Villarreal Club de Fútbol
Villarreal | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Villarreal Club de Fútbol | |||
Alcume(s) | Submarino Amarillo | |||
Fundación | 1942 | |||
Estadio | Estadio de la Cerámica, Vila-real, España | |||
Inauguración | 1923 | |||
Capacidade | 25.000 | |||
Presidente | Fernando Roig | |||
Adestrador | Unai Emery | |||
Liga | Primeira División | |||
2019–20 | 5º | |||
Vestimenta | Xtep | |||
Na rede | ||||
http://www.villarealcf.es/ | ||||
| ||||
O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira División.
En 2008 acadou o subcampionato de Liga e en 2021 conseguiu o seu primeiro título, gañando a final da Europa League contra o Manchester United. Anteriormente, na tempada 2005-06, chegou ata as semifinais na Liga de Campións da UEFA, converténdose no mellor equipo debutante da competición baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini, o técnico máis exitoso da historia do club, que tamén foi subcampión de liga.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo xogou en divisións inferiores ata que na tempada 1997–98 acabou cuarto da Segunda División. Na promoción de ascenso a Primeira División xogou contra o SD Compostela, empatando os dous partidos, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario ascendeu á primeira categoría. O gol que supuxo o ascenso fíxoo Alberto Saavedra. Debutou por primeira vez neste torneo o 31 de agosto de 1998 contra o Real Madrid CF.
Gañou a Copa Intertoto no verán de 2003 clasificándose así para a Copa da UEFA. Na seguinte tempada o Villarreal acadou as semifinais da Copa da UEFA 2003–04, perdendo ante o seu veciño e finalmente campión Valencia CF. Con todo, ese verán volveu gañar a Copa Intertoto de novo, clasificándose para a Copa da UEFA da seguinte tempada, na que lograrían un novo grande éxito.
Na tempada 2004–05 quedou terceiro na Primeira División, tralo FC Barcelona e o Real Madrid CF, o que lles levou a xogar a Liga de Campións. Na fase de grupos, conseguiu eliminar a clubs de prestixio mundial coma o Manchester United inglés, o Glasgow Rangers escocés, ou o Inter de Milán italiano. O soño da final quedou frustrado polo Arsenal que eliminou o Villareal nas semifinais.
Na tempada 2007–08 cun balance de 17 vitorias, 5 empate e 7 derrotas en 29 xornadas, o Villarreal asinou o seu mellor arranque ligueiro da historia, con 56 puntos, a tan só 6 puntos do Real Madrid CF. O 4 de maio de 2008, tras gañar ao Recreativo de Huelva no Nuevo Colombino (0–2), e tras a derrota do FC Barcelona no Santiago Bernabéu (4–1), o Villarreal asegurouse matematicamente o subcampionato ligueiro a falta de dúas xornadas, co que participarían por segunda vez na súa historia na Liga de Campións da UEFA, esta vez sen disputar a fase previa. E isto de man de Manuel Pellegrini.
Na tempada 2011–12, tras cambiar de adestrador en dúas ocasións (Juan Carlos Garrido comezou a campaña, sendo substituído por José Francisco Molina e este por Miguel Ángel Lotina) e tras xogar doce anos consecutivos na máxima categoría, o Villarreal CF retornou á Segunda División. O descenso consouse na derradeira xornada do campionato cunha derrota en El Madrigal contra o Atlético de Madrid (0–1).
O 6 de xuño de 2012 anunciouse que o adestrador na nova etapa en Segunda División sería Manuel Preciado, falecendo un día despois, sen chegar a ser presentado.[1] Finalmente foi Julio Velázquez o adestrador, que sería substituído logo dunha primeira volta irregular por Marcelino García Toral. O equipo acabou en segunda posición, volvendo a Primeira División só un ano despois do descenso.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis escuras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio de la Cerámica.
O estadio no que xoga o equipo é o estadio de la Cerámica. Inaugurouse o 17 de xuño de 1923 baixo o nome de Campo del Villarreal, cun partido entre o CD Castellón e o Cervantes. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal, nome que mantería ata 2017, na honra dos antigos terreos onde se atopa o recinto deportivo. Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores e unhas dimensións de 105 por 68 metros.
Durante a súa historia sufriu varias remodelacións. A primeira remodelación levou a cabo no verán de 1952. Durante os anos 60 o club construíu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971/72 as gradarías da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galería foi demolida para construír unha nova. Para o 75º aniversario do estadio, o club comezou novas renovacións. As gradarías do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamén un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruída, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 18 (incluída a 2017/18)
- Tempadas en 2ª: 10
- Tempadas en 2ªB: 4
- Tempadas en 3ª: 23
- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 20º
- Mellor posto na liga: 2º (2007-08)
- Goleador histórico en Primeira: Diego Forlán con 54 goles
- Máximo goleador: Diego Forlán con 25 goles (2004-05, trofeo Pichichi e Bota de Ouro)
- Partidos en Liga:
- Maior triunfo de local: 5-0 fronte ó Salamanca (1998-99, x.4); 5-0 fronte ó Celta (2002-03, x.34); 5-0 fronte ó Tenerife (2009/10, x.9)
- Maior triunfo de visita: 0-4 fronte á Real Sociedad (2004-05, x.22)
- Maior derrota de local: 0-5 fronte ó Real Madrid (2007-08, x.2)
- Maior derrota de visita: 5-0 fronte ó Recreativo de Huelva (2002-03, x.31)
- Maior empate de local: 4-4 fronte ó Atlético de Madrid (2008-09, x.8)
- Maior empate de visita: 3-3 en varias ocasións.
- Partidos en competicións europeas:
- Maior triunfo en Liga de Campións: 6-3 fronte ó Aalborg BK (2008-09, x.3 da fase de grupos).
- Maior triunfo en Copa da UEFA: 4-0 fronte ó Aigaleo Athens (2004-05, x.4 da fase de grupos)
- Maior derrota en Liga de Campións: 0-3 fronte ó Arsenal FC (2008-09, volta de cuartos de final)
Historial por tempadas
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
de 29–30 | Rexional | — | |
ata 55–56 | Rexional | — | |
1956/57 | 3ª | 8º | |
1957/58 | 3ª | 5º | |
1958/59 | 3ª | 6º | |
1959/60 | 3ª | 12º | |
1960/61 | 3ª | 14º | |
from 61–62 | Rexional | — | |
to 66–67 | Rexional | — | |
1967/68 | 3ª | 3º | |
1968/69 | 3ª | 9º | |
1969/70 | 3ª | 1º | 3ª Rolda |
1970/71 | 2ª | 16º | 1/16 |
1971/72 | 2ª | 17º | 1/32 |
1972/73 | 3ª | 12º | 1/64 |
1973/74 | 3ª | 12º | 1/64 |
1974/75 | 3ª | 8º | 1/64 |
1975/76 | 3ª | 13º | 1/64 |
1976/77 | Rexional | 2º | |
1977/78 | 3ª | 15º | 1ª Rolda |
Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
1978/79 | 3ª | 13º | 1/64 |
1979/80 | 3ª | 9º | 1/64 |
1980/81 | 3ª | 16º | 1ª Rolda |
1981/82 | 3ª | 7º | |
1982/83 | 3ª | 14º | |
1983/84 | 3ª | 13º | |
1984/85 | 3ª | 14º | |
1985/86 | 3ª | 6º | |
1986/87 | 3ª | 3º | 1/16 |
1987/88 | 2ªB | 2º | 2ª Rolda |
1988/89 | 2ªB | 4º | 1ª Rolda |
1989/90 | 2ªB | 18º | |
1990/91 | 3ª | 2º | 2ª Rolda |
1991/92 | 2ªB | 2º | 2ª Rolda |
1992/93 | 2ª | 13º | 1/4 |
1993/94 | 2ª | 16º | 1/16 |
1994/95 | 2ª | 10º | 1/16 |
1995/96 | 2ª | 15º | 1/64 |
1996/97 | 2ª | 10º | 1/16 |
1997/98 | 2ª | 4º | 1/64 |
Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei | LC | UEFA |
---|---|---|---|---|---|
1998/99 | 1ª | 18º | 1/8 | ||
1999/00 | 2ª | 3º | 1/8 | ||
2000/01 | 1ª | 7º | 1/64 | ||
2001/02 | 1ª | 15º | 1/4 | ||
2002/03 | 1ª | 15º | 1/32 | ||
2003/04 | 1ª | 8º | 1/8 | 1/2 | |
2004/05 | 1ª | 3º | 1/32 | 1/4 | |
2005/06 | 1ª | 7º | 1/8 | 1/2 | |
2006/07 | 1ª | 5º | 1/8 | ||
2007/08 | 1ª | 2º | 1/4 | 1/16 | |
2008/09 | 1ª | 5º | 1/16 | 1/4 | |
2009/10 | 1ª | 7º | 1/8 | 1/16 | |
2010/11 | 1ª | 4º | 1/4 | 1/2 | |
2011/12 | 1ª | 18º | 1/16 | 1/16 | |
2012/13 | 2ª | 2º | 2ª Rolda | ||
2013/14 | 1ª |
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Villarreal CF.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 30 de xaneiro de 2020.
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Campionato Rexional de Afeccionados (1): 1951
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Liga de España (1): 2007-08
- Subcampión da Segunda División (1): 2012-13
- Terceira División de España (1): 1969-70
- Primeira Rexional da Comunidade Valenciana (3): 1935-36, 1955, 1966-67
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- UEFA Europa League (1): 2021
- Copa Intertoto da UEFA (2): 2003, 2004
- Subcampión da Copa Intertoto (2): 2002, 2006
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Mellor equipo do mundo do mes de decembro de 2004 segundo a IFFHS.[2]
- Premio ó Fomento e Promoción do Deporte en 2007 para a Escola de Fútbol do Villarreal na Iª Edición dos Premios Nostresport.[3]
Filiais
[editar | editar a fonte]Villarreal B
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Villarreal B.
O Villarreal Club de Fútbol B é o primeiro equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 1999 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Debutou en Terceira División na tempada 2003-2004, ascendeu a Segunda División B na 2006-2007 e a tempada 2008-2009 ascendeu a Segunda División A. En 2012 descendeu novamente a Segunda B polo descenso do primeiro equipo a Segunda.
Villarreal C
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Villarreal CF C.
O Villarreal Club de Fútbol C é o segundo equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 2002. Debutou en Rexional Preferente na tempada 2004-2005 e ascendeu a Terceira División na 2006-2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Muere Manolo Preciado que acababa de fichar por el Villarreal"". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 07 de xuño de 2012.
- ↑ "O Club do Mes do Mundo" (en español e inglés). IFFHS. Consultado o 21 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Iª Edición dos Premios Nostresport". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 13 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villarreal Club de Fútbol |