TuTo Hockey
TuTo | |
---|---|
Fundación | 1929 Turun Toverit 1988 TuTo Hockey |
Cidade | Turku, Finlandia Propia Finlandia |
Estadio | Rajupaja Areena (2 985 espectadores) |
Liga | Mestis |
Campionatos | 1 (2008) |
Adestrador | Juhani Tamminen |
Cores | Vermello, azul e branco |
O TuTo Hockey é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia), sendo un dos dous clubs da cidade xunto co TPS (equipo que forma parte da máxima categoría, a SM-liiga). O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, aínda que durante varios anos competiu na máxima categoría, descendendo en 1996 (catro anos antes de que se pechara a competición). Os maiores logros da súa historia foron o campionato da Mestis en 2008 e os dous terceiros postos colleitados na SM-sarja (a antiga máxima categoría) en 1968 e 1970. Xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido tamén como OS/G Areena, un pavillón con capacidade para 2 985 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]En 2017 o equipo proclamouse campión da Suomen Cup. O TuTo comezou a copa finlandesa derrotando aos Haukat da Suomi-sarja (2-3), co que conseguiu o pase aos cuartos de final, onde se enfrontou ao LeKi de Lempäälä, ao que derrotou con facilidade (6-2). Para acadar o pase á final, o equipo de Turku debía superar ao Espoo United. Logo da contundente vitoria por cinco goles a cero nas semifinais TuTo enfrontouse na final a SaPKo, que viña de terse proclamado campión da Mestis. A pesar do gol inicial do equipo de Savonlinna, os de Turku acabaron gañando a final (4-1), que se disputou no seu estadio, o Marli Areena.[1]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Kupittaan jäähalli.
O TuTo xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido dende 2022 como Rajupaja Areena por motivos de patrocinio,[2] un pavillón con capacidade para 2 985 persoas situado no distrito de Kupittaa da cidade de Turku.[3] O equipo comparte o pavillón co equipo feminino do TPS, entre outros.[4]
O pavillón foi inaugurado no outono de 2006. O primeiro partido do TuTo no pavillón tivo lugar o 16 de novembro dese mesmo ano fronte ao HeKi.[4]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Capitáns do equipo
[editar | editar a fonte]Nome | Período |
---|---|
Vesa Lahtonen | 2000-2001 |
Tero Forsell | 2001-2003 |
Tuomas Jalava | 2003-2004 |
Vikki Tammelin | 2004-2006 |
Tapio Laakso | 2006-2007 |
Pasi Järvinen | 2007-2008 |
Matti-Pekka Pelkonen | 2008–2011 |
Antti Virtanen | 2011-2014 |
Anssi Virkki | 2014 |
Timo Pärssinen | 2014-2015 |
Aki Keinänen | 2015-2016 |
Anssi Virkki | 2016-2017 |
Hannu Kuru | 2017 |
Niclas Lucenius | 2017-2018 |
Jere Karlsson | 2018-2021 |
Kristian Tuohilampi | 2021-2022 |
Mikke Levo | 2022- |
Números retirados
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia o TuTo retirou sete números en honor a outros tantos xogadores que tiveron un papel salientable na historia do equipo.[3]
Nº | Xogador | Posición | Carreira no TuTo | Referencias |
---|---|---|---|---|
1 | Urpo Ylönen | G | 1962-1975 | [5] |
4 | Seppo Lindström | D | 1959-1970 1971-1975 1982-1983 |
[6] |
10 | Markku Vuorisalo | F | 1996-2003 2004-2006 2007-2009 2011-2012 |
[7] |
16 | Kari Johansson | F | 1963-1975 1979-1984 |
[8] |
17 | Atte Saunamäki | F | 1995-2003 2004-2007 |
[9] |
20 | Jouni Tuominen | C Adestrador |
1988-1997 | [10][11] |
39 | Tero Forsell | F | 1996-2003 2004-2009 |
[12] |
Lendas do equipo
[editar | editar a fonte]O TuTo ten nomeado ata 2022 a 76 persoas que desenvolveron un importante papel no club. Estas personalidades son denominadas Legendat (en galego Lendas).[13]
- Urpo Ylönen
- Seppo Lindström
- Kari Johansson
- Seppo Wikström
- Pentti Vihanto
- Risto Vainio
- Seppo Parida
- Henry Leppä
- Hannu Luojola
- Voitto Soini
- Matias Helenius
- Kari Torkkel
- Reijo Paksal
- Risto Forss
- Reijo Leppänen
- Hannu Niittoaho
- Jarmo Rantanen
- Hannu Aravirta
- Timo Sohkanen
- Raimo Määttänen
- Esa Tutti
- Keijo Tutti
- Jim Bedard
- Matti Lindstedt
- Seppo Suoraniemi
- Keijo Wikman
- Kari Numminen
- Raimo Ruusunen
- Jouni Kantola
- Kai Ortio
- Markku Hakulinen
- Lasse Lindberg
- Juha Virtanen
- Jari Hirsimäki
- Jukka Mäkitalo
- Petri Niukkanen
- Pekka Virta
- Sami Leinonen
- Jouni Tuominen
- Markku Kallio
- Tero Toivola
- Risto Siltanen
- Jouko Myrrä
- Ilkka Kares
- Juhani Tamminen
- Teppo Numminen
- Jukka Seppo
- Jonni Kiiski
- Mertsi Raitanen
- Jani Tuominen
- Atte Saunamäki
- Anatoli Bogdanov
- Aki Uusikartano
- Timo Pärssinen
- Antti Virtanen
- Tommi Salonen
- Tero Forsell
- Markku Vuorisalo
- Markus Laine
- Kai Syväsalmi
- Jari Kesti
- Martti Salonen
- Arto Kaunonen
- Keijo Järvinen
- Esa Koskinen
- Timo Kokkonen
- Heikki Hurme
- Aki Keinänen
- Lasse Wikman
- Ted Donato
- Tuukka Pulliainen
- Ville Heinonen
- Jarkko Immonen
- Tapio Laakso
- Janne Ollila
- Ismo Lehkonen
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1968, 1970[14]
- A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo unha vez: 2008.
- 2 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2001, 2018.
- 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2005, 2006, 2013, 2014, 2019.
- Campión: 2017.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "KULTAISIA MUISTOJA JA KESKITTYMISTÄ TULEVAAN – SUOMEN CUP ALKAA PERJANTAINA!" (en finés). TuTo Hockey. 4 de setembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ "Kupittaan monitoimihallista Rajupaja Areena". aamuset.fi (en finés). 4 de agosto de 2022. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "TUTO Hockey" (en finés). Mestis.fi. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Rajupaja Areena" (en finés). rajupajaareena.fi. Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ "URPO YLÖNEN" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "SEPPO LINDSTRÖM" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "MARKKU VUORISALO" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "KARI JOHANSSON" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "ATTE SAUNAMÄKI" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "JOUNI TUOMINEN" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "Jouni Tuominen" (en finés). EliteProspects.com. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "TERO FORSELL" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ "LEGENDAT" (en finés). TuTo Hockey. Consultado o 27 de novembro de 2022.
- ↑ Jääkiekkokirja 2022 (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 174. ISSN 0784-3321.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sito web oficial (en finés)