Saltar ao contido

Sonja Henie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSonja Henie

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1912 Editar o valor en Wikidata
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia linfoide crônica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHøvikodden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura165 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, patinadora artística sobre xeo, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalJack Dunn
Gene Theslof
Stewart Reburn
Arne Lie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivapatinação de duplas (pt) Traducir
ladies' singles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Adestrado porHoward Nicholson Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Oslo SK
Participou en
febreiro de 1936patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1936 - Individual feminino (pt) Traducir (1ª) (medalla de ouro olímpica)
febreiro de 1932patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1932 - Individual feminino (pt) Traducir (1ª) (medalla de ouro olímpica)
febreiro de 1928patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1928 - Individual feminino (pt) Traducir (1ª) (medalla de ouro olímpica)
xaneiro de 1924patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1924 - Individual feminino (pt) Traducir (8ª) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNiels Onstad (1956–1969), morte da persoa
Winthrop Gardiner (1949–1956)
Dan Topping (1940–1946) Editar o valor en Wikidata
ParellaJack Dunn Editar o valor en Wikidata
PaiWilhelm Henie Editar o valor en Wikidata
ParentesMarit Henie, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Great Women Athletes of the 20th Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0377012 Allocine: 138905 Rottentomatoes: celebrity/sonja_henie Allmovie: p31764 TV.com: people/sonja-henie IBDB: 23844
BNE: XX5578278 Discogs: 4712711 Olympic.org: sonja-henie WikiTree: Henie-2 Find a Grave: 6005 Editar o valor en Wikidata
Patinaxe artística sobre xeo feminino
Ouro 1928 Patinaxe artística
Ouro 1932 Patinaxe artística
Ouro 1936 Patinaxe artística

Sonja Henie, nada en Oslo o 8 de abril de 1912 e finada na mesma cidade o 12 de outubro de 1969 foi unha patinadora norueguesa, campioa olímpica de patinaxe sobre xeo en tres ocasións, dez veces campioa do mundo (1927-1936) e seis veces campioa de Europa (1931-1936). Desenvolveu tamén unha ampla traxectoria como actriz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sonja Henie naceu en Cristiania (actual Oslo), filla de Wilhem Henie, campión do mundo de ciclismo e próspero comerciante de peles. O seu pai contratou os mellores adestradores do mundo incluíndo a bailarina rusa Tamara Karsavina, para converter a súa filla nunha celebridade do deporte. Logrou a medalla de ouro en tres xogos olímpicos consecutivos. Nos Xogos Olímpicos de 1924 en Chamonix, Sonja ocupou a oitava praza pero con tan só once anos e sendo xa campioa do seu país. Na seguinte edición dos xogos olímpicos acudiu como campioa do mundo (logrado en 1927 con tan só 14 anos) e logrou a súa primeira medalla de ouro olímpica. Dende ese momento logrou outras dúas medallas de ouro olímpicas máis nos xogos seguintes.

Sonja foi a primeira patinadora en adoptar como vestimenta a saia característica das patinadoras e de realizar elaboradas coreografías. A súa técnica innovadora e o seu estilo elegante transformaron o deporte da patinaxe e convertérona nunha lenda deste deporte. Tamén foi unha boa xogadora de tenis.

Henie chegou a ser tan popular que a policía tiña que intervir nas súas aparicións públicas para controlar a gran masa de afeccionados. Trala súa terceira medalla de ouro olímpica nos Xogos de Garmisch-Partenkirchen, en 1936, Sonia pasou ao profesionalismo participando en diversos espectáculos onde logrou grande éxito, sobre todo nos Estados Unidos. En 1938 publicou a súa autobiografía, que foi reeditada e volta a publicar en 1954. En 1941 logrou a nacionalidade norteamericana. Retirouse das actuacións en 1958 co filme Hello, London.

Casou en tres ocasións, con Dan Topping, Winthrop Gardiner, e finalmente co rico mecenas de arte noruegués Niels Onstad en 1956. Xuntos fixaron a súa residencia en Oslo onde acumularon unha importante colección de arte moderna que serviu para a creación do Henie-Onstad Art Centre en Høvikodden, preto de Oslo.

A mediados dos anos 60 foi diagnosticada de leucemia, a cal lle provocou a morte en 1969 á idade de 57 anos durante un voo entre París e Oslo.

Controversia

[editar | editar a fonte]

As conexións de Henie con Adolf Hitler e outros altos funcionarios nazis foi obxecto de controversia antes, durante e despois da segunda guerra mundial. Durante a súa carreira como patinadora, presentouse frecuentemente en Alemaña e era unha das artistas favoritas do público alemán e persoalmente de Hitles.

A controversia xurdiu cando Henie recibiu a Hitler cun saúdo nazi durante unha exposición en Berlín antes dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936, polo que foi fortemente criticada pola prensa norueguesa. Henie non repetiu o saúdo nos xogos de Garmisch-Partenkirchen, mais tras a competición aceptou un convite para xantar con Hitler na súa casa das proximidades de Berchtesgaden, onde Hitler presentou a Henie cunha foto autografada. Despois de comezar a súa carreira no cinema, Henie mantivo estas conexións, por exemplo, organizando persoalmente con Joseph Goebbels o lanzamento do seu primeiro filme, One in a Million (1936), en Alemaña. Durante a ocupación de Noruega pola Alemaña nazi, as tropas alemás viron unha foto autografada de Hitler no piano da casa da familia Henie en Landøya, Asker.[1] Como resultado, ningunha das propiedades de Henie en Noruega foron confiscadas ou damnificadas polos alemáns.

Henie nacionalizouse estadounidense en 1941 e como moitas estrelas de Hollywood, apoiou o esforzo de guerra do paías mediante a United Service Organization e actividades similares; con todo, tivo coidado de evitar apoiar o movemento de resistencia norueguesa ou faces declaracións públicas contra os nazis. Iso fixo que fose criticada por noruegueses e estadounidenses, aínda que fixo un retorno triunfal a Noruega coa súa xira Holiday on Ice en 1953 e 1955.

Resultados

[editar | editar a fonte]

Individuais

[editar | editar a fonte]
Ano 1923 1924 1925 1926 1927 1928 1929 1930 1931 1932 1933 1934 1935 1936
Xogos Olímpicos de Inverno 8.ª 1.ª 1.ª 1.ª
Campionato do Mundo 5.ª 2.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª
Campionato de Europa 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª
Campionato de Noruega 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª 1.ª

(con Arne Lie)

Ano 1926 1927 1928
Campionato do Mundo 5.ª
Campionato de Noruega 1.ª 1.ª 1.ª

Distincións

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe
1927 Seven Days for Elizabeth Patinadora
1929 Se Norge Ela mesma
1936 One in a Million Greta "Gretchen" Muller
1937 Thin Ice Lili Heiser
Ali Baba Goes to Town Ela mesma (cameo)
1938 Happy Landing Trudy Ericksen
My Lucky Star Krista Nielsen
1939 Second Fiddle Trudi Hovland
Everything Happens at Night Louise
1941 Sun Valley Serenade Karen Benson
1942 Iceland Katina Jonsdottir
1943 Wintertime Nora
1945 It's a Pleasure Chris Linden
1948 The Countess of Monte Cristo Karen Kirsten
1958 Hello London Ela mesma
  1. "Sonja Henie". Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  2. "World Hall of Fame Members". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  3. "International Women's Sports Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2014. Consultado o 17 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]