Saltar ao contido

Soiuz TM-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-2
TipoTripulada
Data de lanzamento5 de febreiro de 1987, 21:38 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión174,14 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso30 de xullo de 1987, 1:05 GMT[1][6]
NSSDC ID1987-013A
Masa7000,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-2 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de febreiro de 1987 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-2, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Romanenko e Aleksandr Laveikin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

Laveykin tivo que ser evacuado prematuramente na Soiuz TM-3 debido a problemas de saúde, deixando a Romanenko xunto con Aleksandrov (chegado na TM-3) nunha misión de longa duración. Durante a súa estancia a Mir recibiu o módulo Kvant, que tivo problemas para acoplarse á estación ata que os cosmonautas, durante un paseo espacial, eliminaron un obxecto que obstruía a zona de conexión entre a estación e o módulo. Máis tarde durante a misión tamén chegaron a Progress 29, a Progress 30 e a Soiuz TM-3.[2][3][4][5]

A Soiuz TM-2 regresou a terra o 30 de xullo de 1987 ás 1:05 GMT con Muhammed Faris, Laveykin e Alexander Viktorenko a bordo.[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 27 June 1987 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (87-16562). 7 de xullo de 1987: 3. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-2" (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]