Tyrrell 007
Tyrrell | |
---|---|
Información | |
País | Reino Unido |
Fabricante | Tyrrell Racing Organisation |
Deseñador | Derek Gardner |
Produción | |
Predecesor | 006 |
Sucesor | P34 |
Longo | mm |
Largo | mm |
Alto | mm |
Peso | 625 kg mínimo (con auga, lubricante e piloto) |
Chasis | Monocasco de aluminio |
Suspensión | Frontal, dobre triángulo, resortes helicoidais sobre amortecedores, barra antienvorco Traseira, brazo dobre, brazos de radio, resortes helicoidais sobre amortecedores, barra antienvorco |
Motor | Ford-Cosworth DFV, 90° V8, motor central, montado lonxitudinalmente |
Potencia | 2.993 cm³ |
Transmisión | Hewland FG400, manual, 5 velocidades |
Tracción | Posterior |
Freos | |
Prestacións | |
Pneumáticos | 1974-1976: Goodyear 1976: Bridgestone 1977: Dunlop |
Debut | Gran Premio de España de 1974 |
Pilotos | |
Carreiras | 37 |
Gañadas | 3 |
Poles | 1 |
Voltas rápidas | 1 |
Camp. Cons. | 0 |
Camp. Pilt. | 0 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Tyrrell 007 é un coche de Fórmula 1, deseñado polo xefe de deseñadores de Tyrrell, Derek Gardner, e usouse nas tempadas de Fórmula Un de 1974, 1975, 1976 e 1977.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Ken Tyrrell, propietario de Tyrrell Racing necesitou contratar dous novos pilotos para 1974 porque Jackie Stewart retirouse da competición a finais de 1973 e François Cevert morreu ao final da tempada de 1973 nos Estados Unidos. O equipo fichou a Jody Scheckter e Patrick Depailler. Nas tres primeiras carreiras de 1974, (Arxentina, Brasil e Suráfrica), Tyrrell Racing utilizou os anteriores chasis dos 005 e 006.
Historia nas carreiras
[editar | editar a fonte]Elf Team Tyrrell
[editar | editar a fonte]1974
[editar | editar a fonte]O Tyrrell 007 debutou no Gran Premio de España de 1974. Scheckter pilotou o 007 e terminou quinto, Depailler pilotou o 006 e o chasis do 005 xa non se utilizou.[1] No Gran Premio de Bélxica de 1974 xa correron os dous chasis 007. Ao comezo da carreira, Clay Regazzoni de Ferrari tomou o liderado por diante de Scheckter e o McLaren de Emerson Fittipaldi. Ao final da primeira volta Fittipaldi pasou a Scheckter para tomar o segundo lugar.[2] No Gran Premio de Suecia de 1974, Scheckter gañou a carreira e Depailler terminou segundo.[3] No Gran Premio dos Países Baixos de 1974 Scheckter terminou quinto e Depailler sexto.[4] No Gran Premio de Francia de 1974, Scheckter tomou o cuarto posto e Depailler terminou oitavo co chasis 006.[5] No Gran Premio do Reino Unido de 1974 Scheckter tomou a dianteira e gañou a carreira, un fallo no motor deixou a Depailler fóra da carreira.[6] No Gran Premio de Alemaña de 1974, Depailler tivo un accidente causado pola rotura da suspensión.[7] No Gran Premio de Austria de 1974 Depailler retirouse logo dun accidente.[8] Peterson cruzou a liña menos dun segundo por diante de Fittipaldi logo de 12 voltas batallando en Italia. Scheckter terminou terceiro e Depailler terminou undécimo.[9]
O equipo de Tyrrell anotou 52 puntos no Campionato Mundial, catro puntos foron anotados polo 005 e o 007 anotou 48 puntos, logrando o terceiro lugar no campionato do mundo de construtores de Fórmula 1.
1975
[editar | editar a fonte]O equipo de Tyrrell anotou vinte e cinco puntos no Campionato Mundial, obtendo o quinto lugar na clasificación do Campionato de Construtores.
1976
[editar | editar a fonte]O equipo de Tyrrell anotou 71 puntos do Campionato Mundial, 13 puntos foron anotados polo 007 e o Tyrrell P34 anotou 58 puntos, acadando o terceiro lugar na clasificación do Campionato de Construtores.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados fóra do campionato
[editar | editar a fonte](clave) (resultados en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipos | Motores | Pneum. | Pilotos | 1 | 2 | 3 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Elf Team Tyrrell | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | G | ROC | INT | SUI | |
Jody Scheckter | Ret | ||||||
Patrick Depailler | 5 | 2 | |||||
1976 | Elf Team Tyrrell | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | G | ROC | INT | ||
Jody Scheckter | 3 | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grand Prix results, Spanish GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Belgian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Swedish GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Dutch GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, French GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, French GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, German GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Austrian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Grand Prix results, Italian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ En 1974 lograron 4 puntos usando o Tyrrell 005.
- ↑ En 1976 lograron 58 puntos usando o Tyrrell P34.
- ↑ En 1977 lograron todos puntos usando o Tyrrell P34.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. pp. 121, 190, 201, 225, 287, 334, 337, 374 and 414. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tyrrell 007 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |