Saltar ao contido

Tenebriónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tenebriónido»)
Tenebrionidae

Alphitobius sp. (Tenebrioninae: Alphitobiini)
A barra de escala (arriba á dereita) é de 2 mm
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Tenebrionidae
Latreille, 1802

Os tenebriónidos (Tenebrionidae) son unha gran familia de escaravellos, cosmopolita, que comprende un número estimado de especies de 20 000. Os humanos espallaron certas especies por todo o mundo facendo que hoxe teñan unha distribución cosmopolita. Exemplos coñecidos son Tenebrio molitor ou Tribolium castaneum.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O nome Tenebrionidae procede do nome do xénero Tenebrio,[1] que á súa vez significa "buscador de lugares escuros"[2] ou figurativamente 'timador'.

Moitas especies de Tenebrionidae habitan en lugares escuros. As excepcións inclúen xéneros como Stenocara e Onymacris, que son activos polo día e inactivos de noite.

A familia comprende unha variada gama de formas, polo que a clasificación presena grandes dificultades. A seguinte lista de subfamilias foi amplamente aceptada en 2005.[3]

Cabeza de tenebriónido

Características

[editar | editar a fonte]

Os Tenebrionidae poden identificarse por unha combinación de características, como son :

  • Antenas de 11 segmentos que poden ser filiformes, moniliformes ou debilmente con forma de maza.
  • O primeiro esternito abdominal é enteiro e non está dividido polas coxas posteriores.
  • Ollos divididos por unha crista frontal.
  • Os tarsos teñen catro segmentos no par posterior de patas e cinco nos pares anterior e medio (fórmula 5-5-4), e as garras tarsais son simples.

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Os escaravellos tenebriónidos ocupan nichos ecolóxicos principalmente en desertos e bosques como comedores de restos de plantas. A maioría das especies son omnívoros xeneralistas, e aliméntanse de follas en descomposición, madeira podre, materia vexetal fresca, insectos mortos e fungos, sexa como larvas ou adultos.[4] Varios xéneros, como Bolitotherus, son funxívoros especializados, que se alimentan de fungos políporos. Moitas das especies máis grandes non poden voar e as que poden facelo, como Tenebrio molitor, só o fan cando é verdadeiramente necesario, como cando se dispersan ou están malntutridos.[5][6][7]

Larva do tenebriónido Eleodes sp.

As larvas son xeralmente escavadoras, están fortemente acoirazadas e son nocturnas. Posiblemente son unha fonte importante de recursos para certos invertebrados e pequenos mamíferos. Porén, os adultos de moitas especies teñen defensas químicas e están relativamente protexidos contra os predadores.[6] Os adultos da maioría das especies, excepto as que son pragas de cereais, teñen metabolismos lentos, e teñen vidas longas comparados con outros insectos, que van desde aproximadamente os seis meses a dous anos.

Algunhas especies viven en desertos moi secos como o de Namibia, e neles evolucionaron adaptacións para recoller pingas de auga da néboa que se depositan nos seus élitros. A medida que se acumula a auga, esta drénase fluíndo polo dorso do animal ata a súa boca, onde a tragan.[8]

Especies notables

[editar | editar a fonte]

Os estadios larvarios de varias especies críanse para a alimentación de animais insectívoros que están en catividade nos laboratorios:

  1. "Caroli Linnæi ... Animalium specierum in classes, ordines, genera, species, methodica dispositio ..". Internet Archive. 
  2. Jaeger, Edmund Carroll (1959). A source-book of biological names and terms. Springfield, Ill: Thomas. ISBN 0-398-06179-3. 
  3. Bouchard, Patrice. Lawrence, John F. Davies, Anthony E. Newton, Alfred F. Synoptic Classification of the World Tenebrionidae (Insecta: Coleoptera) with a Review of Family-Group Names. ANNALES ZOOLOGICI (Warszawa), 2005, 55(4): 499-530
  4. "Species Bolitotherus cornutus - Forked Fungus Beetle". 
  5. 6,0 6,1 "Family Tenebrionidae - Darkling Beetles". 
  6. "Bolitotherus cornutus". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  7. "Desert beetles inspire aircraft design that doesn't freeze". ZME Science (en inglés). 2016-01-25. Consultado o 2016-01-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]