás que estarei atento para responder o que sexa necesario
Saúdos! ☣Banjo tell me 2 de marzo de 2016 ás 09:05 (UTC)
Castelanismos nos artigos, e formas incorrectas en xeral
[editar a fonte]A raíz dunha discrepancia no artigo chuca (Conversa:chuca) houbo diferenzas de opinións sobre que papel deben ter os castelanismos e formas incorrectas (segundo o DRAG) nos artigos, é correcto poñer nun artigo por ex. "O polbo, tamén chamado pulpo", xa que se supón que haberá fontes anteriores a que o DRAG marcase pulpo como incorrecto que deran a forma pulpo como galega, ou hai que reflectir e como que pulpo é a forma corrente de chamarlle ao polbo en galego?. Desde o meu punto de vista iso suporía abrir a espita para encher a Galipedia de castelanismos e vulgarismo, onde poñer o límite aos castelanismos.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 20:56 (UTC)
- En xeral estou de acordo contigo, pero ten en conta que moitas veces hai formas que estaban NO PROPIO DRAG antes (e en moitos dicionarios) e con referencias de uso abundantísimas e, ás veces, de uso xeral durante décadas ou mesmo eran as formas prescritas naquel período, xa sexan castelanismos (considerados agora como tales) ou outras variantes galegas. Por tanto, non é tan simple. Pero en caso de grandes discusións, o DRAG ten capacidade para prescribir, pero algunhas outras obras e dicionarios temáticos pode que non teñan tanta forza prescritiva e hai que ser máis moderado. Un caso de bioloxía pode ser axón. Usouse así durante décadas porque era o prescrito, pero agora algúns dicionarios prefiren axon e outros mencionan as dúas formas axón/axon, e o DRAG non di nada. Polo momento hai que ser moderados e mencionar na páxina as dúas formas. E lembras o de xabarín/xabaril e tantas cousas que eran normativas e que cambiaron despois. Mesmo é difícil aprender algo en terminoloxía galega, porque se aprendes hoxe unha cousa, igual xa cambia o ano que vén, e sempre estás inseguro, e hai que estar moi no allo para coñecer os cambios que se produciron. E hai exemplos en sentido contrario, por exemplo, antes non deixaban dicir marrón, e había que dicir castaño, pero agora deixan dicir marrón (xa non é castelanismo?).--Miguelferig (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 21:11 (UTC)
- Pero non é o mesmo que o DRAG marque unha forma como incorrecta e que especialistas e obras de referencia discrepen desa medida, nese caso estaría xustificada a mención no artigo, que haxa consenso tanto da DRAG como do resto de obras e autores de referencia en que unha forma é incorrecta, desde o meu punto de vista nese caso non estaría xustificado.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 21:23 (UTC)
- Eu penso que os castelanismos que están recoñecidos como tales non poden usarse na Galipedia, se nalgún momento se elimina algún entón xa pode engadirse. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 22:15 (UTC)
- Chamádeme pesado por insistir, pero, que facemos logo cando existen referencias fiables e publicadas en galego a unha forma alternativa, se a DRAG a marca como castelanismo? Obviamos esas fontes e tomamos partido? ☣Banjo tell me 20 de setembro de 2016 ás 22:31 (UTC)
- Eu non penso que sexa tomar partido, simplemente é seguir a normativa oficial do galego, e máis cando a RAG indica expresamente que son formas incorrectas do galego... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 22:58 (UTC)
- Ten razón HaceDous cando di que non podemos dar formas que o DRAG marca especificamente como incorrectas, nin podemos usar a alternativa de que "en castelán dise pulpo". Non se trata de acollerse a referencias "fiables e publicadas" senón a respectar -e seguir- as formas e normas que a RAG considera que son as correctas, sendo este un principio que non podemos vir a discutir. Por iso non deixamos redireccións desde boda a voda, por exemplo, por moitas fontes "fiables e publicadas" que contemplen a forma boda. Cando a RAG non se defina podemos discutir, pero cando si o fai só nos cabe dicir amen e respectar a súa decisión. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 14:34 (UTC)
- Para min o asunto non ten moita volta de folla. Subscribo as palabras de Lameiro. --Atobar (conversa comigo) 21 de setembro de 2016 ás 16:33 (UTC)
- Ten razón HaceDous cando di que non podemos dar formas que o DRAG marca especificamente como incorrectas, nin podemos usar a alternativa de que "en castelán dise pulpo". Non se trata de acollerse a referencias "fiables e publicadas" senón a respectar -e seguir- as formas e normas que a RAG considera que son as correctas, sendo este un principio que non podemos vir a discutir. Por iso non deixamos redireccións desde boda a voda, por exemplo, por moitas fontes "fiables e publicadas" que contemplen a forma boda. Cando a RAG non se defina podemos discutir, pero cando si o fai só nos cabe dicir amen e respectar a súa decisión. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 14:34 (UTC)
- Eu penso que os castelanismos que están recoñecidos como tales non poden usarse na Galipedia, se nalgún momento se elimina algún entón xa pode engadirse. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 22:15 (UTC)
Si, Lameiro, cando a RAG decida hai que aceptalo, pero é que ten decidido de diversas maneiras. Hai pouco mandeille un correo sobre as maiúsculas nos nomes dos períodos xeolóxicos (e supoño que tamén o faría moita xente máis). Pouco despois xa mudaron o que decidiran e agora xa se poden poñer con maiúscula, porque decidiron outra cousa. Xa se pode dicir "o Xurásico" (nome, que antes poñían con minúscula) e "fósil xurásico" (adxectivo). Ademais, penso que non o teñen de todo ben aínda porque din "período xurásico", cando aí hai que poñelo con maiúscula tamén porque non é un adxectivo senón o nome do período. Talvez dentro de pouco decidan volvelo a cambiar. Ilustro con este exemplo para que se vexa cal é a miña posición. O dicionario da RAG ten capacidade prescritiva e estou de acordo en respectalo, pero non se debe ter unha excesiva présa en introducir novidades que acaban de saír no DRAG; pódese esperar ás veces un pouquño a que as cousas se asenten. Porén, hai cousas claras; ningún dicionario nin especialista defende pulpo desde hai moitos anos. Ese é un exemplo de asunto asentado. Pero non todos son así. Xa discutín con Isili0n o asunto de acetil (obsérvese a terminación), metilo, butilo, oxhidrilo, hidroxilo, carboxilo, carbonilo, vinilo, nitrilo... (obsérvense as outras terminacións, que son todas entradas do DRAG). Finalmente decidirán algo e serán coherentes con esta lista de termos, xa sexa nun sentido ou noutro, pero, como dixen, non hai que ter un exceso de présa e esperar a que se asenten as cousas e haxa estabilidade neses termos.--Miguelferig (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 21:29 (UTC)
- Pero ¿canto é ese tempo de espera prudencial? ¿un ano, cinco anos? ¿decidímolo por votación? Non podemos, Galipedia non pode discutir a validez das escollas da RAG, por moito que persoalmente esteamos de acordo ou non. Xa sabemos que poden existir incoherencias nas súas escollas (ou o que a nós nos poden parecer incoherencias). Xoio ten escrito moito e bo sobre iso. Pero a cuestión é que temos a RAG como referencia máxima en cousas de lingua (como o Nomenclátor en toponimia) e só nos queda aceptar as súas decisións desde o momento en que adoptan esas decisións. E se as cambian podremos protestar e cabrearnos, pero teremos que cambiar nós tamén. Non lle veo volta de folla. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 21:55 (UTC)
- O tempo de espera pode ser un ano, dous, cinco ou máis (o malo, é que se son máis de cinco, algúns —coma este servidor—, xa non estaremos para lerias). Algúns cambios xa se fixeron, como o de eléctrodo por electrodo, angüiforme, angüiforme, angüiliforme, etc. (pero aínda lles queda anguílidos), cambios que non creo que (todos) fosen pola miña culpa. Así que, paciencia e a agardar. --XoioÉche o que hai 22 de setembro de 2016 ás 02:30 (UTC)
Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro
[editar a fonte]Ola de novo. Veño de traballar nos últimos tempos en varias novas propostas de políticas e normas, varias delas xa foron votadas a finais do ano pasado e comezos deste. Sigo revisando e preparando varias novas propostas, pero polo momento xa teño varias listas para presentar. Hai dúas que xa foron a votación previamente, pero non acadaron unha participación suficiente nun sentido ou outro, polo que considero axeitado volver a presentalas para tentar conseguir unha maior participación nesta ocasión.
En Usuario:Banjo/calendario está o calendario tentativo do comezo das votacións, 4 en total, comezando cada unha delas un venres de novembro, cunha semana de separación entre elas. As propostas serán as seguintes:
- 4 de novembro: Wikipedia:Fontes fiables -> Elaboración sobre a fiabilidade das fontes empregadas, un apoio para a verificabilidade e neutralidade (xa proposta anteriormente)
- 11 de novembro: Usuario:Banjo/Wikipedia:O que é un artigo de calidade -> Actualización do texto dos criterios para a elección dos artigos de calidade. (xa proposto anteriormente)
- 18 de novembro: Wikipedia:Consenso -> Texto básico das normas da Wikipedia que reflicte os procesos e estándares do consenso editorial que se veñen practicando día a día na wiki
- 25 de novembro: Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016-> Actualización dos criterios de eliminación rápida, con descricións engadidas ós criterios para axudar a novos administradores e cun sistema de abreviaturas para axilizar cuestións administrativas e conversas (Inclúe as opcións correspondentes para o borrado de páxinas e borrado de ficheiros)
Como sempre todo o mundo é máis que benvido a revisar, debater e corrixir calquera fallo nestes textos que se van a propoñer, canta máis participación sempre mellor. Calquera dúbida estou á vosa disposición. Saúdos. ☣Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 08:50 (UTC)
- Banjo, eu creo que non é bo momento para presentar estas propostas, temos unha tarefa que penso que é urxente e para min prima sobre o resto: amañar todos os contidos relacionados co novo concello de Cerdedo-Cotobade. Eu polo menos vou tentar concentrarme neste traballo polo menos ata que as principais tarefas asociadas estean amañadas. Eu diría de adiar estas votacións un mes ou dous para amañar os artigos do concello. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2016 ás 23:12 (UTC)
- Non lle vexo moita relación a unha cuestión e outra, da mesma forma que hai outras tarefas de mantemento relativamente urxentes que non implican que se paren outras votacións, por exemplo. Son tarefas totalmente diferentes, eu non lle vexo relación a unha cuestión editorial/de mantemento con outra de debate e votación. A maiores de que decembro e os comezos de xaneiro son habitualmente períodos de menor actividade na wiki (Nadal, vacacións, reunións familiares, exames nos institutos/universidades etc.), implicando probablemente unha menor participación en calquera tipo de votación. ☣Banjo tell me 26 de outubro de 2016 ás 06:19 (UTC)
- Concordo co exposto por Banjo. --Chairego apc (conversa) 26 de outubro de 2016 ás 14:32 (UTC)
- Non lle vexo moita relación a unha cuestión e outra, da mesma forma que hai outras tarefas de mantemento relativamente urxentes que non implican que se paren outras votacións, por exemplo. Son tarefas totalmente diferentes, eu non lle vexo relación a unha cuestión editorial/de mantemento con outra de debate e votación. A maiores de que decembro e os comezos de xaneiro son habitualmente períodos de menor actividade na wiki (Nadal, vacacións, reunións familiares, exames nos institutos/universidades etc.), implicando probablemente unha menor participación en calquera tipo de votación. ☣Banjo tell me 26 de outubro de 2016 ás 06:19 (UTC)
- Eu non concordo de todo con Elisardojm, si que é certo que hai tarefas pendentes importantes, pero Banjo ten razón en que non son tarefas incompatibles. Dito isto, creo que non hai necesidade en sacar catro propostas de políticas en novembro, penso que non hai urxencia en facer esas votacións, con presentar unha cada mes sería suficiente e podería adicárselles máis tempo ás votacións das políticas e, ao mesmo tempo, traballar temas urxentes e/eu revisar as propostas a artigos de calidade e artigos bos para tentar que saian todas adiante. Persoalmente creo que a votación dos criterios para os artigos de calidade non é necesaria, xa que cos criterios de calidade que temos agora estanse a escoller artigos dun nivel moi alto que nada teñen que envexar aos seus homónimos de outras Wikipedias maiores... creo que neste sentido a comunidade xa estableceu un listón alto e non vexo necesario mudar esa política, creo que non debemos tolear coas políticas, e neste caso o que hai funciona moi ben (chega con ver o nivel de todos os artigos escollidos este ano, e mesmo outros que non saíron pola escasa participación, que son os que temos máis frescos). Por outra banda non encontro moito sentido á política de "eliminación rápida", sen pararme a ler todo, creo que os administradores da Galipedia teñen sentido común como para non borrar a distro y siniestro, aínda así, é algo que tan só afecta aos administradores e non sei ata que punto é relevante para o resto da comunidade adicarlle tempo a ler unha política que nin lle vai nin lle vén, non sei se me explico... Polo demais, creo que as outras dúas políticas si que son relevantes e interesantes para a comunidade, o suficientemente importantes como para adicarlles máis dunha semana (sei que a votación dura un mes, pero unha votación por semana limita moito a marxe de revisión, somos unha Wikipedia moi pequena, non temos capacidade para sacar catro políticas ben debatidas, consensuadas, revisadas na súa redacción para evitar malas interpretacións... nun mes). Eu o que proporía sería ir presentándoas unha por mes e debatilas ben, darlles mil voltas... Certo que para min as políticas non son importantes, pero creo que debemos hachar un equilibrio para sacar políticas importantes como a das fontes fiables ou o consenso e ao mesmo tempo poder adicarlles tempo (canto repito esta palabra) ás propostas para calidade e bos e tentar así que todas elas saian adiante, algo que nos pode dar unha moi boa publicidade de cara a gañar lectores e mesmo editores... Un saúdo! Piquito (conversa) 26 de outubro de 2016 ás 21:20 (UTC)
- A min paréceme ben que se presente unha política cada mes, así non interferiría tanto co resto de traballos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2016 ás 01:31 (UTC)