Saltar ao contido

Tajikistan Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tajik Air»)
Tajik Air
IATA
7J
OACI
TJK
Indicativo
TAJIKAIR
Fundación1923
Frota12
Destinos19
Páxina web: http://www.tajikairlines.com/

Tajik Air, coñecida como Tajikistan Airlines é a compañía aérea da República do Taxiquistán. Ten a súa base no Aeroporto de Duxanbé e é practicamente a única compañía aérea do país, realizando traxectos nacionais e internacionais.

A súa primeira ruta foi de Buxara a Duxanbé, feita por avións Junkers F.13. Tajik Air afrontou unha forte competencia de rivais no sector da aviación, o cal foi empeorando dende que dito sector da aviación de Taxiquistán foi desregularizado en setembro de 2006. A compañía aérea tan só transportou 320.000 pasaxeiros nos primeiros nove meses de 2006, unha notable caída con respecto ao ano 2005. Para tratar de vencer o seu declibe, a compañía aérea coa axuda do Banco Europeo para a Reconstrución e Desenvolvemento (BERD-EBRD), (en inglés European Bank for Reconstruction and Development), emprende un estudo técnico para os avións Airbus A320 e Boeing 737[1].

Foi fundada o 3 de setembro de 1924.

Tajik Air realiza as seguintas rutas (segundo datos de outubro de 2007):

Asia Central
Asia Oriental
Asia Occidental Meridional
Europa Oriental
Avión Tu-154 das Liñas Aéreas de Taxiquistán.

A frota da compañía Tajik Air está formada polos seguintes avións (dende o 5 de agosto de 2008) [2]:

  1. Compañías Aéreas do Mundo, (Airliner World), febreiro de 2007.
  2. "Tajik Air". CH Aviation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]