Saltar ao contido

Shin Chan: Na illa do tesouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shin Chan: Na illa do tesouro
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん ブリブリ王国の秘宝
DirectorMitsuru Hongo
GuiónKeiichi Hara
Mitsuru Hongo
MúsicaToshiyuki Arakawa
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea1994
Duración95 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin Chan: Operación rescate
Filme seguinteShin Chan: O pequeno samurai
Na rede
IMDB: tt0477602 Filmaffinity: 285181 Editar o valor en Wikidata

Shin Chan: Na illa do tesouro (クレヨンしんちゃん ブリブリ王国の秘宝 Crayon Shin-chan: Buriburi Ōkoku no Hihō?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 23 de abril do 1994.

En galego, saíu á venda en DVD O 4 de abril do 2005, sen ser proxectada nos cinemas.

Cacho sorte tivo a familia Nohara! Veñen de gañar un sorteo no que lles tocou unha viaxe ao Reino do Cu, un paraíso nunha illa tropical do que moi poucos escoitaron falar... Pero non todo é tan marabilloso como parece. O que o pequeno bulebule e os seus pais non saben é que foron vítimas dunha estratatexama argallada polo Exército Cobra Branca.

Estas vacacións imprevistas son só unha trampa para que o malvado conde Anaconda e os seus axentes acaden un tesouro dun valor incalcualble. A intención destes inimigos é usar a Shin Chan como chave que lles vai conducir aos seus obxectivos. E é que Shin Chan é dereitiño ao príncipe Sunnokeshi do Reino do Cú e nesta civilización perdida da xungla existe a crenza de que dous nenos iguais están predestinados a abrir a porta do palacio subterráneo que contén o poder total.

O que o Exército Cobra Branca descoñece é que Shin Chan non é unha peza doada de controlar e que non hai lendas nin trucos máxicos que poidan resisitir o seu carácter de fedello. Ademais, durante a aventura, Shin Chan, seus pais e os amigos que atopa polo camiño terán que sortear uha chea de perigos e situacións senlleiras co humor e o descaro do cativo Shinnosuke.

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2005.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Shin'nosuke Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Nene Montse Davila Tamao Hayashi
Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Príncipe Sunnokeshi Chelo Díaz Taeko Kawata
Lulú de Chacarel Montse Davila Sayuri
Conde Anaconda Alfonso Valiño Kosei Tomita
Habbu Luís Iglesia Koji Nakata
Nina Andrés Bellas Yusaku Yara
Sally Chema Gagino Kaneto Shiozawa
Rei do Reino do Cú Paco Barreiro Kohei Miyauchi
  • Voces adicionais:
Antón Rubal.
▪ Lucía Cid.
▪ Nora Abad.

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 約束See You! (Prométoche que nos habemos volver ver!) interpretada por Kyoko Kishi. Non obstante, na versión galega, optouse por substituír este tema polo segundo peche da serie, é dicir, polo tema interpretado por Teresa Santamaría, chamado Ven comigo a esta festa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]