Stroad
Aparencia
Stroad (en inglés: street + road) é un tipo de estrada que é unha combinación dunha rúa e unha estrada, común nos países de América do Norte.[1] A parte da rúa é descrita como un "ambiente complexo onde a vida na cidade acontece", con peóns, coches, edificios próximos á calzada de doado acceso, con moitas entradas e saídas, e con espazos para estacionamento temporal e vehículos de carga e descarga. A parte da estrada é descrita como unha "conexión de alta velocidade entre dous lugares" con carrís anchos, entradas e saídas limitadas, e que xeralmente son rectas ou teñen curvas suaves.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ron. "Stretch of Northwest Eighth Avenue severs two vital neighborhoods" (en inglés). Consultado o 2022-03-15.
- ↑ "The Stroad To Hell Is Paved With Good Intentions" (en inglés). Consultado o 2022-03-15.