Somorrostro
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Casco vello | Ciutat Vella de Barcelona | |||
Barrio administrativo | La Barceloneta | |||
O Somorrostro foi un barrio de barracas da cidade de Barcelona, situado entre os actuais distritos de Sant Martí e Ciutat Vella durante o século XX. As barracas atopábanse na praia, entre o hospital de infecciosos (actual Hospital del Mar, na periferia da Barceloneta) e a desaparecida fábrica de gas Lebon do Poblenou. O barrio estendeuse ata a riera do Bogatell. Desapareceu en 1964 logo do traslado dos seus habitantes a vivendas da Obra Sindical del Hogar.
No barrio houbo unha importante colonia de xitanos, no coñecido como Turó dels Gitanos (outeiro dos Xitanos), onde naceu a bailarina Carmen Amaya. As condicións de vida eran moi precarias e o barrio foi utilizado tamén como vertedoiro.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DE DÉU PRATS, Joan, 2009, "Llegendes històriques de Barcelona", Publicacions de l'Abadia de Montserrat. ISBN 978-84-9883-064-4