The Scorpion King
O Rei Escorpión | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Scorpion King |
Director | Chuck Russell |
Produtor | Sean Daniel James Jacks Kevin Misher Stephen Sommers |
Guión | Stephen Sommers William Osborne David Hayter |
Intérpretes | Dwayne Johnson Steven Brand Kelly Hu Grant Heslov Bernard Hill Michael Clarke Duncan Peter Facinelli Sherri Howard Ralf Möller |
Música | John Debney |
Fotografía | John R. Leonetti |
Montaxe | Greg Parsons Michael Tronick |
Estudio | Alphaville Films WWF Films |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2002 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos Alemaña Bélxica |
Xénero | Aventuras, Acción |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $165 333 180 |
Filme anterior | The Mummy Returns |
Filme seguinte | The Scorpion King 2: Rise of a Warrior |
Na rede | |
http://www.the-scorpion-king.com | |
The Scorpion King é un filme de acción dirixido por Chuck Russell, que se estreou no 2002. É un spin-off da saga de The Mummy, e conta a historia de Mathayus, o Rei Escorpión, un personaxe que aparece en The Mummy Returns.
Os sucesos de The Scorpion King teñen lugar 5.000 anos antes de The Mummy Returns, e revela a orixe de Mathayus origins e o seu ascenso ó poder como Rei Escorpión. Ese título é unha referencia a un faraón real do Período protodinástico do Antigo Exipto, o Rei Escorpión.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia sitúase fai 5000 anos na cidade de Gomorra, na cal un malvado gobernador decide arrasar con tódalas tribos nómades do deserto. As poucas tribos que sobreviven, que por natureza nunca foran aliadas, deben unirse ou morrer. Sabendo que o seu inimigo confía nas predicións dun bruxo, contratan a un afamado asasino, Mathayus, para que liquide ó vidente. Tras infiltrarse no campamento inimigo, Mathayus descobre que o bruxo é unha fermosa muller. No canto de matala condúcea ós páramos do deserto profundo, sabendo que os homes do gobernador farán calquera cousa con tal de rescatala e levala de novo ó seu campamento. Gravemente ferido trala batalla, Mathayus debe atopar a forza para conducir ós seus aliados de volta a Gomorra para loitar na batalla final.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Dwayne Johnson como O Rei Escorpión/Mathayus
- Steven Brand como Memnon
- Kelly Hu como Cassandra
- Grant Heslov como Arpid
- Bernard Hill como Philos
- Michael Clarke Duncan como Balthazar
- Peter Facinelli como Príncipe Takmet
- Sherri Howard como Raíña Isis
- Ralf Möller como Thorak
- Branscombe Richmond como Jesup
- Roger Rees como Rei Pheron
- Conrad Roberts como Xefe
- Joseph Ruskin como Líder tribal
- Esteban Cueto como Terceiro Akkadio
- Nils Allen Stewart como Torturador
- Tyler Mane como Xefe dos bárbaros
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en inglés)