Saltar ao contido

Wario Land II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wario Land II
Desenvolvedor(es)Nintendo Research & Development 1
Distribuidora(s)Nintendo
LanzamentoGame Boy (orixinal); 9 de marzo de 1998
Game Boy Color; 1 de febreiro de 1999
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Game Boy
Game Boy Color
Lingua/sInglés e xaponés
SerieWario Land
Na rede
IMDB: tt0283677 Youtube: UCJXjpxnNId-SJ4Q2hf9jtjA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wario Land II é un videoxogo de Game Boy lanzado en 1998.[1] En 1999 Nintendo refixo o xogo para aproveitar o hardware da Game Boy Color. As dúas versións do xogo poden ser melloradas co Super Game Boy, cuns bordos de pantalla que cambian de acordo coas situacións do xogo. As cores do Super Game Boy non se poden intercambiar, posto que a posibilidade de cambialas manualmente é impedida polo mesmo xogo, malia que apareceu un código de game genie para permitir cambiar as cores pero deste xeito os bordos de pantalla non aparecen.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O xogo simboliza o retorno da inimiga de Wario, a capitá Sirope. Á primeira hora dunha mañá, ela e un gran número dos seus soldados, os Piratas de Azucre Moreno, cóanse no castelo de Wario e provocan o caos. Rouban o seu tesouro máis valioso, fan soar o seu espertador xigante, e deixan unha billa xigante aberta, inundando unha grande parte do castelo. Despois de que Wario esperte e se dea conta do que pasa, perségueos por todas as terras do ao redor até o barco e o castelo da capitá Sirope. O xogo é moi interesante grazas aos seus camiños diverxentes. Atopando saídas escondidas nalgunhas das pantallas, o xogador pode cambiar o rumbo do argumento do xogo (dada a súa gran flexibilidade) e descubrir varios finais alternativos, así como tamén atopar máis tesouros. De feito, atopar cada un dos finais e o auténtico capítulo final é a única maneira de acabar o xogo por completo. O xogo ten un total de 52 niveis.[2]

Estados de Wario

[editar | editar a fonte]
  • Wario esmagado: Uns morcegos poden esmagar a Wario. Vantaxes: Pode pasar por lugares estreitos e planear polo ar.
  • Wario gordo: Uns cociñeiros poden lanzarlle pasteis a Wario para que engorde. Vantaxes: Pode esnaquizar algúns bloques grazas ao seu peso e vólvese inmune a calquera ataque. Desvantaxes: Wario é máis lento e o seu pulo diminúe.
  • Wario queimado: Hai algunhas ratas que poden chegar a queimar a Wario. Vantaxes: Pode destruír certos bloques. Desvantaxes: Non pode deixar de moverse durante certo tempo.
  • Wario bébedo: Se un pingüín lle lanza cervexa, fai que Wario se volva bébedo. Vantaxes: Se o xogador fai que Wario arrote un gas pola boca e lle dea a un inimigo, elimínao.
  • Wario zombi: Unhas pantasmas ou zombis transforman ao personaxe nun zombi. Vantaxes: Pode pasar a través dos chans e vólvese inmune a calquera ataque. Desvantaxes: Non pode pular.
  • Wario inchado: Existen unhas abellas, ademais doutros elementos do xogo, que poden facer que a cabeza de Wario se inche e empece a voar cara arriba. Vantaxes: Pode chegar a lugares inaccesíbeis. Desvantaxes: Só golpeándose con algunha superficie de arriba poderase deter o efecto.
  • Mini wario: Ás veces un mago pode converter a Wario nun anano. Vantaxes: Pode correr máis rápido e saltar máis alto.
  • Wario rebotante: Uns simios poden facer rebotar a Wario se é golpeado cos seus martelos. Vantaxes: Pode chegar a lugares moi altos.
  • Wario conxelado: Se Wario é conxelado, sairá deslizándose até chocar con algo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]