Tamara Press
Nome orixinal | (ru) Тамара Натановна Пресс |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de maio de 1937 Khárkiv, Ucraína |
Morte | 26 de abril de 2021 (83 anos) Moscova, Rusia |
Altura | 180 cm |
Peso | 102 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta, animadora |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco |
Participou en | |
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 |
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 |
Familia | |
Irmáns | Irina Press |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пресс Тамара Натановна) |
Tamara Natanovna Press (en ruso: Тамара Натановна Пресс, en ucraíno: Тамара Натанівна Пресс, Tamara Natanivna Press), nada en Khárkiv o 10 de maio de 1937 e finada en Moscova o 26 de abril de 2021,[1] foi unha atleta soviética que dominou o lanzamento de peso e o lanzamento de disco a principios da década de 1960. Gañou tres medallas de ouro e unha de prata nos Xogos Olímpicos de 1960 e 1964 e tres títulos europeos en 1958–1962. Entre 1959 e 1965, estableceu once récords mundiais: cinco no lanzamento do peso e seis no disco. A nivel nacional, logrou 16 títulos nacionais, nove no lanzamento de peso (1958-66) e sete no disco (1960-66).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tamara Press naceu en Khárkiv, Ucraína, no seo dunha familia xudía. O seu pai morreu loitando na segunda guerra mundial en 1942, mentres a súa nai levou as fillas a Samarcanda, onde comezaron a adestrarse no atletismo.[3][4] A súa irmá máis nova, Irina Press (1939–2004) tamén foi unha destacada atleta, sobre todo en péntatlon e sprint.[5]
En 1955, Press mudouse a Leningrado para adestrar co renombrado adestrador Viktor Alekseyev e estudar na universidade, onde completou estudos de enxeñaría civil.[6] O ano seguinte, foi seleccionada para o equipo olímpico, pero foi eliminada debido a unha forte competición nacional nos eventos de lanzamento.[6][7]
Aínda que comezou nas probas de pista, especializouse en lanzamento de peso e disco.[6] Aos 23 anos participou nos Xogos Olímpicos de Roma, onde gañou a medalla de ouro[5] en peso establecendo un novo récord olímpico (17,32 metros), e a medalla de prata en lanzamento de disco.[5] Nos Xogos Olímpicos de Toquio conseguiu a medalla de ouro en ambas as disciplinas con senllos récords olímpicos (18,14 m en peso e 57,27 m en disco).[5]
As dúas irmás foron acusadas de seren varóns ou intersexuais.[3][8][9] Retiráronse en 1966, antes de que a verificación do sexo fose obrigatoria.[10]
Tras retirarse, Press traballou como adestradora e directiva de atletismo en Moscova.[5] Escribiu varios libros sobre temas deportivos, sociais e económicos e en 1974 defendeu o seu doutoramento en pedagoxía.[2] Foi galardoada coa Orde de Lenin (1960), coa Orde da Insignia de Honra (1964) e coa Orde da Amizade (1997).[6][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamara Press Dead
- ↑ 2,0 2,1 Пресс Тамара Натановна[Ligazón morta]. Olympic Encyclopedia (2006)
- ↑ 3,0 3,1 Irina Press. Telegraph.co.uk. 31 de maio de 2004
- ↑ Miller, Uri. Jews in Sport in the USSR. Yivo Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Tamara Press. sports-reference.com
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Пресс Тамара Натановна. excelion.ru
- ↑ "Jewish Girl, Winner of Olympic Gold Medal, Decorated in Moscow". 3 de outubro de 1960. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ "Switch hitter: If a man has a sex change can he compete in the Olympics as a woman?" Arquivado 29 de agosto de 2008 en Wayback Machine. thestraightdope.com. 22 de agosto de 2008
- ↑ Olympic Gender Drama-The Press Sisters. TransGriot. 9 de novembro de 2011
- ↑ Wallechinsky, David (2012). The Book of Olympic Lists. p. 20. ISBN 978-1-84513-773-1.
- ↑ Пресс Тамара Натановна. Great Soviet Encyclopedia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tamara Press |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Singler, Andreas; Treutlein, Gerhard (2009). Doping im Spitzensport: sportwissenschaftliche Analysen zur nationalen und internationalen Leistungsentwicklung (en alemán) (5.ª ed.). Meyer & Meyer Verlag. ISBN 978-3-89899-192-6.
- Giardina, Nichael D.; Donnelly, Michelle. Youth Culture and Sport: Identity, Power, and Politics (en inglés). Rouutledge. ISBN 978-0-415-95581-2. Consultado o 19 de marzo de 2017.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tamara Press bate su propio récord mundial de lanzamiento de peso en 1964
- Galería de fotos de Tamara Press
- "Olympic Gender Drama-The Press Sisters". TransGriot (en inglés). 9 de novembro de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2017.
- Imaxe Arquivado 07 de maio de 2021 en Wayback Machine.
- Nados na rexión de Kharkiv
- Nados en 1937
- Finados en 2021
- Atletas olímpicos da Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1964
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Orde de Lenin
- Descendentes de xudeus
- Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1964
- Lanzadores de peso