Theodric de Bernicia
Nome orixinal | (ang) Theodric |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | I milenio |
Morte | 579 |
Rei de Bernicia | |
572 – 579 ← Æthelric de Bernicia – Frithuwald de Bernicia → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pais | Ida de Bernicia e Bearnoch of Bernicia |
Irmáns | Æthelric de Bernicia Adda de Bernicia |
Teodric foi rei de Bernicia desde 572 até 579.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Theodric foi un dos fillos de Ida de Bernicia, fundador do reino de Bernicia. Pouco se sabe da vida e reinado de Theodric, aínda que Urien, o rei de Rheged, mantivo a Theodric e os seus fillos baixo ataque por tres días seguidos na illa de Lindisfarne. Segundo relatos de poesía medieval de Gales (tal como o poema Gweith Argoed Llwyfain (A Batalla de Argoed Llwyfain ou Batalla da Rúa Leeming) do Libro de Taliesin), Theodric morreu en batalla a mans de Owain mab Urien, o fillo de Urien, despois de que Theodric demandou reféns e Owain rexeitou darllos.
As datas do reino de Theodric non son precisas, xa que as únicas fontes de información varían amplamente na orde e duración dos reinos entre a morte de Ida e o comezo do reino de Æthelfrith de Northumbria en 592/593.