White Fang 2: Myth of the White Wolf
White Fang 2: Myth of the White Wolf | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | White Fang 2: Myth of the White Wolf |
Director | Ken Olin |
Produtor | Preston Fischer |
Guión | David Fallon |
Intérpretes | Scott Bairstow Charmaine Craig Al Harrington Anthony Ruivivar Victoria Racimo Alfred Molina Geoffrey Lewis Ethan Hawke |
Música | John Debney |
Fotografía | Hiro Narita |
Montaxe | Elba Sanchez-Short |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 1994 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Recadación | $8 878 839 |
Filme anterior | Cairo Branco |
Na rede | |
http://movies.disney.com/white-fang-2-myth-of-the-white-wolf | |
White Fang 2: Myth of the White Wolf é un filme estadounidense dirixido por Ken Olin que se estreou en 1994. É a secuela do filme Cairo Branco, que está baseado na novela de Jack London White Fang.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Henry Casey é un mozo que vive en compaña de Cairo Branco, metade lobo, metade can, nas montañas de Alasca a comezos do século XX. Durante unha das súas viaxes polo río para recoller unhas provisións, a canoa na que ambos viaxan tómbase e Henry cae á auga, sendo arrastrado pola forte corrente. A pesar dos esforzos de Cairo Branco por salvar ó seu amo, o animal non logra dar con el. Porén, Henry é rescatado por unha princesa dunha tribo india, cuxos membros están sufrindo a fame que ameaza con facelos desaparecer de non aparecer axiña a súa principal fonte de alimento, o caribú.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)