The Whitest Boy Alive
The Whitest Boy Alive | |
---|---|
The Whitest Boy Alive en Londres (2009). | |
Orixe | Berlín, Alemaña |
Período | 2003-2014 |
Xénero(s) | Funk, indie pop, new wave, dance, rock and roll, música electrónica, house |
Selo(s) discográfico(s) | Bubbles Service |
Membros | Erlend Øye Marcin Öz Sebastian Maschat Daniel Nentwig |
Artistas relacionados | Kings of Convenience |
Na rede | |
http://www.whitestboyalive.com/ | |
The Whitest Boy Alive foi un grupo xermano-noruegués con base en Berlín. A banda estaba composta polo cantante/guitarrista Erlend Øye de Kings of Convenience, o baixista Marcin Öz, o batería Sebastian Maschat, e Daniel Nentwig no Rhodes e no Crumar (sintetizador).
Historia
[editar | editar a fonte]The Whitest Boy Alive empezou a súa andaina no ano 2003 en Berlín como un proxecto de música electrónica, e dende entón foi mudando lentamente e empregando menos elementos desta música electrónica. O nome da banda vén da idea dun rapaz europeo do norte, inxenuo e tímido,[1] do que a súa música trata. O selo discográfico alemán do grupo é Bubbles. O seu primeiro disco Dreams foi lanzado o 21 de xuño de 2006 en Alemaña. En xullo de 2007, asinaron con Modular Records o seu lanzamento no Reino Unido e fixeron a súa primeira actuación británica con New Young Pony Club no London Astoria en setembro de 2007. O álbum lanzouse no Reino Unido co sinxelo "Burning" en novembro de 2007.
O grupo sacou o seu segundo álbum Rules en marzo de 2009. Foi gravado nun estudio de nova construción en Punta Burros, Nayarit, México. O seu sinxelo "1517" foi empregado como banda sonora do videoxogo FIFA 10.
A banda empezou a xira The Whitest Boy Alive + The New Wine tour en abril de 2009, visitando Alemaña, Dinamarca, Reino Unido, Suíza, Francia, Países Baixos, Bélxica e Suecia. En 2011 a banda viaxou á China grazas a Split Works.
En xuño de 2014, a grupo anunciaba vía Facebook que "non compoñerían máis nin tocarían xuntos como The Whitest Boy Alive."[2]
Membros
[editar | editar a fonte]- Erlend Øye - guitarra e voz
- Marcin Öz - baixo
- Sebastian Maschat - batería
- Daniel Nentwig - Rhodes piano and Crumar synthesizer
Discogafría
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "Inflation" (2004)
- "Burning" (2006)
- "Burning" (2007) (versión británica)
- "1517" (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abberfield, Yvette. "The Whitest Boy Alive Review - The Tivoli Jan 19". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2012.
- ↑ "Facebook". Consultado o 24 de xaneiro de 2016.