Saltar ao contido

Vágar (concello)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVágar
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 62°03′04″N 7°11′38″O / 62.0511, -7.1939
Region of the Faroe Islands (en) TraducirVága sýsla (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalMiðvágur Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.962 (2014) Editar o valor en Wikidata (1,91 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.028 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRósa Samuelsen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalFO 370 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvaga.fo Editar o valor en Wikidata

Vágar é un concello das Illas Feroe que comprende a metade oriental da Illa de Vágar. En 2011 tiña unha poboación de 1.940 habitantes e a súa capital é a vila de Miðvágur.

O primeiro concello de Vágar fundouse no 1911 e incluía toda a illa homónima. Foi de curta duración, pois en 1914 dividiuse en catro concellos diferentes: Miðvágur, Sandavágur, Sørvágur e Bøur. O concello de Vágar formouse o 1 de xaneiro de 2009 coa fusión dos concellos de Miðvágur e Sandavágur e, a diferenza do primeiro, tan só a parte oriental da illa forma parte do concello, xa que a porción occidental da illa pertence ao concello de Sørvágur.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Vágar tiña en 2011 unha poboación estimada de 1.940 persoas. Dentro dos seus límites atópanse 3 localidades: Miðvágur, Sandavágur e Vatnsoyrar. A maior localidade é Miðvágur, que ademais é a sede administrativa do concello.[1]

Localidade Poboación
Miðvágur 1.059
Sandavágur 828
Vatnsoyrar 53
Total 1.940

Política

[editar | editar a fonte]

En 2008 realizáronse as primeiras eleccións para o novo concello de Vágar, que fundouse oficialmente o 1 de xaneiro de 2009. Postuláronse catro listas independentes, das cales tres repartíronse os 12 postos do concello. Albert Ellefsen, do Fólkaflokkurin, ocupa o cargo de alcalde, aínda que a súa lista non tivo a maioría dos votos nas eleccións.