Sobrada, Tomiño
Sobrada | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Sobrada. | |
Concello | Tomiño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°01′20″N 8°40′43″O / 42.02228526, -8.67859423 |
Poboación | 986 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Sobrada é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 986 habitantes (483 homes e 503 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é de finais do século XVIII, pero conserva sobre o lintel da porta do muro norte dúas mochetas con cabezas de bóvidos da primitiva portada románica. Nela celébrase o luns de Pascua o Lance da Cruz, no que participan párrocos e pescadores das dúas beiras do río Miño.
Festas
[editar | editar a fonte]Celébrase a festa do Cristo do Socorro a segunda fin de semana de agosto, e tamén se conta coa Festa do lanzó da Cruz, que se celebra o Domingo e Luns de Pascua.
División eclesiástica
[editar | editar a fonte]Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrada, Tomiño.
-
Mochetas románicas da igrexa de Sobrada.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sobrada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sobrada no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea | A Carrasqueira | O Cruceiro | As Eiras | Os Escampados | A Gándara | A Gandariña | A Lagoa | O Monte | O Outeiro | A Portela | Torrón |
Parroquias de Tomiño
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "TUI-ENTENZA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.